Visitamos recementemente na Mata o curso AFD de "Montaxe de mobles e de elementos de carpintería" que na actualidade se está impartindo no concello do Rosal, financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
Baixo a dirección do mestre carpinteiro Rafael Dorado Rodríguez, trece alumnos desempregados (dez homes e tres mulleres) que estaban inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumplían os requisitos necesarios propios do curso, aprenden o oficio para ampliar coñecementos ou mesmo especializarse dentro desta profesión.
Segundo afirma o seu monitor, Dorado Rodríguez, "o obxectivo principal deste curso, con máis de 500 horas teórico-prácticas, é a formación dos alumnos/as para a inserción laboral".
0 comentarios:
Publicar un comentario