Este Ano Santo 2010 comezan as festas de Entroido no Rosal xa o sábado 13 de febreiro coa inauguración ás 0:30 horas da “Karpa Fornelos 2010”. Ao día seguinte, domingo 14, ás 11:30 horas celebrarase no Calvario o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais organizado polo Concello no que este ano se repartirán preto dos 2000 euros en premios. da do galo”. Ás 21:00 horas, neste último barrio, comezará a verbena a cargo de Marazul e Nievla. Para finalizar as festas de Entroido no Rosal, o martes 16 de febreiro a partir das 16:00 horas na Praza de Fornelos levaranse a cabo as populares “Frixidelas”. Outro tanto do mesmo farase en Novás ás 17:30 horas con música do trío Saudade. Poñerán o broche de ouro os grupos Ciudacristal e Imagen, que dende as 21:00 horas actuarán na gran verbena de Fornelos.






0 comentarios:
Publicar un comentario