A Comisión de Festas da Concepción ofrécenos as últimas novidades da IV FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN que se celebrará o domingo 20 de marzo en Salceda de Caselas.
Lembramos que esta Festa do Xabarín terá como pregoeira á cantante Erea Castro (representante do Baixo Miño, Condado e Paradanta no concurso Recantos, do Luar-TVG).
Velaquí vos deixamos o programa completo, xentileza da Comisión de Festas da Concepción:
*9:00 h. apertura das taquillas
*Chegada e saída da I Kedada de BTT - Xabarín 2011
*12:00 h. Lectura do pregón a cargo de EREA CASTRO participante do concurso "RECANTOS" do programa LUAR da TVG.
Durante a xornada teremos as seguintes actuacións:
*Actuación do grupo musical "Oro Negro"
*Actuación da charanga "Divertida"
*Actuación do grupo de baile Dinamikdancers
Está confirmada a asistencia das cámaras dos programas "VAIA TROULA" e "A REVISTA FIN DE SEMANA" da TVG.
Para poder facer fronte ás 1700 racións, prepararanse máis de 550 quilos de xabarín, 300 quilos de pataca e 150 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros a ración, acompañada tamén de pan e viño. Para os que non lle guste o xabarín teremos xamón asado ou callos.
Colaboran: Concello de Salceda de Caselas, Club Ciclista Aragonta, Abril publicidad, S.L.
0 comentarios:
Publicar un comentario