TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 feb 2009

As casas indianas do Rosal, nun novo libro

Foinos remitido recentemente á nosa redacción un libro -máis ben tomo- que leva por título Casas de indianos. Pontevedra. A obra está coordinada por Fernando Bores Ga-
mundi e está editada pola Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Viven-
da e Solo da Xunta de Galicia. Leva a presentación da conselleira Teresa Táboas Veleiro e o limiar de Manuel Luís Rodríguez González, Secretario xeral de Emigración. Esta publicación, de 452 páxinas ilustradas a toda cor, tivo a participación, entre outros, do historiador, Joaquín Miguel Villa Álvarez, oriundo do Rosal e veciño de Salcidos, quen fai un repaso polas Casas Indianas no Baixo Miño: A Guarda e O Rosal. Entre estas "edificacións de natureza privada" están, por exemplo as seguintes:
·Casa de Juan Carreras Álvarez, de Pías (¿1900?)
·Casa de Narcisa Carrera Baquero, do barrio da Ponte do Tamuxe (1899).
·Villa Matilde, no barrio de Corredoiras (San Miguel de Tabagón, ¿1930?)
·Villa Mari Chin, tamén en Corredoiras e coa mesma hipótetica data de construción. ·Finca de La Val, no Morán. Pénsase que pode ser de comezos dos anos 20.
·Casa do Almacén (na fotografía), fronte á alameda de San Miguel (¿1905?
·Casa dos irmáns Padín Ferreira, na estrada de San Miguel (1918).
·Casa do Calvario (San Miguel de Tabagón, 1821).
·Casa dos Barrís, entre as parroquias de San Miguel e San Xoán de Tabagón (1905).
·Villa Marina, preto do cruce das Eiras (data de construción ao redor de 1950).
·Casa de Manuel González Groba, na costa de Tabagón (principios século XX).
·Casa de Generoso Lagarejos Rivas, tamén en dita costa de Tabagón.
·Casa dos Baquero, no alto da Portela (San Xoán de Tabagón, 1920).
·Casa da Viúva ou Villa María, na xuradía de Fornelos (1927).
·Casa de Marina, tamén en Fornelos (construída sobre o ano 1950).
·Casa das Calumbras, igualmente en Fornelos (1926).
·Casa de Leoncio Rodríguez Álvarez, na xuradía de Novás (1923).
·Casa de Alejandro Domínguez González, na xuradía de Marzán.
·Casa de Marcelino Martínez Domínguez, na rúa Xulio Sesto (1902).
Colaboraron tamén neste libro María Fidalgo Casares coa súa achega de As casas indianas do Baixo Miño; Carlos Sixirei Paredes con Americanos e por suposto, o coordinador Bores Gamundi con Notas ao programa. Sen dúbida Casas de indianos. Pontevedra é unha aportación valiosísima e imprescindible para coñecer, en palabras do autor do limiar "unha das herdanzas máis importantes e tamén máis visibles que a emigración deixou en Galicia" considerando a estas casas "unha espléndida colección edilicia que florece especialmente nas provincias litorais".

0 comentarios:

Publicar un comentario