TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 nov 2008

Teatro para nenos en O Rosal, Tomiño e A Guarda. O mércores 19, no Auditorio

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota achega á Comarca tres representacións de teatro para os concellos de O Rosal, Tomiño e A Guarda. A obra representarase gratuitamente e está especialmente deseñada a un público de 8 a 12 anos de forma directa e indirectamente aos pais e nais. Baixo o título "Antibióticos: unha conquista da humanida-
de que estamos botando a perder" a sesión incorpora tamén un vídeo divulgativo no que figura persoal do Instituto de investigación biomédica da Coruña (Inibic) e que será presentado polos propios investigadores de cada zona. Trátase dunha adaptación teatral para explicar aos nenos que son os antibióticos, para que serven e que ocorre cando se empregan mal. A obra será posta en escea pola compañía Xerpo e grazas á xestión da Escola de Teatro conseguíronse estas tres representacións das dez que están comprome-
tidas para toda Galicia na fase inicial. O proxecto é obra do científico Este-
ban Fernández Moreira e está subvencionado pola Consellería de Industria. En palabras do propio Fernández: «Sempre quixen facer divulgación porque creo que un científico non só ten que xenerar coñecemento, senón tamén transmitilo». As primeiras representacións serán o mércores 19 ás 10:00 horas no Auditorio Municipal de O Rosal e ás 13:00 horas no C.E.P. Pedro Caselles Beltrán de Tomiño. E a última o xoves 20, ás 11: 00 horas, no Centro Cultural de A Guarda. A Escola Comarcal de Teatro conta coa colaboración dos Concellos de O Rosal e A Guarda, tratando de cumprir cun dos obxectivos da escola, que é a difusión do teatro entre os nenos.

0 comentarios:

Publicar un comentario