FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 mar. 2010

Serafín Martínez Acevedo compite hoxe no País Vasco


Velaquí vos deixamos o enlace ao blog do noso ciclista profesional, Serafín Martínez Acevedo, compoñente do Xacobeo Galicia, que vén de disputar a Volta a Catalunya e hoxe, luns 5 de abril, se atopa en Vizcaia preparando a súa participación na "Vuelta al País Vasco".

Curso de Primeiros Auxilios de Cruz Roja

Segundo nos informa Neli Rodríguez, Cruz Roja Española Baixo Miño convoca un novo curso de interese sanitario, dirixido a persoas maiores de 16 anos. Este curso de Primeiros Auxilios, baremable para o Sergas, ten unha duración de 40 horas teórico-prácticas e se celebrará na Guarda os días 8, 15 e 29 de maio; 5 de xuño, sendo o horario de 10.00-14.00 e de 16:00 a 20:00 horas. O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenrolar perfectamente a súa actuación ante unha urxencia, así como facilitar a adquisición de coñecementos e un nivel adecuado de formación en canto aos contidos. Na súa estrutura o curso inclúe os seguintes módulos:
·Autoprotección e evaluación inicial do paciente
·O corpo humano e soporte vital básico
·Actuacións clásicas de socorrismo
·Shocks, hemorraxias, traumatismos, evacuación de feridos ·Intervención en accidentes con múltiples víctimas
·Accidentes domésticos
·Situacións de urxencia e prevencións de accidentes
O número de prazas é de 20 e a realización do curso queda suxeita a que se cubran un mínimo de 15. O prazo de inscrición remata o mércores 5 de maio (ou antes se as prazas ofertadas son cubertas), respectándose a orde de inscrición. Para inscribirse ou obter máis información, podedes dirixirvos a: Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo (ao lado da igrexa Parroquial) Tlf: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

28 mar. 2010

Comeza no Rosal a Semana Santa deste ano 2010


Estamos traballando para en breve ofrecervos novas noticias. De momento, velaquí vos deixamos unha das nosas reportaxes fotográficas que realizamos o pasado ano con motivo da Semana Santa.

25 mar. 2010

Escrito da Asociación de poetas do Baixo Miño

Transcribimos literalmente o escrito enviado onte, xoves 25 de marzo, á nosa redacción:
"La Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño agradece al Concello do Rosal (departamento de Cultura) dirigido y representado por Charo Tabales Perozo, la deferencia de contar un año más con nuestra asociación para participar en el Festival poético-musical celebrado el pasado domingo, día 21, en el auditorio de la Villa, con motivo de la celebración del Día Mundial de la Poesía.
Atentamente,
Oliva Mª Pereira González".

24 mar. 2010

A Agrupación Musical do Rosal celebra "Sons Galegos"


Segundo nos informan dende a Agrupación Musical do Rosal, esta levará a cabo nos primeiros días da primavera dous concertos baixo o nome de "Sons Galegos", nos que só se interpretarán obras de temática galega e nos que terá lugar a estrea de dúas composicións. O primeiro terá lugar o vindeiro 28 de marzo ás 18:30 h. no Auditorio Municipal do Rosal e o segundo o mércores 31 de marzo ás 20:30 h. no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova (Teatro García Barbón) en Vigo. As persoas interesadas en asistir a este último concerto poden reservar a entrada (gratuíta) na oficina da Agrupación, no Auditorio ou chamar aos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792. Para os interesados que desexen acudir en autobús dende O Rosal (opcional) teñen que anotarse tamén na oficina. O prezo da viaxe é de 7 euros.

22 mar. 2010

Festival de Música e Poesía 2010 no Auditorio

O domingo 21 de marzo -e organizado pola concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal un novo Festival con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía.
Neste acto, presentado pola propia edil, interviron as poetisas Emilia Pérez Rosende, Estrella Velasco "Elfa" e Oliva María Pereira González, da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño. Así mesmo recitaron poemas o xuíz de Paz do Rosal, Cástor Rodríguez González e María Jesús Videira, que leu unha poesía da autoría de Mª Luisa Juanas Pastor, sumándose no tramo final Lola Taboada, voluntaria entre o público, de Vigo, que tamén recitou un poema.Estas composicións poéticas tiveron como temática central a Muller, o Día Mundial da Auga (22 de marzo) e tamén os encantos e costumes da vila do Rosal. A música deste evento correu a cargo dos grupos Kla-son (dirixido por Begoña Domínguez Cerqueira) e Lirolai, da Agrupación Musical do Rosal. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica desta xornada cultural.

17 mar. 2010

Lembramos o Curso de Carpintería do Concello

Queremos lembrar dende Noticias O Rosal -e como recoñecemento aos seus múltiples traballos- que durante case seis meses, dende o 18 de maio ata o 26 de novembro do pasado ano 2009, quince alumnos recibiron no Rosal clases teóricas e prácticas de Carpintería. Este curso foi impartido polo mestre Rafael Dorado Rodríguez e estivo coordinado por Araceli del Pozo Galiñanes, AEDL do Concello, dentro do Plan de Accións Formativas para Desempregados, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. Estes foron algúns dos traballos realizados por este Curso de Carpintería: SAN VICENTE (MARZÁN) Dúas mesas de madeira pino vermello, de 60x60. Arranxo das barandas do recinto de festas. CENTRO DE FORMACIÓN Dúas mesas de 244x60 para aulas. CAMPO DE FÚTBOL DA MATA Na cantina, barra-mostrador de 550x110x55, feito en madeira maciza. Moble estante da mesma madeira. Diversos estantes, como por exemplo no trasteiro, ou de soporte para o televisor. AUDITORIO MUNICIPAL Moble-vitrina de madeira de haia para Museo da Banda de Música. Pedestal para o Director. Moble para proxector de cine. Doce bancos para coral de distintas alturas, de madeira de contrachapado e pino vermello. FEIRA DO VIÑO Arranxo de barrís. Preparación de mostradores. Montaxe e arranxo dos stands. ACTUACIÓNS DIVERSAS Cambiar as patas por unhas de contrachapado e laminado de formica a catorce mesas de patas de ferro. Arranxo de papeleiras. Arranxo do ventanal na oficina principal do colexio Manuel Suárez Marquier. Estanterías en madeira maciza para a Escola dos Maios de Tabagón, oficinas do Concello, do Centro Social Polivalente, Gardería, Centro de Saúde de San Miguel, etc. Mobles e estantes de melamina para a consulta do practicante. MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN Arranxo dos reducios do muíño nº 3 do Folón e do nº 6 do Picón. Dúas portas novas para os muíños 26 e 28 do Folón. Unha pasarela en Cova de Froia, ao lado do muíño nº 10. Unha mesa tipo artesa e restauración dunha estantería para o muíño-oficina de información de As Laxes, no Folón.
OBRADOIRO DE EMPREGO PONTE DO TAMUXE Lavadoiro de Portecelo e Sanxián. Mesas, bancos, barandas e caseto dos contedores. Seis xardineiras para xardín de Couso. ESCOLAS UNITARIAS -Pancenteo Facer e colocar dúas portas nas aulas e arranxo de pechaduras. -Couso Arranxo do piso e de pechaduras. -Tabagón Cambio de pechaduras nas vivendas.
Velaquí vos deixamos esta reportaxe fotográfica para Noticias O Rosal xentileza de R.D.R.

16 mar. 2010

Reportaxe da Feira de San Gregorio 2010

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica da Feira de San Gregorio que se celebrou en Pías (San Miguel de Tabagón) os días 13 e 14 de marzo deste ano 2010.

Prazas vacantes: Arte Floral e Automaquillaxe

Quedan DÚAS PRAZAS vacantes para o Curso de Iniciación en Arte Floral (16 horas) e UNHA PRAZA para Automaquillaxe (10 horas). Arte Floral terá lugar os mércores de 20.00 a 22.00 horas e Automaquillaxe os martes e xoves de 20.00 a 22.00 h. O prezo é de 40 euros Arte Floral e de 30 euros o de Automaquillaxe. Se te interesa podes chamar ao teléfono 986 609450 ou pasarte polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello, no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros).

15 mar. 2010

Celebrarase en Novás a Festa de San José

Este xoves 18 de marzo comezan en Novás as Festas na honra de San José coa apertura da cantina do mesmo nome, que estará aberta dende as 00:00 ata altas horas da madrugada. Xa ao día seguinte, venres 19, ás 12:30 da mañá terá lugar na ermida a misa solemne cantada polo coro Ecos do Folón. Ademais poderase degustar durante todo o día de San José un dos pratos típicos da gastronomía galega como é o "polbo á feira". Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica do ano pasado.

11 mar. 2010

O Rosal participou na IV Mostra da Camelia

Os días 6 e 7 de marzo celebrouse na Quinta das Mercedes da Gándara (A Guarda) a IV Mostra de Camelia do Baixo Miño. O sábado 6 tivo lugar a inauguración deste evento, organizado polo Centro San Xerome Emiliani, coa colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal, Tui e A Guarda, xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra. Ata a Quinta das Mercedes se achegaron representando á nosa vila as concelleiras Mabel Franco Pérez, Mª Carmen Alonso e Mª del Pilar Álvarez, así como o concelleiro Eladio Fernández Portela (na imaxe). Cun sinxelo acto no que interviñeron Ciano, Mayte e Manolo deuse por inaugurada esta IV Mostra onde se puxeron á venda camelias e plantas de temporada, froito do traballo desenrolado para a súa inserción laboral polos 19 traballadores con discapacidade do Centro San Xerome. Velaquí vos deixamos esta pequena reportaxe fotográfica xentileza dunha das nosas asiduas lectoras.

Mensaxe e petición de axuda na nosa redacción

Velaquí vos deixamos a mensaxe íntegra que recibimos dunha lectora de Noticias O Rosal residente en Arxentina, solicitando información sobre o seu avó, por se alguén pode axudala:
"Mi nombre es Emilce Díaz Alonso, vivo en Argentina, soy nieta de José Benito Alonso Fernández, nacido en O Rosal en 1895. Tengo planeado para el año entrante ir a visitar su tierra natal. Me gustaría contactarme con algún familiar que pudiera mostrarme cual fue su casa, su escuela, la playa donde iba a pescar. Sus hermanas se llamaban Amparo, Elvira, Josefa y Dolores. A fines de los años 70 vivían en Novás Rotea, Novás Medas y Novás El Rosal. Si alguien puede darme algún dato para contactar a alguno de sus hijos o nietos, estaría muy agradecida. Mis direcciones de e-mail son:
emilce.diaz@amarintech.com.ar Atentos saludos, Emilce Díaz Alonso. Buenos Aires, Argentina".

10 mar. 2010

O equipo Xacobeo Galicia está facendo o Camiño da Costa


O equipo Xacobeo Galicia, do ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, está realizando o Camiño de Santiago por terras portuguesas. O martes saíron dende Lisboa co fin de "simbolizar a apertura do itinerario peregrino que chega a Compostela dende Portugal, e por outro, realizar un adestramento colectivo e reforzar a cohesión como preparación para o importante bloque de carreiras de primavera que se lle presenta". Hoxe chegarán xa a territorio nacional onde farán o traxecto do recentemente recoñecido Camiño Portugués da Costa, pasando por suposto tamén polo Rosal. Os ciclistas do Xacobeo terán a compaña de amateurs galegos ata Santiago onde está previsto que cheguen sobre as catro da tarde. Segundo nos confesaba o corredor de Martín hai uns días preferiu quedar en Manzaneda (Ourense) adestrando en altitude para a súa próxima cita, a Volta a Catalunya. Así mesmo velaquí vos deixamos unha nova entrada de Serafín onde responde a unha lectora do seu blog. Na imaxe, nunha das primeiras subidas como profesional ao podium dunha Vuelta a España, a de 2007. (Foto: XG.)

Celebrouse o IV Torneo de Cachiza en Pías

Fotografías extraídas da web Pías San Gregorio
Velaquí vos deixamos a reportaxe do IV Torneo de Cachiza que se celebrou o sábado 6 de marzo na Alameda de Pías (San Miguel de Tabagón). Podedes ver estas e outras fotografías de anteriores edicións na web:

8 mar. 2010

Conmemorouse o Día Internacional da Muller

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e ao igual que o ano pasado, as traballadoras do Concello do Rosal foron obsequiadas simbolicamente cun pequeno agasallo en forma de flor, como representantes de todas as mulleres do municipio. Velaquí vos deixamos algunhas fotografías.

O Rosal celebrou o Día da Muller Traballadora


O domingo 7 de marzo tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal un acto socio-musical organizado polas concellarías de Cultura e de Muller, que se uniron nesta ocasión para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra cada 8 de marzo.
Comezou este evento coa lectura dun manifesto a cargo de María Jesús Videira, traballadora do Concello, quen lembrou que “un ano máis, en todo o mundo, únense voces e vontades para conmemorar este día, no que se bota a vista atrás para lembrar dificultades pasadas e logros acadados… pero tamén é un día de ilusión, de proxección, de deseño de novos retos e de exploración das oportunidades que esperan ás actuais e futuras xeracións de mulleres”.
Mª Jesús recoñeceu que aínda que houbo transformacións en canto a dereitos (educación, voto…) é no mercado de traballo onde as mulleres “non se atopan aínda en igualdade de condicións con respecto aos varóns, xa que son habitualmente elas sobre as que incide de maior maneira o desemprego ou a temporalidade”. Así mesmo que “son grandes as diferenzas nas retribucións salariais”, ou que “existe un desigual reparto das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares… sendo estes algúns dos retos pendentes e que deben ser o motor que nos impulse no avance”.
De seguido iniciouse o espectáculo do grupo Xamaraina, onde os alumnos e alumnas que dirixe Elena Baz realizaron unha exhibición de baile moderno que foi moi aplaudida polo público que practicamente enchía o aforo do Auditorio. Precisamente, Elena, que exerceu tamén como presentadora, mantivo un activo e simpático “diálogo” cos asistentes, facendo distintos comentarios das peripecias que tiveron e teñen que pasar os seus alumnos/as á hora de actuar, superando enfermidades, dores ou mesmo os tan temidos nervios. A directora de Xamaraina agradeceu a invitación do Concello do Rosal para participar neste entrañable acto, onde pequenos e maiores disfrutaron do espectáculo.Finalmente Charo Tabales Perozo e Mª Carmen Alonso, concelleiras de Cultura e Muller respectivamente, obsequiaron cun ramo de flores a Elena e cunhas rosas a todos os bailaríns, recoñecendo as súas fantásticas intervencións nesta xornada de lembranza do Día da Muller Traballadora. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.

4 mar. 2010

A Asociación de Persoas Maiores do Rosal, de festa

O vindeiro día 14 de marzo a Deputación Provincial de Pontevedra organiza unha Festa coa orquestra Panorama no Recinto ferial IFEVI de Vigo ás 18.00 horas. A Asociación de Persoas Maiores do Rosal dispón de 50 invitacións para dita festa e ninguén será admitido na mesma sen a presentación deste convite. Calquera persoa do Rosal que estea interesada en acudir deberá pagar 6 euros en concepto de gastos de ida e volta en autobús. A saída realizarase -cunha única parada dende a Praza do Calvario- ás 17.00 horas. Entregaranse as invitacións segundo se vaian anotando as persoas no Centro Social Polivalente do Rosal e ata esgotar as mesmas.

3 mar. 2010

Inauguración do "Bar-Tapería La Revancha"

O mércores 3 de marzo fomos convidados á inauguración dun novo establecemento no Rosal. Trátase do bar-tapería La Revancha, propiedade de Roberto Martínez de Antoñana Delgado, que abriu as súas portas nas inmediacións da Cruz de Ferro. Tal e como reza un dos seus carteis, os venres a partir das 22 horas haberá Campionato de Tute e se servirán tapas e bocadillos todos os días da semana. Entre os asistentes que se achegaron ata este local puidemos ver ao presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal, José Martínez González (Pepe Berdeal). Moita sorte nesta nova andaina.