29 dic 2008
Agradecemento da Concellaría de Turismo
29.12.08
Comentar
Dende o Concello do Rosal e máis concretamente dende o Departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano (na fotografía) queren dar as grazas a cantas persoas decidiron visitar a nosa Vila neste ano 2008 que está a punto de rematar. Polas Oficinas de San Miguel de Tabagón e os Muíños do Folón e Picón pasaron só nos meses de verán (entre xullo e setembro) un total de 5284 visitantes, sendo agosto (2355 v.) o mes con máis afluencia de turistas. Para este novo ano 2009 que está a piques de comezar, dende a Concellaría de Turismo e coa colaboración de todos os restaurantes do Rosal "ofértase a posibilidade de –por un módico prezo- realizar rutas guiadas á carta. Estas visitas culturais, histórico-etnográficas ou paisaxístico-naturais con servizo de guía municipal estarán ao dispor de quen opte por achegarse a O Rosal a pasar un día de lecer á vez que disfruta da nosa excelente gastronomía".
Testemuños arqueolóxicos e da arte rupestre, igrexas, capelas, cruceiros, cruces, petos de ánimas, muíños, serras, fontes, lavadoiros, ríos, praias, viñedos… todo se conxuga á perfección nestas fértiles terras. "Convidamos a visitar O Rosal a todos aqueles que aínda non o coñezan á vez que aproveitamos para desexarlles unhas felices festas e un mellor ano 2009". Para solicitar máis información turística poden chamar aos teléfonos do Concello: 986 62 50 00 ou 986 62 50 17.
Obradoiro sobre técnicas de busca de emprego
29.12.08
Comentar
Dende o Servizo de Promoción da Muller organízase un "Obradoiro sobre técnicas de busca de emprego" dirixido a mulleres desempregadas do Concello. É este un dos problemas que máis preocupa, polo que é importante coñecer estratexias e recursos para atopar traballo. Trataranse contidos básicos co fin de axudar á inserción laboral nun mundo en permanente cambio: onde buscar, currículum, entrevista, procesos de selección, análise das ofertas, etc. Para máis información contactar con Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller ou no teléfono 986 60 94 50.
Máis cobertura da rede "wifi" do Rosal
29.12.08
Comentar
O Concello do Rosal vén de rematar as obras de ampliación da súa rede Wireless “orosalwireless” cubrindo un 95% do seu territorio. Os novos emprazamentos dan cobertura ás zonas de Pías, Telleira, Cunchada, Fornelos ou Eiras. O ano que vén levaranse a cabo máis ampliacións e reforzos nas zonas onde o nivel de cobertura sexa deficiente ou nulo. Os únicos requisitos para poder empregar o servizo son: estar empadroado no concello e solicitar no departamento informático un usuario/contrasinal de acceso. Ademais débese mercar un equipo cliente (cpe)específico para poder conectarse á rede. Non todos os equipos clientes que se comercializan no mercado son compatibles, polo que o mellor ante a dúbida é dirixirse ao Departamento Informático do Concello.
Por outra banda, para ter unha cobertura óptima e boa velocidade de navegación e desfrutar así dun bo servizo, é recomendable a colocación dos equipos clientes de conexión no exterior da vivenda, sobre todo nas zonas rurais do Concello. A instalación sería moi similar, para facernos unha idea, á antena de TV ou Radio que temos nas nosas casas. Existen guías de como facer este tipo de instalación e axustala para ter mellor cobertura no foro oficial. Actualmente o número de altas supera as 1300, e seguimos crecendo cada día. A rede posúe unha serie de restriccións como o emprego de programas p2p, ou de descarga directa. Máis información en: http://wireless.orosal.es/foro
28 dic 2008
Michelle Jenner (Hombres de Paco) no Rosal
28.12.08
Comentar
A actriz Michelle Jenner coñecida nacionalmente polo seu papel de Sara Miranda, moza de "Lucas" na serie de Antena 3 "Los hombres de Paco" visitou de sorpresa na mañá do domingo 28 de decembro a nosa Vila. Aquí gravará varias esceas da súa nova película. Escenarios como As Aceñas, a praia de Eiras ou o miradoiro do Niño do Corvo serán enclaves privile-
xiados que sairán no seu novo film. Nas súas propias palabras "O Rosal es un pueblo maravilloso, estoy encantada de estar aquí". Noticiasorosal estivo con ela no Centro Social Polivalente (na fotografía) onde asinou multitude de autógrafos e afirmou que "los chicos de O Rosal son muy guapos y simpáticos". Agardamos que a súa estadía na nosa vila sexa do seu agrado.
25 dic 2008
Festival de Nadal o día 28 no Auditorio
25.12.08
Comentar
O domingo 28 de decembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal terá lugar o festival de Nadal que organizan en colaboración a Escola Comarcal de Teatro e o Concello do Rosal. O festival para toda a familia consta de dúas partes, a primeira corre a cargo da compañía de teatro Albións, que fai unha recreación moi divertida dos paiasos tipo Augusto e Bianco. Bianco é un paiaso "listo" e non pode levar nada a bo término xa que sempre aparece Augusto, o paiaso "parvo" que termina tomándolle o pelo e buscando o lado absurdo da realidade. Sucédense divertidas situacións inspiradas na tradición do circo e nestas personaxes. Na segunda parte do festival rifaranse agasallos entre os que hai unha bicicleta, patíns, contos, balóns, etc. Se promete que haberá sorpresas. Este festival vén a sumarse ao que a Escola Comarcal de Teatro organiza o día anterior en Tomiño:
22 dic 2008
Novo horario de Nadal da Biblioteca
22.12.08
Comentar
A Biblioteca Municipal do Rosal cambia de horario con motivo das festas do Nadal. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro abrirá as súas portas en horario de mañá, de 10 a 13 horas. Ata o 9 de xaneiro non se recuperará o horario habitual das tardes. Dende a Concellaría de Cultura lémbrase que na Biblioteca nestas datas -e ao igual que durante todo o ano- "pódese estudar ou navegar pola rede sen coste algún". Para máis información chamar aos teléfonos 986 62 54 07 e 986 62 50 00.
21 dic 2008
Presentouse o libro de Tamuxe e Juan Ramón
21.12.08
Comentar
O sábado 20 de decembro tal e como estaba programado presentouse no Centro Cultural de Baíña (Baiona) o novo libro dos rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa que leva por título Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Presentou o acto a licenciada en Filoloxía Galega, a baiñesa Bárbara Pereira Meneses. Interviron aparte dos autores, o doutor en Historia, o profesor Luis Domínguez Castro e Antonio Mijón Álvarez, presidente da Comunidade de Montes que editou o libro. No público asistente atopábanse entre outras personalidades os arqueólogos Pablo Novoa e Xosé Lois Vilar, o profesor Alberto Valverde, o pintor baionés Caíno, a concelleira de Turismo do Rosal, Ángeles Vicente Manzano, o seu homólogo de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, o médico Miniño Costas e diferentes membros pertencentes a colectivos sociais e culturais do Baixo Miño e o Val Miñor. Aquí vos deixamos a reportaxe da presentación do libro:
http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/PresentaciNTamuxeJuanRamN#
Entrega de premios no Centro Polivalente ás gañadoras do II Concurso de Beléns do Rosal
21.12.08
Comentar
O sábado 20 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios ás gañadoras do II Concurso de Beléns organizado pola Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que coordina Silvia Baquero Pereira. Como xa tiñamos anunciado o belén gañador na categoría infantil-xuvenil foi o presentado polas irmás Sara e Alba Rodríguez Videira, de Martín. Na categoría adulto o belén vencedor foi o de Lucía Diego Martínez, de Fornelos. Aquí vos deixamos as fotografías deste acto:
20 dic 2008
En tempos de crise, téntase á sorte
20.12.08
Comentar
A Administración de Lotería nº 1 do Rosal presentaba o sábado 20 de decembro -a dous días do sorteo de Nadal- un continuo goteo de xente que en ocasións, como mostra a imaxe, producía pequenas colas para "tentar" á sorte.
18 dic 2008
Dous rosaleiros presentan o seu novo libro
18.12.08
Comentar
Os rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, presentarán o sábado 20 de decembro ás 8 da tarde, no Centro Social e Cultural de Baíña (Baiona) a súa última publicación que leva por título Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Trátase dun libro de investigación sobre esta parroquia baionesa e o seu antigo e hoxe desaparecido cenobio. O estudo está editado pola Comunidade de Montes de Baíña e consta de 244 páxinas con ilustracións a toda cor. Leva o prólogo de D. Luis Domínguez Castro, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor no CUVI. Aquí vos deixamos unha pequena entrevista realizada por Antón Ferreira Lorenzo, redactor e coordinador de Galiciasuroeste: http://www.galiciasuroeste.info/rosal.htm
Gañadores do II Concurso de Beléns
18.12.08
Comentar
Ás doce horas do día 18 de decembro de 2008, no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal, reuníuse o Tribunal cualificador do II Concur-
so de Beléns que foi organizado pola Con-
cellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil. Despois das votacións pertinentes os gañadores deste concurso foron os seguintes. Na categoría infantil-xuvenil o belén gañador foi o presentado por Sara e Alba Rodríguez Videira, de Martín (O Rosal). Na categoría adulto o belén gañador foi o presentado por Lucía Diego Martínez, de Fornelos (O Rosal). Os gañadores recibirán os premios estipulados nas bases que consisten nun lote de libros para a categoría infantil-xuvenil e dun vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a categoría adulto.
17 dic 2008
Os Reis Magos visitaron O Rosal para recoller as cartas e ilusións dos máis pequenos
17.12.08
Comentar
Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar puxéronse o mércores 17 de decembro en contacto co Concello do Rosal e solicitaron un emisario para ir polas escolas da vila para axudarlles á recolleita das cartas dos nenos. Mentres este mensaxeiro real viaxaba por Fornelos, Novás, Marzán, Pías ou Tabagón, as Súas Maxestades visitaban o CPI Manuel Suárez Marquier. Recibidos con algarabía, os nenos ían metendo na urna real as súas misivas mentres o emisario e as SS.MM. os obsequiaban con lambetadas. Os Reis Magos -que mañá xoves seguirán coas súas visitas polas escolas rosaleiras- realizaron a última parada na Casa do Concello antes de retirarse aos seus aposentos para descansar na nosa vila despois de tantos e tantos quilómetros. Aquí vos deixamos a reportaxe desta xornada, previa á grande cita que terán que asumir os Reis cos nenos o 6 de xaneiro:
15 dic 2008
Noite máxica de humor no Auditorio do Rosal
15.12.08
Comentar
O domingo 14 de decembro ás 19 horas tivo lugar no Auditorio Municipal un espectáculo de humor digno de lembrar por moito tempo. En primeiro lugar a Asociación de Amigos de Camposancos e o Grupo de Teatro "Fincando o Lombo" presentaron a obra Vaia enamoramento e brindáronnos unha actuación vistosa, animada e con moitas situacións de divertidos "líos" con matrimonio, xefe gay, amante, mordomo e aínda unha secretaria "que o tiña todo ben apuntado" (ou sexa... todo o contrario). Sen dúbida unha obra teatral moi divertida.
De seguido actuaron os rosaleiros Roberto Fernández Rodríguez e Francisco Rodríguez Fernández "Os Campelos" que baixo o título Entre a ficción e a realidade ofreceron un show, un repertorio que podemos calificar de "memorable". Augurámoslles moitos éxitos a esta parella de cómicos que fixeron rir a non máis poder a un Auditorio que nas súas palabras "estaba cheo, había que meter a xente cunha pata de cabra, a presión". Aquí vos deixamos un pequeno vídeo dos moitos que gravamos e que co tempo daremos a coñecer:
11 dic 2008
Bailes na Liga de Amigos de O Rosal
11.12.08
Comentar
A Asociación Recreativa e Cultural Liga de Amigos de O Rosal, que este ano que remata cumpre o seu XC aniversario, celebra o vindeiro día 31 de decembro a partir das 12 horas da noite, no seu salón de actos, o Baile de Fin de Ano, amenizado polo Trío Stilo. Así mesmo nos comunican que o día 28 de febreiro terá lugar o Baile de Piñata en sesión infantil ás 16:30 horas e xa na sesión para os maiores a actuación da orquestra Oro Negro. Aquí vos deixamos novamente as fotografías da cea conmemorativa dos case 100 anos de vida da sociedade rosaleira:
Cruz Roja Baixo Miño homenaxea o luns día 15 aos seus socios máis antigos
11.12.08
Comentar
Segundo nos informa Neli Rodríguez, a Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño organiza o luns 15 de decembro unha homenaxe aos socios que pertencen a esta institución e que veñen colaborando desinteresadamente dende fai máis de 20 anos. En concreto cinco particulares e catro empresas: María Emilia Rodríguez Nan-
dín; César Castro Rodrí-
guez; Laura Castro Barcia; Victorino Caneiro Fernández; Jaime Álva-
rez Mauri. En canto a empresas recoñecerase a labor de Camposantos Hostelería; Club Ciclista Guardés; Automóviles de Tuy e Soper S.L. A todos eles se lles fará entrega dunha placa conmemorativa e dun diploma acreditativo da súa fidelidade e compromiso. A cita será no Centro Cultural da Guarda ás 19 horas e está confirmada a presenza do presidente provincial de Cruz Roja, Jorge Araújo Cortegoso, do presidente comarcal Paulino Baz Martínez (na fotografía) e do alcalde do concello guardés, José Manuel Domínguez Freitas. Esta homenaxe ten como principal obxectivo o facer visible e extensivo o agradecemento a todas aquelas persoas da Comarca do Baixo Miño que co seu esforzo e aportación contribúen a mellorar a calidade de vida de moitas outras que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. Ao final deste acto se realizará unha breve presentación das actividades desenroladas por Cruz Roja Baixo Miño durante o período 2007/2008.
10 dic 2008
Pórtico Cerveirense dedícanos tres reportaxes
10.12.08
Comentar
Xa está na rúa o número 15 correspondente ao mes de novembro de Pórtico Cerveirense. Revista de Informaçao e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho, Galiza. Dedícase nas súas páxinas tres reportaxes á nosa vila. Baixo o título Agrupaçâo Musical do Rosal marco cultural do Baixo Minho a revista afirma que O Rosal "é un concelho da orla ribeirinha do Baixo Minho, onde a cultura aliada á música, e, muito par-ticularmente á música filarmónica sâo uma realidade sempre en desenvolvimento" e falando da nosa Agrupación comenta que "sâo inúmeros os galardôes e prémios". A segunda reportaxe titulada Festas do "Pi-
lar" e relembrar dos "Cabaqueiros" animaram O Rosal, Pórtico Cerveirense asegura que "os exímios profissionais, que transformaram a Praça do Calvário numa autêntica e viva "Telheira", onde trabalhavam em dois bancos perante numeroso público á feitura de telhas e ladrilhos... podendo dizer-se, sem recelo, os melhores de toda a Espanha". A terceira e última reportaxe baixo o epígrafe Igreja de Santa Mariña do Rosal com trabalho de mestres portugueses establece unha serie de teorías e paralelismos do noso templo parroquial con varias igrexas lusas, sobre todo na feitura do retablo maior, sendo o do altar da matriz de Vila Nova de Cerveira en verdade, moi similar ao da nosa patroa.
7 dic 2008
A.C.O.R. celebrou o domingo o seu magosto
7.12.08
Comentar
A Asociación de Comerciantes do Rosal que preside José Martínez González (Pepiño Berdeal) ofreceu o domingo 7 de decembro -con motivo do día do "Comercio aberto"- un magosto gratuito nas inmedia-
cións do "Edificio redondo", un dos puntos neurálxicos da actividade comercial na Vila. Aquí vos deixamos a nosa pequena reportaxe desta xornada:
O escultor Julio Martínez expón en Vila Nova
7.12.08
Comentar
O sábado 6 de decembro ás 17:00 horas españolas inaugurouse oficialmente en Vila Nova de Cerveira (Portugal) simplyARTE. Espazo dedicado á Arte. Trátase dunha galería interna-
cional onde se poden ver obras de artistas consagrados de Portugal, España ou mesmo África do Sur. Acolle a exposición permanente dos portugueses Joâo Barroso (art deco), Joâo Marrocos (artes plásticas) e José Manuel Sanches (fotografía). O polifacé-tico artista rosaleiro Julio Martínez Martínez -pese á súa xuventude- foi un dos artistas nacionais convidados a esta mostra na que tamén puidemos disfrutar das obras dos pintores Manuel Cabaleiro, Zacarías González, Leopoldino Filipe Silva, Graziela Teixeira da Mota, Mário Rebelo de Sousa, Fernando Morales, Basilio Calzado, Francisco Viéitez, a africana Lisa Helen ou o veciño escul-
tor goianés Magín Picallo. O noso rosaleiro expuxo, entre outras pezas, a súa xa cada vez máis recoñecida escultura de Cleopatra, desper-
tando unha grande admiración entre o público asistente a esta inauguración no país veciño. Para coñecer un pouquiño máis a Julio botádelle unha ollada á xugosa entrevista que lle fixemos hai uns meses no seu taller de Caselas:
6 dic 2008
Presentouse o número 3 da revista Soberosum
6.12.08
Comentar
O xoves 4 de decembro tivo lugar a presentación do número 3 de Soberosum, Revista de Estudos do Museo Municipal de Ponteareas nas propias dependencias da biblioteca e museo desta vila. O acto foi presentado polo concelleiro de Cultura pontareán, Andrés Sampedro Fernández, quen deu paso ao coñecido escritor e investigador Clodio González Pérez. Este realizou un repaso dos diferentes volumes de Soberosum, facen-
do fincapé nos seus autores e as súas colaboracións ata o presente. Pechou o acto o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla quen recalcou a importan-
cia desta publicación para a Cultura e a Historia de toda a Comarca do Conda-
do, agradecendo a aportación desintere-
sada de cada un dos seus colaboradores. Precisamente, entre estes, se atopan convidados dous rosaleiros, Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa que escribiron na sección da revista de Arqueoloxía o artigo que leva por título Algúns gravados rupestres descubertos no concello das Neves. Parroquias de San Xoán de Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme. Achegaron tamén estudos histórico-etnográficos personalidades do mundo das letras galegas como o propio Clodio González Pérez, Ernesto Iglesias Almeida, Rafael Sánchez Bargiela, Xoán Xosé Pérez Labaca ou Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez. Aquí vos deixamos a relación completa de autores e os títulos das súas colaboracións no presente tomo de Soberosum: http://acomarca.blogspot.com/2008/12/xa-na-ra-o-nmero-3-de-soberosum.html
Entrevista en Red.es ao ex-profesor da Mata, Luis Miguel Pérez González
6.12.08
Comentar
A semana pasada saíu en Red.es* unha entrevista concedida por Luis Miguel Pérez González, antigo profesor do Colexio Suárez Marquier do Rosal e na actualidade profesor no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo. Luis fálanos de como as novas tecno-loxías e Internet teñen revolucionado a maneira de actuar e comunicarse na sociedade e sobre todo dos cambios que el apreciou nos rapaces rosaleiros cando se instalou a rede wi-fi na nosa vila:
*"Red.es es la entidad pública empresarial adscrita al Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITyC) encargada de impulsar el desarrollo de la Sociedad de la Información en España y ejecutar proyectos de acuerdo a las prioridades estratégicas de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (SETSI) interactuando con Comunidades Autónomas, Diputaciones, Entidades Locales y el sector privado en materia de tecnologías de la información y comunicaciones (TIC)".
4 dic 2008
Máis novas e reportaxes
4.12.08
Comentar
Mañá publicaremos a reseña da presentación do nº 3 da Revista de Estudos "Soberosum" do Museo Municipal de Ponteareas que tivo lugar nesta vila o 4 de decembro e que contou coa colaboración e presenza de dous escritores rosaleiros. Tamén faremos un pequeno repaso pola última publicación de "Pórtico Cerveirense" correspondente ao mes de novembro, con múltiples reportaxes do noso concello.
Seis meses sen "Manoliño"
4.12.08
Comentar
O martes 9 de decembro se cumprirán seis meses do falecemento do popular veciño rosaleiro "Manoliño". Cónstanos que moita xente se enterou do seu pasamento por unha breve reseña que publicamos alá polo mes de xuño con motivo da celebración do seu funeral na igrexa de Santa Mariña (http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/06/funeral-por-manolio.html). Dende aquí queremos lembrar a este singular home do pobo. ¿Quen non recorda os seus cánticos, oracións e proclamacións... un domingo pola mañá á saída da misa? ¿E as súas increíbles caracterizacións? ¿Ou a cresta que se fixo nunha coñecida peluquería da vila que ata saíu na TV? Esta fotografía cun dos seus "disfraces" foi tomada o día 12 de outubro de 1999, na XII Festa do Cabaqueiro. Facede click sobre a imaxe para ampliala.
3 dic 2008
A Agrupación Musical do Rosal inaugura cun concerto os actos do Programa de Nadal
3.12.08
Comentar
O domingo 7 de decembro, ás 19:00 horas e despois do magosto (http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/11/da-do-comercio-aberto-con-magosto-en-o.html) celebrarase no Auditorio Municipal un Concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia e que servirá de homenaxe para o seu anterior director J. Vicente Simeó Máñez. Máis información no link da Agrupación en "Enlaces de interese". Para ver o programa de Nadal 2008 /2009 do Concello, facede click en:
2 dic 2008
Reportaxe fotográfica de a3sound nas Aceñas
2.12.08
Comentar
Reportaxe que nos remite á nosa redacción a3sound realizada o domingo 30 de novembro nas inmediacións da área recreativa do muíño das Aceñas. Observando as fotografías podémonos facer unha idea da temperatura ambiente o do "quentiña" que debía estar a auga. Sen dúbida unhas boas, melancólicas e outonais imaxes dun dos puntos turísticos por excelencia de O Rosal:
Poema e relato curto gañadores do I Certame literario celebrado no Rosal
2.12.08
Comentar
Aquí vos deixamos o poema de Antón Ferreira Lorenzo, e o relato de Anselmo Martínez Pena, gañadores do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero, organizado polo Servizo de Promoción da Muller do Concello do Rosal.
Hai tempo que che roubaron os soños
Hai tempo que che roubaron os soños,
que che cortaron as ás da liberdade,
que che prenderon as esperanzas,
pero a nós, a nós ¿que nos importabas?
Agochaches a queixa, muda de tanto berrar,
no ventre estéril do vento
e as bágoas que afogaban os teus ollos
perdéronse coas primeiras chuvias de outono,
pero a nós, a nós, ¿que nos importabas?
Ti nunca tiveches primaveras, nunca;
nunca soubeches de flores
no teu xardín aldraxado.
Nunca os teus soles tiveron albas,
pero a nós, a nós ¿que nos importabas?
No lenzo branco onde aniñaban os teus ollos baleiros
e se encadeaban os días miserábeis da túa existencia,
a espátula daquela loucura indomábel
debuxou pantasmas vermellas desa vida acabada,
pero a nós, a nós ¿que nos importabas?
Agora si;
agora si que nos importas,
agora si…
pero agora xa é demasiado tarde.
ANTÓN FERREIRA LORENZO
Facede click no enlace para ler o relato curto titulado Encontro casual: http://reportaxesorosal.blogspot.com/2008/12/relato-curto-gaador.html
1 dic 2008
O Nadal, á volta da esquina
1.12.08
Comentar
Estamos traballando para en breve ofrecervos as nosas últimas noticias e reportaxes. Comunicámosvos que nos vindeiros días -e debido ás múltiples peticións que chegan ao noso correo- inauguraremos unha nova sección en Noticiasorosal chamada Os vosos anuncios onde poderedes insertar calquera tipo de comunicado de compra-venda, deixar os vosos currículums, demandas de emprego, ofertas, etc. Por outra parte e cambiando de tema, comezamos a ver pouquiño a pouco no Rosal os primeiros preparativos da decoración navideña tanto en institucións, comercios como en casas particulares. Un ambiente de Nadal que nuns días encherá todos os fogares rosaleiros.
Presentouse o libro "O Miño: unha corrente de memoria"
1.12.08
Comentar
A Área Panorámica de Tui acolleu o xoves 27 de novembro a presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” . Presentou o mestre Ramón Fernández Leal, veciño rosaleiro. Interviron de seguido Guillermo Rodríguez, director de A Peneira, o músico e pintor Xosé Ramón Paz Antón, pechando o acto Carlos Méixome, director do Instituto de Estudos Miñoranos. Entre o público asistente puidemos saudar ao secretario do Instituto de Estudos Tudenses, Rafael Sánchez Bargiela, ao historiador de Salceda de Caselas, Xosé Manuel Suárez ou a Mario Rodríguez, pintor de Figueiró. Lembramos que o libro presentado tivo a colaboración dos concellos de A Guarda, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Salceda, Tomiño e Tui. Máis información na nosa anterior crónica:
26 nov 2008
Entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto do Concello do Rosal
26.11.08
Comentar
Anselmo Martínez Pena
Reportaxe: SERVIZO DE PROMOCIÓN DA MULLER. CONCELLO DO ROSAL
O día 26 de novembro levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello do Rosal a entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. Este concurso estivo organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller e máis concretamente polo Servizo de Promoción da Muller. Neste acto estiveron presentes Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller; Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente; Banesa Cortiñas Brey, técnica de Promoción da Muller; Oliva María Pereira González, escritora e poetisa e Juan Ramón Martínez Barbosa, técnico de Turismo do Rosal. Entre eles, por suposto, os gañadores e verdadeiros protagonistas deste I Certame de Poesía e Relato Curto, Antón Ferreira Lorenzo e Anselmo Martínez Pena, que foron obsequiados con sendas cámaras fotográficas dixitais e cos libros “Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal” e “Memoria da XX Festa do Cabaqueiro” do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
Resultados deste I Certame:
-1º Premio POESÍA, co seudónimo “Baudilio”: Hai tempo que che roubaron os soños de Antón Ferreira Lorenzo, da vila da Guarda.
-1º Premio RELATO CURTO, co seudónimo “MarP”: Encontro Casual de Anselmo Martínez Pena, tamén da Guarda.
Para ver as demais fotografías da entrega de premios facede click en:
http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/11/i-certame-de-poesa-e-relato-curto.html
Dende o Servizo de Promoción á Muller dan as grazas a todos os participantes neste I Certame contra a Violencia de Xénero e animan a seguir enviando mensaxes de repulsa ante esta lacra social ao enderezo violenciadexenero@gmail.com. Lembran que todos os traballos participantes estarán expostos na Casa do Concello ata o sábado 29 de novembro e agardan contar coa vosa presenza no II Certame do ano 2009.
25 nov 2008
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero tamén se celebrou no Rosal
25.11.08
Comentar
O martes 25 de novembro e organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso, leváronse a cabo unha serie de actos para conmemorar este día, tales como a celebración do I Certame de Poesía e Relato Curto ou a colocación dun mural que vai de extremo a extremo da Casa do Concello realizado por alumnos de primaria e da E.S.O. do colexio Manuel Suárez Marquier e que reza O Rosal contra a violencia de xénero. En palabras da concelleira Mª Carmen (na imaxe da dereita) quérese "garantir o avance na igualdade e na participación e integración das mulleres na sociedade como cidadás e axentes activos de transformación". Segundo a Técnica de Promoción da Muller, Banesa Cortiñas Brey "este día merecía facer algo, tanto as actividades realizadas polos rapaces do Marquier para conciencialos xa de pequenos, como o I Certame. Pretende-
mos promover dende o Concello do Rosal co II Plan de Igualdade, que ten unha duración de tres anos (2008-2010), unha serie de actuacións que real-
mente nos permitan conseguir a igualda-
de real entre os homes e mulleres rosaleiros". O mér-cores 26 pola mañá entregaranse en dependencias munici-
pais os premios do I Certame de Poesía e Relato Curto.
24 nov 2008
Noticiasorosal crea a páxina web "A Comarca"
24.11.08
Comentar
Debido a que cada vez nos chegan máis peticións á nosa redacción, decidímonos -sen outro ánimo que non sexa o informar e poñer o noso gran de area á Cultura e ao Turismo- crear a páxina web de amizade e intercambio cultural luso-galaica A COMARCA. Aquí vos deixamos o enlace á mesma aínda que podedes facer click sobre "Baixo Miño e Portugal" que a partir de agora estará tamén presente nesta páxina de todos os rosaleiros, baixomiñotos e interesados en coñecer un pouquiño máis da nosa historia, costumes ou actualidade informativa:
21 nov 2008
Día do Comercio Aberto con "Magosto"
21.11.08
Comentar
O domingo 7 de decembro celebrarase o Día do Comercio Aberto. Os comercios do Rosal permanecerán abertos esta xornada dominical celebrándose na rúa Ramón Franco, fronte ao popularmente coñecido como "Edificio redondo" no Calvario, un magosto que comezará ás 16:30 da tarde e que se prolongará ata as 18:30 horas. A organización corre a cargo de A.C.O.R. (Asociación de Comerciantes do Rosal).
Éxito da obra promovida pola Escola Comarcal
21.11.08
Comentar
A Escola de Teatro Baixomiñota celebra a grande acollida que tivo a obra “Antibióticos: unha conquista da humanidade que estamos botando a perder” que achegaron á Comarca coa asistencia de máis de 700 nenos. Como xa tiñamos anunciado o mércores en Tomiño e O Rosal e o xoves na Guarda, centos de rapaces disfrutaron da obra teatral didáctica na que se explicou aos nenos entre 8 e 12 anos o que non deben facer cos antibióticos. Segundo declaracións da concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales Perozo “Tuve la oportunidad de asistir a la representación y, como conocedora del tema, creo que la concienciación al respecto es muy necesaria y qué mejor manera que sea de forma amena y divertida y dirigida a los más jóvenes, teniendo en cuenta que la educación respecto a cualquier tema debe hacerse desde edad temprana.” A Escola Comarcal de Teatro está xa traballando no guión doutra obra didáctica para representar no 2009, contando coa colaboración de distintas entidades públicas e privadas. “Difundir el teatro entre los mas jóvenes era uno de los objetivos de la escuela de teatro que va necesariamente ligado a la enseñanza”, comenta Enrique Álvarez, Presidente da Asociación Cultural Terras do Baixo Miño que dirixe a Escola de Teatro.
20 nov 2008
Os Albariños de O Rosal
20.11.08
Comentar
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da actuación do grupo de gaitas "Os Albariños de O Rosal" que con motivo da Romaría de San Martiño (http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/RomarADeSanMartiO2008#) ofreceron na cima do Campo do Couto o domingo 16 de novembro .
Cultura Baixomiñota edita a súa revista nº 5
20.11.08
Comentar
Comeza a ser xa algo habitual atoparnos en calquera lugar público coa revista mensual e gratuita Cultura Baixomiñota. Esta publicación, dirixida por Enrique Álvarez e que conta na súa redacción con Beti Rey e o rosaleiro Juan Ramón M. Barbosa, é xa un referente no Baixo Miño para coñecer todas as actividades culturais, turísticas e de lecer que se desenvolven cada mes na nosa Comarca. Neste número 5 que titulan Outono con tons ocres a revista anúncianos as cores coas que ven a dita estación, as súas festas ou a súa gastronomía, típicas da época. Así mesmo a parte das seccións habituais como son a axenda, as exposicións itinerantes e permanentes, faise alusión ao nacemento da primeira Escola de Teatro Comarcal por iniciativa da Asociación Cultural "Terras do Baixo Miño". No epígrafe Escapada realízase unha reportaxe sobre O Románico en Tomiño, unha ruta de 20 quilómetros e unha hora de duración polos monumentos máis representativos deste estilo arquitectónico (as igrexas de Santa María de Tomiño, San Vicente de Barrantes ou San Salvador de Tebra)
Imaxes e lembranzas dun recente pasado (cap. VI)
20.11.08
Comentar
Seguindo coa nosa sección de fotografías e recordos de antano publicamos esta fotografía que nos foi remitida amablemente por María J. Rodríguez, da xuradía de Fornelos. Trátase do mercado que había certos domingos na Praza do Calvario e onde se vendía dende froita, embutidos ou verdura ata roupa e zapatos. Esta imaxe concretamente é do ano 1995 e como se pode observar aínda estaba aberta a "Cámara Agraria Local" e non se construíra algún que outro edificio polos arredores... Facede click sobre ela para ampliala.
18 nov 2008
II Concurso de Beléns en O Rosal
18.11.08
Comentar
A Concellaría de Cultura, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organizan o II Concurso de Beléns.
BASES
Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 15 e 16 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00 ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente. Os traballos presentados estarán expostos a partir do 19 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios ata o 6 de xaneiro no mesmo centro. A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2008 de 17:00h. a 20:00h, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo. Estableceranse dúas categorías:
· Infantil-xuvenil: ata os 17 anos.
· Adulto: a partir dos 18 anos.
Haberá un único premio para cada categoría:· Lote de libros adecuado ao participante gañador/a para a categoría infantil—xuvenil· Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a categoría adulto. A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios. O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.
Prazo e lugar de inscrición dos Beléns, ata o día 13 de decembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (986 609450). Para ver as fotografías do Concurso do ano pasado facede click en:
Publicación de fotografías en Noticiasorosal
18.11.08
Comentar
Ultimamente están chegando moitas peticións e suxerencias de reportaxes ao noso correo electrónico. Intentaremos complacervos na medida do posible. Se queredes que publiquemos algunha nota de prensa, escrito ou artigo, opinión... enviade as vosas colaboracións ao noso e-mail: noticiasorosal@hotmail.com.
Ao igual que se desexades dar a coñecer (a nivel asociación ou particular) algunha fotografía antiga que está no "baúl dos recordos", curiosas ou de interese, mandádenos esa ou outras imaxes acompañadas do voso nome ao mesmo enderezo electrónico. Aquí vos deixamos unhas instantáneas remitidas á nosa redacción por a3sound:
Teatro para nenos en O Rosal, Tomiño e A Guarda. O mércores 19, no Auditorio
18.11.08
Comentar
A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota achega á Comarca tres representacións de teatro para os concellos de O Rosal, Tomiño e A Guarda. A obra representarase gratuitamente e está especialmente deseñada a un público de 8 a 12 anos de forma directa e indirectamente aos pais e nais. Baixo o título "Antibióticos: unha conquista da humanida-
de que estamos botando a perder" a sesión incorpora tamén un vídeo divulgativo no que figura persoal do Instituto de investigación biomédica da Coruña (Inibic) e que será presentado polos propios investigadores de cada zona. Trátase dunha adaptación teatral para explicar aos nenos que son os antibióticos, para que serven e que ocorre cando se empregan mal. A obra será posta en escea pola compañía Xerpo e grazas á xestión da Escola de Teatro conseguíronse estas tres representacións das dez que están comprome-
tidas para toda Galicia na fase inicial. O proxecto é obra do científico Este-
ban Fernández Moreira e está subvencionado pola Consellería de Industria. En palabras do propio Fernández: «Sempre quixen facer divulgación porque creo que un científico non só ten que xenerar coñecemento, senón tamén transmitilo». As primeiras representacións serán o mércores 19 ás 10:00 horas no Auditorio Municipal de O Rosal e ás 13:00 horas no C.E.P. Pedro Caselles Beltrán de Tomiño. E a última o xoves 20, ás 11: 00 horas, no Centro Cultural de A Guarda. A Escola Comarcal de Teatro conta coa colaboración dos Concellos de O Rosal e A Guarda, tratando de cumprir cun dos obxectivos da escola, que é a difusión do teatro entre os nenos.
Abrimos nova sección: Cursos e Emprego
18.11.08
Comentar
Inauguramos este 18 de novembro unha nova sección: Información para a Xuventude. Cursos e ofertas de emprego (ao final da páxina). Faremos puntualmente -neste tempo de crise- un repaso semanal da actualidade laboral e vos informaremos dos dife-
rentes cursos que se realicen no Rosal, na zona do Baixo Miño e por que non, da provincia de Pontevedra.
16 nov 2008
Celebrouse a Romaría de San Martiño 2008
16.11.08
Comentar
Cun día de sol, espléndido, grazas quizais precisamente ao "veraniño de San Martiño", a romaría deste santo saíu o domingo 16 de novembro -tal e como estaba previsto- da igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10'30 da mañá. Multitude de persoas acompañaron á súa imaxe ata a capela que leva o seu nome, en pleno Campo do Couto. Unha vez arriba, previa subida polos muíños do Picón, San Martiño volveu a congregar nas inmediacións da súa ermida preto do millar de romeiros. Ás 12 tivo lugar a Misa oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos, asistido por dous irmáns misioneiros. Despois dos actos relixiosos non faltou a tradicional poxa co popular "O Brasileiro" e a merecida comida campestre dos fieis asistentes, amenizada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal. Aquí vos deixamos máis dun centenar de imaxes (algunhas moi curiosas) que captaron os nosos obxectivos. Facede click en:
II Magosto Parroquial no Rosal
16.11.08
Comentar
O sábado 15 de novembro celebrouse un magosto en Barbuntín organizado polas catequistas e colaboradoras da parroquia de Santa Mariña do Rosal que dirixe eclesiasticamente o abade D. Julio Ramos Rodríguez. Xogos populares, dos "de sempre" como o "pañuelo" fixeron que os rapaces asistentes e os que ata alí se achegaron o pasaran en grande mentres o magosto estaba en proceso. Podedes ver todas as fotografías facendo click en:
14 nov 2008
Alumnos do Suárez Marquier e da Sangriña visitan a Exposición do Cid
14.11.08
Comentar
Baixo a organización da concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo, visitaron a exposición do Cid -que estivo aberta dende o día 3 ao 14 de novembro- preto de 300 persoas. Ademais dende o mércores 12 houbo visitas dos colexios Suárez Marquier (máis dun centenar de alumnos de 2º e 3º da E.S.O.) e do Instituto da Sangriña (45 alumnos de 3º da E.S.O.)
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográ-
fica desta xornada onde os rapaces realizaron diversas actividades sobre a vida e a época de Rodrigo Díaz de Vivar (O Cid Campeador), alternando a visita á exposición con traballos prácticos na biblioteca municipal. Facede click en:
9 nov 2008
A Asociación de Mulleres Rurais "Chan dos Casteliños" de As Neves visitou O Rosal
9.11.08
Comentar
Previo contacto coa concellaría de Turismo do Rosal que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou a nosa Vila o domingo 9 de novembro a activa Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños de As Neves. Á súa fronte, a presidenta Mª Carmen Núñez Rodríguez e a súa secretaria, Mª Carmen Gil Álvarez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais dese concello. Ás 11'30 foron recibidas na Praza do Calvario polo guía turístico municipal, facendo a primeira parada na igrexa parroquial de Santa Mariña onde agardaba o noso abade, D. Julio Ramos, quen xentilmente lles daría unhas breves pero interesantes descricións históricas do interior do templo. De seguido dirixíronse ata Martín para realizar a ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón e admirar este enclave histórico-etnográfico rosaleiro. Despois da camiñata, tivo lugar a comida nun coñecido restaurante ao pé dos muíños, finalizando a súa estadía no Rosal visitando a mostra "El Cid y su época" no Salón de Exposicións do Concello. (Facede click na imaxe para ampliala).