TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 nov 2008

O Miño, unha corrente de memoria

Chegou á nosa Redacción unha recente publicación que leva por título O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006-2007), de Edicións Alén Miño, coa colaboración dos concellos de A Guarda, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Salceda, Tomiño e Tui. Tal e como se proclama na contraportada "No outono de 2006 e 2007 a Comisión Cidadá pola verdade do 36 do Baixo Miño organizou sendas Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño que tiveron lugar nos concellos de Tui, A Guarda, Vilanova de Cerveira e Tomiño (Goián). Algunhas das comunicacións presen-tadas nestas xorna-
das tratan temas xenéricos como as presentadas por Xosé María Álvarez Cáccamo, Dionisio Pereira, Bieito Alonso ou Aurora Marco que pescudan sobre literatura galega e represión franquista, sobre a represión sobre os cidadáns portugueses establecidos no noso país ou achegan visións sobre unha lectura actual das memorias de Antón Alonso Ríos (Siñor Afranio) ou sobre a represión sobre as mulleres. Outros traballos achegan investigacións sobre a represión franquista no Porriño (Xosé Ramón Paz Antón), no Val Miñor (Carlos Méixome) ou en Tui, A Guarda e Tomiño (Ángel Rodríguez Gallardo). Nas xornadas de 2007 abrangueuse tamén a cuestión do contrabando entre as dúas beiras do Miño con achegas sobre este labor no concello de Melgaço (Albertino Gonçalves) ou na Serra do Laboreiro (Américo Rodrigues e José Domingues). O Miño, unha corrente de memoria, recolle as actas desta xornadas.

0 comentarios:

Publicar un comentario