TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 feb 2009

Brais Otero González, "O Rei" do lanzamento

O rosaleiro Brais Otero González naceu un 4 de marzo de 1992. Dende pequeno, alá polos 6 anos, xa se adestraba no colexio Manuel Suárez Marquier "ás ordes" do incombustible mestre de Educación Física, Félix Piñel Alonso. A piques de cumprir a maioría de idade, Brais -que é lanzador de disco e martelo aínda que o que máis lanza habitualmente é o peso- milita no Club do Marquier e conta xa no seu currículo con varios títulos de importancia. É innegable que os últimos anos reina nas categorías de lanzamento: foi por exemplo Campión Galego no ano 2006 en peso, martelo e disco. Tamén Campión Galego de lanzamento de peso no ano 2007 en pista cuberta en Riazor (A Coruña), quedando clasificado para o Campionato de España en Categoría Cadete, onde conseguiu a medalla de bronce. Novamente convertiuse en Campión Galego no ano 2008 de lanzamento de disco, quedando clasificado para o Campionato Español en Categoría Xuvenil, onde acadou unha meritísima 8ª posición. Certamente que con Brais Otero González -pese á súa xuventude e se as lesións o respectan- estamos ante unha das máis firmes promesas do atletismo galego e español.

0 comentarios:

Publicar un comentario