TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 nov 2008

A Asociación de Mulleres Rurais "Chan dos Casteliños" de As Neves visitou O Rosal

Previo contacto coa concellaría de Turismo do Rosal que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou a nosa Vila o domingo 9 de novembro a activa Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños de As Neves. Á súa fronte, a presidenta Mª Carmen Núñez Rodríguez e a súa secretaria, Mª Carmen Gil Álvarez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais dese concello. Ás 11'30 foron recibidas na Praza do Calvario polo guía turístico municipal, facendo a primeira parada na igrexa parroquial de Santa Mariña onde agardaba o noso abade, D. Julio Ramos, quen xentilmente lles daría unhas breves pero interesantes descricións históricas do interior do templo. De seguido dirixíronse ata Martín para realizar a ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón e admirar este enclave histórico-etnográfico rosaleiro. Despois da camiñata, tivo lugar a comida nun coñecido restaurante ao pé dos muíños, finalizando a súa estadía no Rosal visitando a mostra "El Cid y su época" no Salón de Exposicións do Concello. (Facede click na imaxe para ampliala).

0 comentarios:

Publicar un comentario