TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 sept. 2012

OFERTA DE EMPREGO DE ÉRGUETE: FORMADOR/A PARA IMPARTIR CURSO DE CAMAREIRO/A DE BARRA E SALA

Informa: Asociación Érguete Baixo Miño


A Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda (Pontevedra) necesita un monitor/a para impartir un Curso de Camareiro/a de Barra e Sala.

Descrición: Ciclo Formati-
vo de Grao Medio de “Servizos en Restauración” ou equivalente, e acreditar 3 anos de experiencia no sector da hostalería ou como formador/a.

Valórase formación en metodoloxía didáctica e coñecementos de protocolo.

Total liberdade para organizar as clases, seguindo os obxectivos programados.

Material propio ou disposición para preparalo. Dispoñibilidade inmediata.

As persoas interesadas en impartir este curso dirixido a desempregados/as da Comarca do Baixo Miño, teñen que deixar o seu Currículum Vitae no local da Asociación sita na R/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda –Pontevedra, por fax 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org.

O prazo está a aberto ata o día 20 de setembro. A duración da actividade formativa será de 240 horas repartidas durante os meses de outubro e novembro, de luns a venres en horario de mañá.

Para máis información, contacta coa Asociación Érguete Baixo Miño na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407, no email: info@erguete.org ou en facebook.com/erguetebm

0 comentarios:

Publicar un comentario