O sábado 20 de xuño unha excursión de máis dun centenar de persoas viaxaron ata O Rosal repartidos en dous autobuses e preto da vintena de automóbiles. Organizado pola xunta directiva e a asociación de nais e pais do CEIP Barcelos de Pontevedra profesores, familiares e os propios alumnos visitaron en primeiro lugar o muíño de "As Laxes" (oficina de información turística) onde o guía municipal ofreceu as correspondentes explicacións sobre o funcionamento deste enxeño hidráulico. De seguido e despois de admirar en directo a demostración de moenda comezaron ascendendo pola vertente do Folón para realizar un interesante percorrido que os levaría pola historia, lendas e formidable paisaxe que conforman estes 67 muíños declarados Ben de Interese Cultural.
0 comentarios:
Publicar un comentario