TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 nov 2008

Entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto do Concello do Rosal

Os vencedores absolutos deste I Certame, Antón Ferreira Lorenzo e
Anselmo Martínez Pena
Reportaxe: SERVIZO DE PROMOCIÓN DA MULLER. CONCELLO DO ROSAL
O día 26 de novembro levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello do Rosal a entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. Este concurso estivo organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller e máis concretamente polo Servizo de Promoción da Muller. Neste acto estiveron presentes Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller; Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente; Banesa Cortiñas Brey, técnica de Promoción da Muller; Oliva María Pereira González, escritora e poetisa e Juan Ramón Martínez Barbosa, técnico de Turismo do Rosal. Entre eles, por suposto, os gañadores e verdadeiros protagonistas deste I Certame de Poesía e Relato Curto, Antón Ferreira Lorenzo e Anselmo Martínez Pena, que foron obsequiados con sendas cámaras fotográficas dixitais e cos libros “Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal” e “Memoria da XX Festa do Cabaqueiro” do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
Resultados deste I Certame: -1º Premio POESÍA, co seudónimo “Baudilio”: Hai tempo que che roubaron os soños de Antón Ferreira Lorenzo, da vila da Guarda. -1º Premio RELATO CURTO, co seudónimo “MarP”: Encontro Casual de Anselmo Martínez Pena, tamén da Guarda.
Para ver as demais fotografías da entrega de premios facede click en:
http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/11/i-certame-de-poesa-e-relato-curto.html Dende o Servizo de Promoción á Muller dan as grazas a todos os participantes neste I Certame contra a Violencia de Xénero e animan a seguir enviando mensaxes de repulsa ante esta lacra social ao enderezo violenciadexenero@gmail.com. Lembran que todos os traballos participantes estarán expostos na Casa do Concello ata o sábado 29 de novembro e agardan contar coa vosa presenza no II Certame do ano 2009.

0 comentarios:

Publicar un comentario