O sábado 29 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación da obra “A taberna sen dono” de Varela
Buxán, a cargo do grupo de teatro Agarimo.
Manuel Daniel Varela Buxán (1909-1986) é
un dramaturgo galego de obra prolífica.
Esta é unha peza
cómico-sentimental en tres lances. O acontecemento desenvólvese na época
actual, nunha típica taberna dunha aldea
de Galicia onde todos se aproveitan do corazón brando e da falta de carácter do
seu dono Manuel.
Esta peza estreouse na República
Arxentina pola compañía galega de Marujita Villanueva no ano 1941, co actor
Fernando Iglesia (Tacholas) interpretando a Don Manuel.
E L E N C O
Manuel………………………….LUZ SANTOS
Parrascana………………………MERCEDES PAZ
Silvestra…………………………BERTA VEIGA
Aurora…………………………..TOÑI CASEIRO
Don Pomar……………………...JOSE CARLOS RIVERA
Goleta…………………………...CHARI DOMINGUEZ
Espiritista……………………….PURI CARREGAL
Gaiteiro…………………………LUIS ÁLVAREZ
Coego…………………………...BERTA VEIGA/ PURI CARREGAL
Carceleiro……………………….AURORA PÉREZ
Vaqueiro 1………………………LUIS ÁLVAREZ
Vaqueiro 2………………………Mª CARMEN VALEIRA
Vaqueiro 3……………………….TERESA DORSÉ
DIRECCIÓN
ALEJANDRA ABREU
0 comentarios:
Publicar un comentario