Cun día de sol, espléndido, grazas quizais precisamente ao "veraniño de San Martiño", a romaría deste santo saíu o domingo 16 de novembro -tal e como estaba previsto- da igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10'30 da mañá. Multitude de persoas acompañaron á súa imaxe ata a capela que leva o seu nome, en pleno Campo do Couto. Unha vez arriba, previa subida polos muíños do Picón, San Martiño volveu a congregar nas inmediacións da súa ermida preto do millar de romeiros. Ás 12 tivo lugar a Misa oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos, asistido por dous irmáns misioneiros. Despois dos actos relixiosos non faltou a tradicional poxa co popular "O Brasileiro" e a merecida comida campestre dos fieis asistentes, amenizada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal. Aquí vos deixamos máis dun centenar de imaxes (algunhas moi curiosas) que captaron os nosos obxectivos. Facede click en:
0 comentarios:
Publicar un comentario