FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 mar 2011

Carta aberta do director de Noticias




O ROSAL, 27 de marzo de 2011


Moi boas a todos e todas:

Teño tantas cousas que contarvos que non sei realmente nin por onde comezar, pero bueno, intentarei facer un pequeno resumo.

En primeiro lugar quero deixar claro a certas persoas -e lembrar de novo a todos/as- o punto fundamental antes de seguir algún día de novo coa actividade de Noticias O Rosal.

1.- Noticias O Rosal é un blog CULTURAL sobre esta fermosa vila baixomiñota que se creou en maio de 2008. O seu fundador, coordinador e redactor principal foi e segue sendo Juan Ramón Martínez Barbosa, ou sexa, o que suscribe estas liñas.

Permitídeme por esta misiva que me dirixa a todos vós, hoxe, 27 de marzo de 2011. Como calquera pode comprobar -ante as suspicacias creadas a este respecto nos últimos tempos- levo a totalidade do peso desta web, aínda que ás veces por suposto, se acepten distintas colaboracións de lectores, empresas ou mesmo institucións á hora de remitir información (notas de prensa).

Precisamente aquí é onde quero comezar rapidamente a aclarar os seguintes puntos relativos á dirección de Noticias O Rosal, aos seus contidos e colaboracións futuras:

NOTICIAS O ROSAL

2.- Noticias O Rosal, despois de case tres anos na rede pode dicir orgullosa e abertamente que NON COBROU UN EURO de ningún particular, industria ou organismo público. Polo tanto, JUAN RAMÓN xamais recibiu ou recibe carto algún pola confección e mantemento desta páxina.

3.- Por iso agradece a todos os seus LECTORES e COLABORADORES o seu entusiasmo e fe para con esta páxina e así, ata a data, conseguir “ir tirando”. En verdade, certas felicitacións vosas valeron e valen máis que todo o ouro do mundo.

4.- Noticias O Rosal, non nos cansaremos de repetilo, afástase –aínda que ás veces nos sobreveñan dúbidas- de todo aquilo que xulguemos conteña claros tintes políticos. Preferimos seguir tendo por moitos anos unha web PURAMENTE CULTURAL, reflectindo as actividades que se realicen no Concello independentemente do partido que estea nese momento gobernando.

5.- Só desexa o RECOÑECEMENTO para os seus paisanos destacados, para os seus veciños máis carismáticos, para calquera rosaleiro/a que realmente “se mova”.

6.- Está contenta co novo e aínda sinxelo deseño da web, un favor da autoría do noso amigo, o mestre rosaleiro CARLOS TREINTA. Grazas a algunha das súas ideas conseguimos darlle unha aparencia distinta, máis atractiva, agrupando as noticias doutra maneira diferente á que propuña de serie “blogger”. Somos conscientes de que tanto Carlos como calquera deseñador que “controle” se lle deixáramos, podería facer auténticas marabillas profundizando en Noticias O Rosal, pero polo momento preferimos ir lentos pero seguros.

7.- E falando de lentos pero seguros… gústanos que cada entrada que publicamos quede de CONSTANCIA PARA A HISTORIA, así que NON NOS IMPORTA A VELOCIDADE ou prontitude en ofrecer a noticia e SÍ NOS IMPORTA A CALIDADE coa que sae finalmente á luz pública para mellor disfrute dos nosos actuais e futuros lectores.

8.- Por iso Noticias O Rosal coida ao máximo esa CALIDADE-VERACIDADE DA INFORMACIÓN. Procuramos a maior CALIDADE NA REDACCIÓN DOS TEXTOS e sobre todo dámoslle infinita importancia á CALIDADE na PUBLICACIÓN DE FOTOGRAFÍAS. Unha imaxe –din- vale máis que mil palabras…

9.- O porqué deste escrito (e agora xa volvo a escribir soamente como Juan Ramón):

Confeso que estes tres anos levo traballado na páxina ata máis non poder, sacrificando días, tardes, fins de semana, vacacións… pero iso si –e non o vou a negar- tamén gozando na confección de cada noticia, na realización de cada fotografía. É un orgullo que aquel blog que comezou sendo un pequeno diario persoal, sexa na actualidade visitada por miles de persoas. ¡Graciñas!

E precisamente por esta razón, porque se busca esa CALIDADE, existe como comprobades unha evidente DEMORA NA PUBLICACIÓN DAS REPORTAXES REALIZADAS.

Isto, unido á FALTA DE TEMPO actual debido ás miñas TAREFAS PROFESIONAIS e outras OCUPACIÓNS NO EIDO CULTURAL DO BAIXO MIÑO, obríganme a –si se quere seguir na Rede- REESTRUTURAR moitos aspectos de NOTICIAS O ROSAL.

10.- Por iso, e xa para rematar, pido DESCULPAS pola tardanza na publicación das distintas reportaxes realizadas, pero entendede que realmente non podo estar (moi ao meu pesar) en varios sitios á vez nin ocuparme de todo o que a min me gustaría. Así que pensándoo ben, TOMAREIME, TANTO EU COMO NOTICIAS O ROSAL UN DESCANSO, que nos sirva aos dous de REFLEXIÓN.

Dou LUZ VERDE, polo tanto, dende hoxe, 27 de marzo de 2011, á posibilidade de que a partir de agora toda PERSOA, EMPRESA OU ORGANISMO que crea en Noticias O Rosal como FONTE DE INFORMACIÓN E DE CULTURA, como MEDIO DE PROMOCIÓN E RECOÑECEMENTO, COLABORE no NOVO PROXECTO, APOIANDO éste e PARTICIPANDO nel da maneira que desexe ou poida. Estaremos encantados de amosarlle todas as ideas e iniciativas que temos preparadas e en mente para, como sempre dixemos, seguir axudando no que sexa e aportando o noso gran de area á CULTURA DO ROSAL E DO BAIXO MIÑO.

¡Graciñas por atenderme!

¡Saúdos a todos e todas… e… VIVA O ROSAL!

Juan Ramón Martínez Barbosa
Coordinador de Noticias O Rosal



P.D.: Quen realmente desexe COLABORAR con Noticias O Rosal PARA QUE NIN SE ESTANQUE NIN DESAPAREZA definitivamente e rexurda aínda con máis ilusión e forza, pode contactar comigo das seguintes formas...

-Dirección postal:

Juan Ramón Martínez Barbosa

Rúa Jesús Noya, nº 1

C.P.: 36770

O Rosal (Pontevedra)

-Blog persoal:


-Direccións de correo electrónico:

25 mar 2011

Aquamiño ofrece un especial paseo en barco



O venres 25 e o sábado 26 de marzo Aquamiño, co patrocinio e colaboración do Concello de Tui, realizará un paseo en barco dende o Club Náutico San Telmo (ao carón da Comandancia Naval) ata a Pesqueira do Louro.

Este acto está enmarcado dentro das actividades de conmemoración do 125 aniversario da Ponte Internacional de Tui.

O Muíño das Aceñas, será unha Aula da Natureza



Este vindeiro sábado 26 de marzo ás 18:30 horas procederase á presentación do Muíño das Aceñas como a primeira Aula da Natureza do Baixo Miño.

O Concello do Rosal abrirá -coa colaboración da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM)- esta Aula como centro de información da natureza nun enclave verdadeiramente idílico.


Espectáculo de baile moderno de Xamaraina



Este mes de marzo, do mesmo xeito que en anos anteriores, dedicamos o mes á muller.

Por iso se teñen impulsado dende o Concello do Rosal actividades e accións desenvolvidas por mulleres, tanto na área cultural como social.

Se ben o pasado domingo celebrouse unha nova edición do Festival de Poesía, resultando unha homenaxe continua á muller.

Precisamente con motivo desta efeméride, o domingo 27 de marzo, ás 7 da tarde, no Auditorio Municipal do Rosal, lerase un manifesto en pro da muller, celebrándose un espectáculo de baile moderno a cargo do grupo Xamaraina.

San Xerome e Encontros coa Democracia



O Centro San Xerome Emiliani en asociación con Avelaíña e o centro Portugués Cerci Povoa da cámara de Povoa de Santa Iria (a vinte minutos de Lisboa), comezaron o pasado mes de xaneiro un proxecto sobre as institucións democráticas. Dentro deste proxecto se enmarca a visita ao Parlamento de Galicia e o encontro na Dirección Xeral da Dependencia do pasado venres 18 de marzo.

Alí tivemos unha reunión coa directora xeral de dependencia Dna. Coro Piñeiro Vázquez, o secretario Xeral de Discapacidade, Modesto Rouco Vilar e coa traballadora da secretaría Dna. Concha Freire Castro.

Na xuntanza o grupo realizou unhas preguntas destinadas a coñecer o funcionamento do departamento que atende máis directamente as súas peticións. Pola tarde nos desprazamos ás instalacións do Parlamento galego para coñecer máis de preto como é a organización e o traballo que os representantes políticos fan na nosa Autonomía. Alí fomos guiados por Hixinio, que nos amosou non só as instalacións senón que de forma moi didáctica, amena e divertida nos ensinou como é o día a día do traballo no Parlamento Galego.

O proxecto busca coñecer as institucións que nos gobernan e máis en profundidade os departamentos que dentro de cada institución atenden ás necesidades das persoas con discapacidade. Nesta liña tivemos o primeiro encontro institucional o pasado venres 25 de febreiro co alcalde da Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas e con dúas concelleiras. A eles se lles fixeron as mesmas preguntas que na Dirección Xeral de Dependencia. A vindeira visita será o 28 de abril onde estamos citados no Ministerio de Servizos Sociais en concreto na Dirección Xeral de Discapacidade. Seguindo cos nosos encontros coas institucións democráticas o 6 de xuño estaremos en Bruselas coñecendo máis de preto o Parlamento Europeo e os seus departamentos.


Nunha segunda fase do proxecto volveremos a reunirnos coas mesmas persoas pero esta vez levaremos as nosas propias propostas, que consideramos necesarias para mellorar as relacións entre os cidadáns e cidadás con discapacidade e as institucións que nos gobernan.

Para máis información consultar o blog:

O Polivalente do Rosal acollerá o curso Celga 4


O Concello do Rosal comeza o curso preparatorio do CELGA 4 do 11 de abril ata o 15 de xuño. Terá lugar de luns a xoves dende as 19.30 h ata as 21.30 h no Centro Social Polivalente.

Se estás interesado en anotarte neste curso, preparar o CELGA por libre ou resolver dúbidas, equivalencias, etc, podes achegarte ata o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal ou chamar ao 986 60 94 50.

Curso de Risoterapia para rosaleiros/as



 
A Deputación de Pontevedra concedeulle un curso gratuíto de Risoterapia, cunha duración de 30 horas, á Asociación de Persoas Maiores do Rosal.

Como quedan prazas vacantes, se eres do Rosal e queres participar neste cursiño que se celebrará os luns de 16:00 a 18:00 horas no Centro Social Polivalente, podes chamar ao teléfono 986 60 94 50 e anotarte.

Nova actividade de "Moviéndonos por el Río"




Velaquí vos deixamos a nota de prensa íntegra e en castelán remitida á nosa Redacción relativa a unha nova actividade dos voluntarios de Cruz Roja e o proxecto Moviéndonos por el Río.

"Los voluntarios de Cruz Roja del proyecto Moviéndonos por el Río realizarán mediciones de la calidad de agua con un grupo de niños.
Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan dentro de la Estrategia de Restauración de Ríos del MARM.

La actividad está abierta a niños y niñas de 5 a 12 años.

El próximo sábado 16 de abril, si el tiempo nos lo permite, a partir de las 11:30 h y hasta las 14:00h, en la desembocadura del Miño los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río acompañarán a un grupo de niños 5 a 12 años para realizar controles de la calidad del agua. Para ello contamos con los equipos de muestreo entregados por ADECAGUA (asociación para la defensa de la calidad de las aguas). Las plazas son limitadas. Habrá autobús gratuito y al finalizar la actividad entregaremos a los niños un pequeño tentempié.

El objetivo de Cruz Roja con esta actividad, es el de crear redes de participación, las cuales a través de la figura del voluntariado ambiental actúen a favor de la protección del medio ambiente.

El muestreo consiste en realizar los siguientes estudios:

- Observar y describir el río. Identificar las presiones a las que está sometido. Analizar los parámetros fisicoquímicos (temperatura, oxigeno disuelto, pH, nitratos y dureza del agua). Calcular los indicadores biológicos de la calidad del agua (los macro invertebrados acuáticos y la vegetación de ribera)

Además, nuevamente gracias a la participación de nuestras/os voluntarias/os, pretendemos sensibilizar e informar para implicar a la ciudadanía en la conservación y recuperación del medio fluvial. Durante la actividad se explicará a los niños participantes la importancia de todos los elementos analizados durante esta jornada.

La falta de agua potable es un problema global. Por ello, además del trabajo que Cruz Roja Española desarrolla fuera de nuestras fronteras en materia de dotación de agua y promoción de higiene, la Institución lleva a cabo una importante labor de sensibilización en nuestro país en relación al comportamiento responsable sobre el consumo y el uso del agua a través de campañas como ‘Moviéndonos por el Agua’, que cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y la colaboración de la Conferencia Hidrográfica Miño- Sil.

Para desarrollar esta estrategia se ha organizado el nuevo equipo de voluntariado de Medio Ambiente que Cruz Roja en Baixo Miño ha creado durante el primer trimestre del 2011, para difundir los aspectos medio ambientales y de cuidado del entorno entre los colectivos que habitualmente atendemos.

Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño y sus afluentes

Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española (2007)".

Para más información o inscripción:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71
www.cruzroja.es

O Rosal celebrou o Día Mundial da Poesía

Reportaxe: Concello do Rosal

O domingo 20 de marzo, o Concello do Rosal celebrou o Día Mundial da Poesía no Auditorio Municipal.

 
Nesta 3ª edición, a concelleira de Cultura, Charo Tabales, abriu o acto facendo unha especial mención á UNESCO, por ser esta organización a que propuxo a celebración deste día, como un tributo á palabra poética.



Fixo unha pequena reflexión sobre ela, sinalando que “a poesía emana do máis profundo da cultura dos pobos. Coa celebración do Día Mundial da Poesía, a UNESCO quere recordar a importancia artística e o vigor da poesía, a fin de promover a lectura e a creación nunha das expresións artísticas máis auténticas e dinámicas da humanidade. A mensaxe dos poetas, a miúdo testemuña de excepción das profundas transformacións políticas e sociais da historia, é imperecedera. Os seus textos nos invitan a forxar unha paz duradeira nas conciencias, a replantexarnos a relación do home coa natureza e a fundar un humanismo que se nutra da singularidade e á vez da diversidade dos pobos.”



Despois desta breve presentación, as nenas do grupo de baile Xamaraina, da man da súa profesora Elena Baz, interpretaron o tema “Unha volta e un poema” de Berrogüetto.

 

A continuación, e previa presentación delas, Emilia Rosende, Estrella Velasco e Oliva Mª Pereira, membros da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño, leron tres poemas de creación propia.

 

De seguido, o grupo de baile Xamaraina, interpretou a canción de Carlos Núñez, “Nubes del otro lado”.

 

Unha segunda rolda de lectura de poemas, tamén de creación propia, foi realizada por Cástor Rodríguez, Lola Taboada e Mar Piñeiro.

 

Para finalizar o acto, un total de 22 nenas do grupo de baile Xamaraina, interpretaron o tema “Agüita de abril”, de María Villalón.
 



Os poetas e bailarinas recibiron da man de Charo Tabales e de Elena Baz unha rosa vermella en agradecemento a súa participación.
 
PEQUENAS RESEÑAS BIOGRÁFICAS DOS INTERVINTES

Emilia Rosende
Tudense de nacemento, desde moi pequena sente inquietude pola poesía, e a súa recompilación dá lugar aos libros: “Lembranzas de Tui” e “Tú también eres poesía”.
A partir de agora recitará no Baixo Miño e en Portugal, e nacerán outros poemarios “Viento y sombras” e “Sueños de Poeta”. A súa poesía é publicada en prensa e recitada na Radio e na Televisión de Galicia. En 1992 funda a Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño, da que é presidenta, desde a que organiza Festivais de Poesía e Certames para nenos.
Dous libros máis engrosan a súa colección de poemas: “Al caer la tarde” e “Si yo fuera poesía”. A súa última manifestación como escritora é o libro “Contos para nenos” onde se descubre así mesma como narradora de contos infantís.


Estrella Velasco

Nace en Castela e vén a Galicia onde os seus aires e a terra faina revivir como “ELFA”.

De ELFA uns din que sobe ás alturas, outros que baixa a o centro da terra onde non hai xustiza, espazos que inspiran os seus poemas. Dende 1990 recita poemas, en Centros Sociais e Culturais, Teatros, Feiras do Libro, ou na Radio, dentro e fóra do Baixo Miño.

Pertence a grupos poéticos como “Amigos da Poesía do Baixo Miño” ou “Brétema”.

Ten publicado en solitario o poemario “Alma de caminante”, é autora da letra do disco “Crepúsculo mental” de Mª José Baz e tamén comparte publicacións con outros poetas.

Oliva Mª Pereira

Nace no Rosal, criada na posguerra, sabe ben que o vivir nunha familia humilde e traballadora marcou a súa sensibilidade e o seu mundo interior. Dende moi pequena escribía o que sentía e aínda que Logopeda de profesión, dedica a maior parte do seu tempo a traballar polos marxinados, polas persoas maiores e moi especialmente polos nenos discapacitados. É membro da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño. Foi finalista de varios concursos literarios e ten publicados tres libros: “Espejo del alma”, “Senda para ti”, “O Carroucho enferruxado” e “Rosas en la arena”.


Cástor Rodríguez

Rosaleiro de adopción é Xuíz de Paz do Rosal dende fai 5 anos. Exerceu o Ensino durante trinta anos no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.

Xubilado da súa profesión, pero non da afección do canto e da poesía, as composicións de Cástor transmiten unha gran sensibilidade.

 
Lola Taboada

Nace en Vigo hai un feixe de anos, como la di. Intenta explicar a vida e de paso comprendela dende a escritura.

Foi primeiro premio de poesía en lingua galega nas Minervales de Santiago de Compostela no ano 1971 para estudantes de bacharelato. Tivo a honra de recibir de mans de Álvaro Cunqueiro o primeiro premio ao poemario en galego “Do Vivir”, nun certame poético celebrado en Vigo en 1978.

Mar Piñeiro

Naceu no Val de Tebra (Tomiño) nun tempo en que a aldea era un mundo pequeno inmenso. Alimentouse de xogos e sonos ata ben entrados os corenta. Dende nena a paixón pola lectura levouna a descubrir outra paixón: a da escritura; e aínda que estudou Filoloxía Hispánica, segue disfrutando de ámbalas dúas.


22 mar 2011

Concerto da Agrupación Musical do Rosal

O pasado sábado 19 de marzo tivo lugar no Auditorio o "Concerto Día do Pai", organizado pola Agrupación Musical do Rosal.


Comezou as actuacións a Coral, dirixida por Celso Diego Martínez, que interpretou os seguintes temas:

·Ruada de Chamosa. (Popular. Arr. Julio Domínguez)
·La bella Lola. (Habaneira Popular)
·Os cregos e os taberneiros. (M. Ángel Viro)
·Fisterra. (Popular. Arr. Marcos Valcárcel Gregorio).
·Foliada de Compostela. (Popular).


De seguido, actuou a Banda da Agrupación Musical do Rosal, que dirixe Diego J. Lorente López, co seguinte repertorio:

·El bou de la avenida. (Pasodobre. Juan Gonzalo Gómez Deval).
·Cabaleiros de Santiago. (Rapsodia Galega. José Luis Represas Carrera).
·Gerona. (Pasodobre. Santiago Lope)
·Zarzuelas. (Arr. Juan Lois Diéguez)
·Danzón nº 2. (Arturo Márquez. Arr. Diego J. Lorente López).


Camiño Portugués da Costa. Terceira etapa




Recentemente tivo lugar a terceira etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que levou a un centenar de persoas a percorrer os 3 km do tramo rosaleiro do Camiño Portugués pola Costa así como a visitar os barrios de Portecelo e Sanxián (xuradía de Marzán).

Os participantes desta andaina deportivo-cultural -entre os que se atopaban o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, e as concelleiras Mª Carmen Alonso e Mabel Franco Pérez, responsables respectivamente das áreas de Servizos Sociais e Educación- coñeceron curiosos datos históricos deste enclave.



O investigador e guía municipal, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado unha vez máis das oportunas explicacións da ruta, afirmando que a primeira mención a Sanxián se atopa xa en 1225 en documentación do Mosteiro de Santa María a Real de Oia, a propósito da doazón que Rodrigo Rodríguez realiza a favor do abade e dito mosteiro “de todo cuanto le pertenece en la iglesia de Santa Marina del Rosal y en la ermita de San Julián”.

Así mesmo púidose contemplar en Sanxián un dos cruceiros máis antigos, concretamente do ano 1573 ou o seu muíño, que segundo o guía, xa constaba na relación do coñecido Catastro del Marqués de la Ensenada do 1753.

A próxima cita (mensual e gratuíta) será o día 2 de abril coas visitas á igrexa parroquial de Santa Mariña, á capela de San Sebastián e Santa Ana así como á capela de San Vicente e os seus sepulcros antropomorfos visigóticos.

Para anotarse a esta ruta así como para máis información poden achegarse ao Concello do Rosal ou chamar ao seu departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00).

18 mar 2011

Erea Castro, a pregoeira da IV Festa do Xabarín



Comisión de Festas da Concepción ofrécenos as últimas novidades da IV FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN que se celebrará o domingo 20 de marzo en Salceda de Caselas.

Lembramos que esta Festa do Xabarín terá como pregoeira á cantante Erea Castro (representante do Baixo Miño, Condado e Paradanta no concurso Recantos, do Luar-TVG).

Velaquí vos deixamos o programa completo, xentileza da Comisión de Festas da Concepción:
 
*9:00 h. apertura das taquillas

*Chegada e saída da I Kedada de BTT - Xabarín 2011

*12:00 h. Lectura do pregón a cargo de EREA CASTRO participante do concurso "RECANTOS" do programa LUAR da TVG.

Durante a xornada teremos as seguintes actuacións:

*Actuación do grupo musical "Oro Negro"

*Actuación da charanga "Divertida"

*Actuación do grupo de baile Dinamikdancers

Está confirmada a asistencia das cámaras dos programas "VAIA TROULA" e "A REVISTA FIN DE SEMANA" da TVG.

Para poder facer fronte ás 1700 racións, prepararanse máis de 550 quilos de xabarín, 300 quilos de pataca e 150 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros a ración, acompañada tamén de pan e viño. Para os que non lle guste o xabarín teremos xamón asado ou callos.
 
Colaboran: Concello de Salceda de Caselas, Club Ciclista Aragonta, Abril publicidad, S.L.

16 mar 2011

Canto para a vendima do Rosal, por Berta Castro


Velaquí vos deixamos este texto e Canto para a vendima do Rosal da autoría da mestra rosaleira Berta Castro González.

"É O Rosal desde tempos inmemoriais terra de gran tradición vitivinícola. Cepas, esteos, parras, espalleres… forman parte da súa paisaxe.

Na actualidade son moitas as hectáreas que ocupan os viñedos, sendo grandes adegas convertidas en empresas as que elaboran e dan a coñecer nacional e internacionalmente o viño do Rosal…

Pero aínda non hai moitos anos toda familia rosaleira tiña nos lugares das súas casas -ou en pequenas parcelas- algunha plantación de viña coas típicas clases que dan aroma, cor e sabor ó viño branco do Rosal: treixadura, albariño, caíño e loureiro.

Tamén era moi normal atoparse cunha pequena adega familiar cos típicos utensilios necesarios para elaborar o viño: prensa, degranadora, barrís, encorchadora, etc. Toda familia tiña algunha pipa de viño branco ou tinto para tomar na comida, convidar ós visitantes e regalar.


As xentes rosaleiras adicaban gran parte do seu tempo a podar, atar, sulfatar, desnetar e por suposto ¡vendimar!... Unha parte importante da vendima era a merenda, esa festa que se facía arredor do traballo, pois estas labores do campo servían como xuntanza de familias, amigos e veciños para traballar e tamén comer, pero sen esquecer nunca a diversión.


Todo isto para moitos só forma parte dun recordo, pero por sorte, hai familias que seguen mantendo vivas estas tarefas e continúan disfrutando desta realidade".


Este canto foi composto para as miñas alumnas: as Pandereteiras Río do Folón de Fornelos, xa que con motivo do Entroido deste ano, presentaron no Rosal unha carroza homenaxeando á viticultura e vendima rosaleiras.



Canto para a vendima do Rosal


Este cantar da vendima
Este cantar vendimeiro,
Este cantar da vendima
É un cantar rosaleiro.


Vendima vendimadora
Na vendima do Rosal,
Vendimade e comer uvas
Que outra cousa non vos hai.


Bota viño taberneiro
Bota viño do Rosal,
Bota viño taberneiro
Que é do mellor que hai.


Treixadura, albariño
Caíño e tamén loureiro
Fan que O Rosal teña un viño
Famoso no mundo enteiro.


Vendima vendimadora
Vendima uvas pra cesta,
Que ó acabar a vendima
Faremos una gran festa.






BERTA CASTRO GONZÁLEZ

Entroido do CRA María Zambrano e do Marquier



Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica do desfile que se celebrou na Praza do Calvario o pasado venres 4 de marzo e que congregou tamén -aparte da Escola Infantil Municipal- aos alumnos do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier.

15 mar 2011

Concerto da A.M. para celebrar o Día do Pai



O vindeiro sábado 19 de marzo ás 20:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal un concerto con motivo da celebración do Día do Pai, no que participarán a Coral da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Celso Diego Martínez e a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta de Diego Javier Lorente López.

Gustavo Martínez de novo destaca en Monçâo



O piloto rosaleiro Gustavo Martínez Vázquez (Mus Competición) rematou en 5º lugar na súa categoría e no posto 20º da xeral de 68 inscritos na XXXIV edición do Rally á Lampreia que se disputou en Monçâo (Portugal).

A proba estivo organizada polo Sport Club do Porto e contou coa colaboración da Câmara Municipal de Monção e o Desportivo de Monção.

Como xa adiantábamos, Gustavo volveu a ser un dos condutores máis agardados polo espectáculo que sempre ofrece, tal e como se pode ver no seguinte vídeo:



Entroido dos nenos/as da Escola Infantil



O pasado venres 4 de marzo tivo lugar na Praza do Calvario o Entroido dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal "A Galiña Azul" que dirixe Alicia Alonso Treinta. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.

Curso de Primeiros Auxilios e Socorrismo

Realizando un simulacro de primeiros auxilios. (Foto: Molina)

Aínda quedan prazas para o "Curso de Primeros Auxilios y Socorrismo Terrestre" impartido en Cruz Roja Baixo Miño.

Transcribimos literalmente a nota de prensa remitida á nosa Redacción: "Continúa el plazo de inscripción abierto para aquellas personas que estén interesadas en el curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, con una duración de 40 horas teórico-prácticas, y se celebrará los días 2, 9, 16, 30 de abril y 7 de mayo, con el siguiente horario: de 10.00 a 14.00 y de 16:00 a 20:00 horas.

El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:

Autoprotección y Evaluación inicial del paciente, El cuerpo humano y Soporte Vital Básico, Actuaciones clásicas de socorrismo, Shocks, Hemorragias, Traumatismos, Evacuación de heridos, Intervención en accidentes con múltiples víctimas, Accidentes domésticos, Situaciones de urgencia y Prevención de accidentes.

El número de plazas es de 20, y la realización del curso queda sujeta a que se cubran un mínimo de 15 plazas.

El plazo de inscripción termina el miércoles 31 de marzo, o antes si las plazas ofertadas son cubiertas, se respetará el orden de inscripción.

Para inscribirse u obtener más información, no tienen más que dirigirse a:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño

c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial)

Tlf: 986 61 46 09/ 606 34 84 71

Saídas de fin de semana para a xuventude



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal celebraranse en breve uns roteiros para mozos de 18 a 25 anos.

Este programa está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e consiste nun programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.
 
Destinatarios: persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Inscricións: os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, a partir do día 1 de marzo, aos números 981 545937 / 545702 / 541689 / 545822 / 544869, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso.

Cota de inscrición: será de 80 euros. Os/as posuidores/as do Carné Xove pagarán 60 euros (25% de desconto).

Documentación necesaria a presentar:

• Xustificante do pagamento e fotocopia do Carné Xove, de ser o caso, que deberá ser remitido por fax á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O número de fax é 981 545843.

• Non se considerará confirmado ningún participante ao que lle falte algún dos documentos mencionados con anterioridade.

Máis información en www.xuventude.net  

Noticias O Rosal apoia á cantante Erea Castro



Chega novamente a quenda, o turno de Erea Castro no concurso Recantos que organiza o programa LUAR da TVG para descubrir ás novas promesas da canción galega. Esta cantante de Salvaterra representa á zona do Baixo Miño e do Condado-Paradanta.

Durante o programa -que comeza os venres ás 22:00 horas- estiveron abertas as liñas telefónicas para que os fans e espectadores poidesen votar por Erea Castro. Había que marcar o número que indicaba o presentador do programa, Xosé Ramón Gayoso, para votar e apoiar á nosa representante. Agora xa está no tramo final, cun esixente xurado no propio escenario do Luar...


EREA CASTRO

O seu nome completo é Erea Castro Alfonso e -como dixemos- na actualidade é a representante do Baixo Miño, Condado e Paradanta na sección "Recantos" do programa Luar, da TVG.

Aínda que a súa traxectoria non é precisamente ampla -dado que só ten 22 aniños- é unha alegre e simpática rapaza, natural de Salvaterra de Miño que estuda na Universidade de Santiago de Compostela o seu cuarto ano de Historia da Arte, especializándose en Historia da Música e en Patrimonio.

Segundo nos conta Erea, xa dende moi pequena dedicouse á música participando en numerosos coros, como solista nas actividades realizadas polo seu instituto. Ademais estudou ata o grao elemental de piano no Conservatorio de Ponteareas e aínda recibiu formación de canto lírico.

No pasado 2010 tamén asistiu a clases na Escola Estudio de Jazz de Santiago de Compostela, sendo a cantante dun pequeno grupo, traballando así mesmo na orquestra Alaska.

Ten participado en dous concursos, un en 2009, no concello de Ordes, gañando o segundo premio na categoría profesional e o outro o Karaoke Internacional de Salvaterra de Miño, acadando o terceiro premio.

Confésanos Erea que participará no programa "Recantos" con toda a ilusión do mundo e intentará deixar o pavillón do Baixo Miño, Condado e Paradanta o máis alto posible.

11 mar 2011

A Deputación entrega mochilas á U.D. Ribera




O xoves 3 de marzo tivo lugar no Estadio Municipal da Mata o acto de entrega aos xogadores cadetes e xuvenís da U.D. Ribera de fútbol de cómodas, pequenas e modernas mochilas -agasallo da Deputación- a cargo do alcalde e deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.



Estiveron tamén presentes –entre outros- o adestrador dos xuvenís, Juanma Berrecoso; o preparador dos cadetes, Manuel Sobrino; o secretario do club, Manuel Iglesias Dorado, a directiva Estela Pereira Álvarez ou o delegado dos xuvenís, Kiko Fernández Dorado.

O Rosal, na reunión de Vila do Conde (Oporto)



O pasado xoves 3 de marzo tivo lugar no Centro de Memória de Vila do Conde (Oporto-Portugal) unha reunión internacional dos representantes españois e lusos dos distintos concellos polos que discorre o Camiño Portugués da Costa.

Nesta importante cita estiveron os portavoces das cámaras lusas de Povoa de Varzim, Maia, Matosinhos, Esposende, Vila do Conde, Anadia, Viana do Castelo, Camiña ou Vila Nova de Cerveira.



Pola parte galega asistiron a esta xuntanza a concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes e a súa técnica, Rosalía Verde. En representación do concello do Rosal estivo Juan Ramón Martínez, membro do departamento de Cultura e Turismo. Así mesmo, Luis Martínez Portela e Antonio Fernández Pablos, da Asociación Amigos do Camiño, tamén participaron na presentación de propostas e a conseguinte toma de decisións.

Entre outros temas tratouse nesta xuntanza da situación na que se atopa este Camiño, da sinalética do seu trazado, dos perfís e das estatísticas sobre o número de peregrinos que estiveron de paso e tamén dos que pernoctaron en cada municipio.

Os asistentes á reunión de Vila do Conde acordaron realizar diferentes accións conxuntas este ano entre España e Portugal para manter vivo o Camiño Portugués da Costa, tales como a celebración de congresos, exposicións itinerantes ou aínda xornadas de convivencia nos dous territorios.

2 mar 2011

Diversión garantida no Entroido de Novás 2011



Velaquí vos deixamos o programa das -a bo seguro- animadas e festeiras actividades que se celebrarán en Novás esta fin de semana con motivo do Entroido.

DOMINGO 6

A partir das 17:00 horas, Partido de fútbol de SOLTEIRAS contra CASADAS.




A seguir, XOGOS POPULARES: carreira de sacos, a carretilla e moitas sorpresas máis, con entrega de premios para os participantes.


LUNS 7

A partir das 16:30 horas, a tradicional CORRIDA DO GALO. (Foto: Luisa Fernández)

MARTES 8

A partir das 18:00 horas, a tradicional FRIXIDELA.

1 mar 2011

A 3ª etapa, polo Camiño Portugués da Costa



O Concello do Rosal organiza este sábado 5 de marzo a terceira etapa do seu programa “Coñece o teu concello”. Trátase dunha novidosa e gratuíta iniciativa que durará todo o ano, celebrándose cada andaina o primeiro sábado de mes.

Nesta ocasión percorrerase o tramo rosaleiro do Camiño Portugués da Costa e visitaranse os barrios de Portecelo e Sanxián, admirando a súa paisaxe marítima, a súa capela (data do s. XIII, na imaxe), os seus muíños, lavadoiros, cruces, cruceiros, petróglifos, etc. En total, uns 7’5 km aproximadamente.

Dende o Concello do Rosal lémbrase que a saída será ás 15:30 horas dende as inmediacións do antigo Bar Horizonte (Portecelo) e recomendan así mesmo apuntarse para cada andaina no Departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00) deixando nome e teléfono por se hai calquera cambio no programa.