TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 sept 2012

O ROSALEIRO JOSÉ LUIS PÉREZ ENRÍQUEZ REPRESENTARÁ Á ZONA DO MIÑO NO PROGRAMA RECANTOS (LUAR-TVG)




O rosaleiro José Luis Pérez Enríquez, de 18 anos de idade, representará á zona do "Miño": Baixo Miño, Paradanta e Condado, no concurso Recantos do coñecido programa LUAR da Televisión de Galicia (TVG), que se emite todos os venres a partir das 21:30 horas.

Hoxe, venres 14 de setembro, José Luis debutará cos novos "recanteiros" no estreno da vixésima temporada de LUAR.

Lembramos que deste programa saíron moitas estrelas a nivel galego e aínda nacional como Erea Castro ou mesmo Lucía Pérez, que representou a España en Eurovisión.


¡¡José Luis necesita todo o noso apoio!! ¡¡Dende Noticias O Rosal xa o ten!!

¡¡Noraboa e moita sorte!!

0 comentarios:

Publicar un comentario