O rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa (director desta web cultural) foi o encargado de presentar a I edición de Galician Awards Cache que se celebrou este domingo 9 de setembro no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo). Moitos dos cachés están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.
De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.
Xa de tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.
O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.
O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.
A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.
(*Segundo se pode ler na páxina oficial de Geocaching.com "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (caché, caja, contenedor) oculto en esa ubicación").
0 comentarios:
Publicar un comentario