FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 feb 2010

Diplomas da "Asociación Española contra el Cáncer"


Os días 24 e 25 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente de O Rosal o Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) e que contou coa colaboración da Obra Social Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. Este curso –que foi impartido por médicos, psicólogos, traballadores sociais e mesmo voluntarios- clausurouse o pasado xoves coa entrega dos correspondentes diplomas a cargo de Esmeralda Martínez Pedreira, presidenta da Xunta Comarcal do Baixo Miño. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste acto.

27 feb 2010

Prazas vacantes no curso de Inglés (iniciación)

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que quedan prazas vacantes no curso de Inglés nivel iniciación. O curso terá lugar os luns e mércores de 20.00 a 21.30 h. cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo, entregándose ao final o correspondente certificado. Para máis información podedes achegarvos ata o Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 60 94 50.

Cea de fin de tempada do Club Ciclista O Rosal

Segundo informa na súa web, o Club Ciclista O Rosal celebrará o sábado 6 de marzo a súa tradicional cea de fin de tempada nun coñe-
cido restaurante da vila como homenaxe á actuación dos seus ciclistas no pasado 2009, convidando a "socios, afeccionados e demais simpatizantes" a esta "festa do ciclismo rosaleiro". Para máis información e formalizar a inscrición podedes chamar ao teléfono 680 993 050.

13 e 14 de marzo, a Feira de San Gregorio 2010

Os días 13 e 14 de marzo terá lugar en Pías (San Miguel de Tabagón) a Feira de San Gregorio, avogado da cabeza e do estómago. Velaquí vos deixamos o programa deste ano 2010:
EXPOSICIÓNS Exposición sobre "O deporte no Concello do Rosal".
-Material fotográfico e documental
·Exposición encaixe de palillos e palillada
·Exposición e venda de antigüidades
·Exposición de pintura: óleos de Charo Trigo V Feira de Artesanía
ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO Sábado
Ás 20:15 horas, Misa rezada
Domingo
Ás 10:00 horas, Misa rezada
Ás 12:00 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de Gaitas A Boalleira.
ACTUACIÓNS Sábado día 13
·O Grupo de Gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do pobo.
·A partires das 17:00 horas, actuación para todos os públicos de "O xou do Paiaso Tururu" e o "Mago Yuri Cardinali".
·Se o tempo o permite haberá unha sorpresa para todos dende o aire.
·Apertura da Cantina coa degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e venda da tradicional ROSCA DE ROXÓNS (na súa XIII edición). Amenizará a Feira a Charanga "Os Da Orde".
Domingo día 14
·Polbo á feira todo o día a cargo dun polbeiro do Carballiño (Ourense).
·Pola mañá actuará de novo o grupo de gaitas A Boalleira.
·A partir das 18:00 horas, actuación do grupo da Guarda, A Lareira. ·Para rematar e como broche de ouro desta Feira, ás 19:30 horas, actuación do popular dúo humorístico do Rosal, "Os Campelos" (na fotografía, tamén en Pías, o ano pasado).

Solteiras vs Casadas. Partido de fútbol en Novás

Seguimos ofrecéndovos pouco a pouco as nosas reportaxes deste Entroido 2010. Velaquí vos deixamos desta vez preto de duascentas fotografías do partido entre solteiras e casadas que se celebrou o 14 de febreiro en Novás, na Praza de Ventosela, e que, como observaredes, estivo cheo de emoción, amizade e sobre todo, moito, moito humor.

26 feb 2010

APRÁZASE ao día 6 a Excursión a Manzaneda

Con motivo do temporal anunciado para mañá, 27 de febreiro, suspéndese a excursión prevista para este día, que estaba organizada pola Parroquia de Santa Mariña. APRÁZASE para o sábado 6 de marzo.

24 feb 2010

A AECC organiza un curso na Vila do Rosal

Onte e hoxe (24 e 25 de febreiro) celébrase no Centro Social Polivalente de O Rosal o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos” organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) e que conta coa colaboración da Obra Social Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. O mércores tivo lugar a presentación a cargo de Mª Josefa Crespo Amigo, presidenta da Xunta Provincial de Pontevedra e de Esmeralda Martínez Pedreira, presidenta da Xunta Comarcal do Baixo Miño. De seguido impartíronse os catro primeiros módulos do curso:
I. Conocimientos generales sobre el cáncer, por Marián Pereira, médica da “Unidad de Cuidados Paliativos de la aecc Pontevedra”.
II. Habilidades sociales y de comunicación, por Elisa alonso, psicóloga da aecc Pontevedra.
III. Sintomatología del enfermo oncológico en fase terminal, por César Labrador, médico da “Unidad de Cuidados Paliativos del Hospital Nicolás Peña”.
IV. Sintomatología Psicológica, por Begoña Amaro, psicóloga da aecc Pontevedra.
Hoxe, xoves 25, intervirá de 10 a 11:30 horas, Pablo Braña, traballador social da aecc Pontevedra, que impartirá o módulo V, Aspecto Social. Así mesmo Luis Carlos Areceres, voluntario da aecc Pontevedra encargarase de 12 a 13:30 horas do módulo VI, Dimensión social y espiritual de las personas enfermas de cáncer en situación terminal. Rematará este curso co módulo VII, Taller práctico voluntariado en cuidados paliativos, que será impartido de 16:30 a 18:30 horas por Luis Carlos Areces, Natalia Solla e Ana Suárez, voluntario, traballadora social e coordinadora de voluntariado da aecc Pontevedra, respectivamente.

23 feb 2010

Excursión comercial ás Termas de Monçao

Organizada pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal, o venres 12 de marzo celebrarase unha excursión comercial ás Termas de Monçao cun circuito de dúas horas e media aproximadas e con comida incluída. Poderán anotarse todas as persoas maiores de 35 anos que o desexen. O custe desta actividade é de 18 €, ata cubrir as prazas. Inscricións e información no teléfono 986 60 94 50.

As grazas da Cruz Vermella e a Agrupación Musical

Velaquí vos deixamos íntegra a mensaxe que foi remitida á nosa redacción: "Dende Cruz Vermella e a Agrupación Musical do Rosal queremos agradecer enormemente a colaboración de todos e todas co acto benéfico que tivo lugar o pasado domingo 21 no auditorio do Rosal. Gracias á colaboración de todos, membros da Agrupación, empresa patrocinadora, Concello do Rosal, voluntarios de Cruz Vermella, e por suposto gracias a todos aqueles que non dubidaron en achegarse o domingo e asistir ás actuacións. Gracias a todos e todas logramos recaudar entre donativos e entradas 1.158,62 € que xa están depositados na conta de Cruz Vermella habilitada para recaudar fondos para o traballo que esta organización está realizando na zona do desastre. Graciñas!"

22 feb 2010

Entrega de premios Concurso de Entroido 2010

Velaquí vos deixamos a nosas fotografías e relación de premiados do tradicional Concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais organizado polo Concello no que este ano se repartiron preto dos 2000 euros en premios. Estes foron os vencedores nas diferentes categorías: Individual Infantil 1º: Los Vikingos 2º: El Pequeño Jinete 3º: A Colombiana de Café Individual Xuvenil-Adulto 1º: A Tela e a Araña 2º: As Dúas Caras da Baralla 3º: A Fanta e a Coca-Cola Grupo 1º: Bouquet de Rosas 2º: Los Duques y sus Bufones 3º: La Magia de las Hadas… Comparsa 1º: Revolución Show 2º: Volvoretas Máxicas 3º: As Fillas da Conexa Carroza 1º: Luces 2º: Os Piratas do Rosal 3º: Sachadeiras de Fornelos

19 feb 2010

Desfile-Concurso de Entroido do Rosal, 2010

O pasado domingo 14 de febreiro celebrouse o Desfile de Entroido do Rosal polas rúas do Calvario, participando sete concursantes na categoría individual infantil: El Pequeño Jinete, A Colombiana de Café, La Primavera, Bucaneros, Hindú, Los Vikingos e Dioses Egipcios; nove na xuvenil-adulto: Burbujita Freixenet, A Tela e a Araña, Os Milagres de Cupido, Astérix e Obélix, A Fanta e a Coca-Cola, As dúas Caras da Baralla, As Hello Kitty cobran vida, Pastor, Trancas e Barrancas. Cinco grupos: Los Duques y sus Bufones, Bouquet de Rosas, Edad Media, La Magia de las Hadas de las Cuatro Estaciones y sus Duendes, Fondo de Biquini Debuxos Bob Esponxa; cinco comparsas: Cantajuego de la Tercera Edad A Guarda, Volvoretas Máxicas, As Fillas da Conexa, Superhéroes en Acción, Revolución Show; e sete carrozas: Sachadeiras de Fornelos, Os Terribles de Tebra (descalificados por non cumprir as bases), Os Piratas do Rosal, "Os do Barrio" Moros e Cristianos, El Polvorete, Recordando a Orquesta Palomita, Luces. En breve ofrecerémosvos a relación de premiados e as súas correspondentes fotografías. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do Desfile.

18 feb 2010

Actividades do Concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, está levando a cabo actualmente os seguintes cursos:
·Cociña, os martes, ata o día 9 de marzo.
·Repostería, os mércores, ata o día 3 de marzo.
·Automaquillaxe, os martes e xoves, ata o día 25 de febreiro.
·Arte floral de iniciación, os mércores, ata o 17 de marzo.
Todos estes cursos realízanse dende as 20.00 ata as 22.00 horas no Centro Social Polivalente, salón de pintura e cociña do Concello. Unha vez rematados estes cursos informamos, a tódolos posibles interesados, que a continuación destas datas realizaranse nos mesmos días e mesmos horarios os cursos anteriormente citados. Por outra banda temos previsto o inicio de Inglés Nivel Iniciación e Medio. De igual xeito, os martes e xoves de 10.00 a 12.00 horas a partir do 2 de marzo, comezarán os cursos de Iniciación a Internet para persoas maiores ou desempregados (gratuíto). Así pois, os interesados en calquera dos cursos que acabamos de mencionar, ou noutros tales como autopeiteado, patinaxe para adultos, PNB, francés iniciación, aromaterapia, relaxación, reflexoterapia, fitoterapia ou nutrición, poden anotarse no Servizo de Información Xuvenil do Concello do Rosal situado no Centro Social Polivalente, chamar ao 986 609450 ou facernos chegar tódolos seus datos (nome, apelidos, enderezo completo, DNI, teléfono e nome do curso) a:

Dúas prazas vacantes no curso de Inglés Medio

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que ten dúas prazas vacantes no curso de Inglés Nivel Medio. Este curso terá lugar os martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran as dúas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo. Unha vez rematado entregarase o correspondente certificado. Máis información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal e no teléfono 986 609450.

17 feb 2010

Entroido dos nenos/as do CRA María Zambrano

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do desfile de Entroido e as actuacións dos nenos e nenas do CRA María Zambrano que tiveron lugar o venres 12 de febreiro na Praza do Calvario.

11 feb 2010

Doce escolas provinciais de fútbol reciben material deportivo no Auditorio Municipal

O xoves 11 de febreiro tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a entrega de material (camisetas, pantalóns cortos e balóns) a doce escolas deportivas provinciais de fútbol: Porriño e Atios, Gondomar, O Rosal, Tui, Oia, ás tomiñesas Tebra, Sobrada, Goián e ás guardesas La Guía, San Caetano e Alameda. A este acto, que presentou o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, asistiron o deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, diferentes cargos deportivos con Belarmino Alonso Costas “Milucho” ao seu fronte, así como representantes das distintas escolas de fútbol.
Segundo afirmou José Enrique Sotelo beneficiaranse da entrega deste material uns 490 nenos e nenas que están inscritos nestas escolas, dos que -por exemplo- 45 o fan no Rosal, 90 en Tui, 80 en Tomiño ou 165 na vila da Guarda. Fixo fincapé o deputado de Deportes na importancia “de que se facilite a práctica do deporte entre os máis pequenos” e que se debe loitar “para que esta iniciativa da creación das escolas, hai tres anos, teña vocación de continuidade”. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.

9 feb 2010

Festas de Entroido 2010 no concello do Rosal

Este Ano Santo 2010 comezan as festas de Entroido no Rosal xa o sábado 13 de febreiro coa inauguración ás 0:30 horas da “Karpa Fornelos 2010”. Ao día seguinte, domingo 14, ás 11:30 horas celebrarase no Calvario o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais organizado polo Concello no que este ano se repartirán preto dos 2000 euros en premios. O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da Feira). Este mesmo día en Novás terá lugar ás 17:00 horas o anual “partido de solteiras contra casadas”. Xa a partir das 8 da tarde, e en Fornelos, gran verbena amenizada polos grupos Ciudadevigo e Acirema. O luns 15, ás 16:00 horas, simultaneamente, tanto en Novás como en Fornelos, celebrarase a tradicional “Corri-
da do galo”. Ás 21:00 horas, neste último barrio, comezará a verbena a cargo de Marazul e Nievla. Para finalizar as festas de Entroido no Rosal, o martes 16 de febreiro a partir das 16:00 horas na Praza de Fornelos levaranse a cabo as populares “Frixidelas”. Outro tanto do mesmo farase en Novás ás 17:30 horas con música do trío Saudade. Poñerán o broche de ouro os grupos Ciudacristal e Imagen, que dende as 21:00 horas actuarán na gran verbena de Fornelos.

8 feb 2010

Celebráronse un ano máis as festas na honra da Virxe da Saúde e de San Brais en Tabagón

Velaquí vos deixamos esta interesante reportaxe fotográfica do noso colaborador Noé C. Brey con motivo das festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais que se celebraron a pasada fin de semana na parroquia de San Xoán de Tabagón. Lembramos que xa o venres 5 de febreiro, segundo a hora prevista, procedeuse á Subida do Artístico Arco, que como dixemos este ano levantouse (de novo coa forza da xente e sen necesidade da grúa) en "homenaxe ao Xacobeo 2010, ao Camiño Portugués da Costa e aos dous integrantes rosaleiros do equipo ciclista do Xacobeo Galicia (o corredor Serafín Martínez Acevedo e o masaxista Roberto Portela Vieira)". O atento obxectivo de Noé C. Brey tamén inmortalizou as distintas procesións que tiveron lugar o sábado e domingo, esta última coa presenza da Corporación Municipal do Rosal.

6 feb 2010

Serafín Martínez Acevedo, "O Tren do Rosal", comeza unha nova tempada na elite do ciclismo

O ciclista rosaleiro Serafín Martínez do Xacobeo Galicia disputará dende o 7 ao 11 de febreiro a Challenge de Mallorca, a súa primeira proba do ano. Dende Noticias O Rosal desexámoslle moita sorte para esta nova tempada que comeza e que siga nesa liña ascendente que xa demostrou en 2009, gañando as metas voantes da Clásica de Almería, conseguindo o triunfo na clasificación xeral do Premio da Montaña na Vuelta a Burgos e a súa recordada actuación na Vuelta a España, onde estivo varios días como líder da clasificación xeral da Combinada e se levou o título final dos "Sprints Solidarios", o equivalente ao maillot da Combatividade. Na fotografía, nunha das súas subidas ao podium.

4 feb 2010

Sabine Pfister impartiu un xenial contacontos

O sábado 30 de xaneiro tivo lugar na Biblioteca Municipal un contacontos organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, dentro do seu programa de fomento da lectura. De novo a encargada de transmitir as diferentes historias para os máis pequenos foi Sabine Pfister, que -cun teatriño- e ataviada cun disfrace fixo as delicias dos máis de vinte e cinco nenos e nenas que se achegaron ata o “Rincón do Conto”. A próxima cita será o sábado 27 de febreiro ás 12:00 horas nas mesmas dependencias do Concello e o contacontos estará a cargo de Beatriz, mestra do colexio do Couso. Velaquí vos deixamos esta pequena reportaxe cedida amablemente polo departamento de Cultura do Rosal.

Acto pola Paz da ANPA do Manuel Suárez Marquier

O venres 29 de xaneiro tivo lugar na Praza do Calvario do Rosal un ACTO POLA PAZ organizado pola directiva da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier. O acto foi presentado pola psicopedagoga e logopeda Ana María Montes Santomé, secretaria desa asociación de nais e pais de alumnos/as, quen deu a benvida e convidou á xente a achegarse ata o micrófono para ler uns pequenos textos a favor da Paz. Mentres, pequenos e maiores, ían colocando e acendendo velas ao redor do debuxo dunha pomba xigante previamente debuxada na Praza. Finalizou esta emotiva velada cun minuto de silencio por todas as vítimas de conflitos armados e outro en homenaxe ás vítimas do terremoto de Haití. Dende a ANPA que preside Marisol Barceló Rodríguez agradecen a asistencia de todos os presentes a este acto. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.