FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2009

Especial III Feira de Oportunidades no Rosal

O domingo 31 de maio, organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) e coa colaboración do Concello, tivo lugar na Praza do Calvario a III Feira de Oportunidades. Participaron nesta ocasión a Librería Colores, Sara Carrera, Calzados Gema, Euromanía, E & M, Confitería Rogelio, SPA Esencial Nº 5, Helvetia, Floristeria Agualuz, Talleres Cunchada e Esther Moe (Vidrio y Vidrieras). Precisamente esta última ofreceu un obradoiro de debuxo (con posteriores premios) para os máis pequenos, resultando gañador Julio Lagos Carrera, de 10 anos de idade. Podedes ver a nosa reportaxe fotográfica facendo click en:

Sucédense as peticións de rutas guiadas polos muíños do Folón-Picón e polo Rosal en xeral

O venres 29 de maio visitaron O Rosal 78 alumnos e alumnas de 4º de Primaria do CEP Altamira de Salceda de Caselas. Ademais do guía municipal, que se encargou das pertinentes explicacións, acompañaron ao grupo Sali Vaqueiro, Marisa González, Mara Velasco, Marianne Equy e Rosalía Gil, todas elas profesoras dese centro.

28 may 2009

Nova visita guiada aos muíños do Folón e Picón

O xoves 28 de maio e previo contacto coa concellaría de Turismo, 55 alumnos e alumnas de 2º da E.S.O. do "Colegio Maristas El Pilar de Vigo" acompañados das profesoras Susana, María, Celtia, Tamara e Judit realizaron unha visita guiada aos muíños do Folón e Picón. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/OColegioMaristasElPilarDeVigoNoRosal#

Autopsia, no Auditorio Municipal do Rosal

O sábado 30 de maio ás 20:30 horas, nova proxección de cine no Auditorio Municipal. Nesta ocasión a película é "Autopsia". Trátase dun film de suspense dirixido por Milagros Bará Viñas e producido por Aldea Films. Na imaxe, Isabel Blanco Picallo, unha das súas actrices protagonistas (foto: A.A.G.). O seu argumento, o seguinte: Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmá dunha das vítimas, involucrarao máis na investigación. Coa axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

27 may 2009

Contacontos de Sonia Fernández ao aire libre

O mércores 27 de maio -e seguindo coa programación da concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- celebrouse un novo Contacontos, esta vez a cargo de Sonia Fernández Balboa, mestra do C.P.I. Manuel Suárez Marquier de O Rosal. Xa que en verdade facía un día espléndido saíuse ata o xardín do Concello onde rapaces e adultos escoitaron -baixo a sombra dunha vella árbore (cremos é un aligustre)- os contos que con voz firme e á vez melodiosa narraba Sonia. Para ver as fotografías desta xornada facede click en:

O curso de patchwork está a piques de rematar

Segundo información que foi remitida á nosa redacción o curso da técnica de patchwork (http://noticiasorosal.blogspot.com/2009/01/nova-clase-do-curso-de-patchwork.html) que se imparte no Centro Social Polivalente dende mediados de xaneiro rematará en breve. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica dunha das súas alumnas: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ResultadosDoCursoDePatchwork#

26 may 2009

Animado curso de cociña na rúa Simón del Mazo

A antiga escola da rúa Simón del Mazo acolle todos os martes de 20:00 horas a 22:00 horas un curso de cociña impartido pola mestra María José Viana na que destaca a presenza de tres homes interesados nestas artes culinarias. Para ver a reportaxe facede click en:

Alumnos do Colexio Marcote de Vigo e do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña) visitan O Rosal

O martes 26 de maio, e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, estiveron na nosa vila 98 alumnos e alumnas do Colexio Marcote de Vigo, dende 1º da ESO ata 1º de Bacharelato inclusive. Cita obrigada foi a visita guiada aos muíños do Folón e Picón, realizando como é de ritual unha demostración de moenda no primeiro muíño, o das "Laxes". Acompañaron a este numeroso grupo de rapaces, ademais do guía municipal, os profesores dese centro vigués, Santiago Costas, Sagrario Rodríguez, Carmen Prados e Dolores Pérez. Velaquí vos deixamos a nosa pequena reportaxe:
Rematada esta ruta fixeron outro tanto do mesmo, con demostración en directo da conversión do millo en fariña, 35 nenos e nenas do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña).

25 may 2009

Un paseo polas actividades do Concello

Dende o luns 25 de maio -enterados da multitude de actividades que se organizan no Concello- realizaremos uns "paseos" ofrecéndovos as correspondentes reportaxes fotográficas. Nesta ocasión percorremos as clases de arte floral que se imparten no Salón de Exposicións, a cargo de Josefina Alonso Alonso, de Vigo; a aula de repostería, sita na antiga escola de Simón del Mazo coa tudense Mª José Viana, especialista na materia; e as clases de ioga no Centro Social Polivalente que dirixe a activa rosaleira Sabine Pfister. Podedes ver estas e outras reportaxes en:

Actuación de Mascarenhas e o coro Cantábile

Dentro das actividades programadas para o mes de maio pola concellaría de Cultura do Rosal, o domingo 24 de maio ás 20 horas da tarde celebrouse no Auditorio Municipal un concerto a cargo do grupo de acordeóns Mascarenhas, co mestre José Luis Lorenzo Rodríguez ao seu fronte e tamén do coro Cantábile que dirixe Lucía Alonso. (Foto: M.A.)

24 may 2009

III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario

O domingo 31 de maio e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) celebrarase a III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario. O seu horario será dende as 9:30 horas da mañá ata as 20:30 horas da tarde. Paralelamente -e a partir das 17:00 horas- haberá un obradoiro de debuxo. A todos os participantes se lles obsequiará cun agasallo.

23 may 2009

Nova proxección de cine no Auditorio Municipal

O sábado 23 de maio e dentro do programa Cinemas Dixitais tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección da película Condenado a vivir, do director Roberto Bodegas e coa participación, entre outros, dos actores Ernesto Chao Pinto, Vicente Montoto, Cristina Pascual, Rosa Álvarez Cabo, María Bouzas, Mariana Carballal e Sonia Castelo. O film conta a historia de Ramón Sampedro, condenado a vivir deitado nunha cama por un accidente e que reivindica o seu dereito a morrer con dignidade. Un telefilme que se adiante en varios anos a Mar adentro de Alejandro Amenábar coa que establece unhas estrañas relacións. Unha película íntima que toca, de maneira ambiciosa, un tema arriscado como é a eutanasia.

Reportaxe do Día das Letras Galegas no Rosal

Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra tiveron lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Ramón Piñeiro. Actuaron grupos de gaitas, as pandereteiras "Ir e Vir", o grupo de clarinetes Kla-son, a banda infantil da Agrupación, o grupo "Lirolai", grupo de saxos, o grupo folk "Can de Palleiro", espectáculo de monicreques, etc. Durante todo o día servíronse tapas de polbo á feira, zorza, tortilla, empanadas, rosca de rexóns, filloas, doces e pasteis caseiros, acompañados dos exquisitos viños do Rosal. Na sala de exposicións do concello houbo obradoiros de reciclaxe para nenos e nenas, así como exposición e "proba" de xoguetes antigos na Praza do Calvario. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste Día das Letras Galegas:

A U.D. Ribera consegue o ascenso á 2ª Rexional

O club de fútbol U.D. Ribera de O Rosal que preside Luis Mariano Farias Fernández proclamouse o domingo 17 de maio -e a falta dunha xornada- campión do grupo XX da 3ª Autonómica (Rexional) tras gañar no Campo da Mata ao Mougás por dous goles a cero. Polo tanto, o equipo que adestra Juan Manuel Berrecoso participará na vindeira temporada na segunda categoría. Aquí vos deixamos a reportaxe da celebración do ascenso que realizou Natalia Cerqueira Pequeño para Noticiasorosal nada máis finalizar o partido:

22 may 2009

O club de montañismo Ártabros visitou O Rosal

O domingo 17 de maio e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, visitaron a nosa vila membros da "Sociedad de Montaña Ártabros", club de montañismo de A Coruña. Despois de parar na Praza do Calvario e coñecer a igrexa de Santa Mariña dirixíronse ata os muíños do Folón e Picón onde o guía municipal lles ofreceu unhas explicacións históricas destes enxeños hidráulicos á vez que se realizou unha demostración de moenda. Aínda que as condicións meteorolóxicas non eran as máis adecuadas, xa que chovía bastante, o espírito aventureiro dos seus compoñentes superou con creces calquera adversidade. (Fotos: Ártabros http://www.artabros.org/modules/news/)

21 may 2009

O arqueólogo Alexi Rojas Guerra impartiu no Rosal un curioso obradoiro de pintura lítica

Grazas ás xestións da concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio tivo lugar na Praza do Calvario e na Sala de Exposicións da vila un obradoiro de “Pintura Lítica” a cargo do mestre venezolano Alexi José Rojas Guerra, director do “Museo Arqueológico Marapa” (Estado Vargas) e director executivo da “Sociedad para el Estudio de las Manifestaciones Rupestres de Venezuela” (SEMARVE). Esta novidosa técnica -que tanto rapaces como adultos puideron aprender- fundaméntase na pintura elaborada artesanalmente a base de pedra triturada e pulverizada, misturada con elementos naturais como cristal de sábila e linaza hervida máis vinagre. Os asistentes realizaron estes curiosos cadros (observando os distintos debuxos de gravados rupestres que dispuxo a organización) e que a posteriori serían expostos o domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe destas xornadas con Alexi Rojas:

Homenaxe ao mestre e poeta ourensán Xosé Carlos Gómez Alfaro na vila de Ribadavia

O sábado 16 de maio, dentro do programa de celebración das Letras Galegas 2009, e co gallo do cabodano do pasamento do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro (na fotografía), a vila de Ribadavia desenvolveu un acto na súa lembranza. Este tivo lugar no salón de plenos do Concello coa colaboración do Centro de Estudos Medievais de Ribadavia. Presentou esta homenaxe Anxo Collarte, con-
celleiro de Cultura quen deu paso á intervención de Xoán Martínez Tamuxe, presidente do Instituto de Estudos Tudenses e amigo do finado, quen fixo unha breve semblanza biográfica de Gómez Alfaro. De seguido actuaron Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José Luis Chao, presidente do citado Centro de Estudos Medievais. Escritores e poetas procederon á lectura da obra do que foi durante anos coñecido mestre dos PP Somascos de A Guarda. Estiveron presentes nesta homenaxe a súa muller Rosa Berta Alfaro e o seu fillo Daniel. Aquí vos deixamos tamén o enlace á reportaxe especial que realizaron os nosos activos compañeiros de Infogauda con motivo doutro acto que se celebrou na súa honra ao día seguinte en Cenlle (Ourense):

19 may 2009

Medio centenar de automóbiles antigos pararon o sábado no Rosal nun día marcado pola choiva

O sábado 16 de maio preto de cincuenta coches -na súa maioría anteriores a 1960- realizaron unha parada na Praza do Calvario do Rosal con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos”. Baixo a organización da concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano e coa colaboración de diferentes adegas rosaleiras (Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo) os participantes desta ruta impulsada por Gabriel Pestana, director do rallye e en representación da "Escuela Gallega de Clásicos Deportivos", foron obsequiados con varios agasallos tras o seu paso por esta vila. Aínda que as condicións meteorolóxicas non resultaron ser as máis idóneas para a celebración desta xornada, a choiva non desluciu a vistosidade destas auténticas xoias automobilísticas. Fixeron a entrega dos presentes, paraugas en man, a concelleira de Cultura Charo Tabales Perozo e o alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe:

Celebrouse a Festa de San Isidro 2009

Os días 15 e 16 de maio celebráronse na Praza do Calvario do Rosal as festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorreu a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas tivo lugar a Misa Solemne -en galego- que foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, asistido por D. Isaac Penela Carbajales. Houbo como é habitual sermón e a procesión de ritual. O sábado 16 e debaixo da carpa instalada para a ocasión tivo lugar a gran subasta de produtos típicos da nosa terra. Aquí vos deixamos a reportaxe destes actos: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/FestaDeSanIsidro2009NoRosal#

Correlingua 2009 na Praza do Calvario do Rosal

O xoves 14 de maio -e organizado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística- tivo lugar na Praza do Calvario o “Correlingua 2009”, no que os nenos e nenas do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier participaron como todos os anos nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do emprego do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Nesta edición un grupo de alumnos e alumnas do CPI do Rosal, axudados polos profesores, formaron o Grupo dos Maios interpretando pezas como “A muiñeira de Santo Amaro” ou “O merlo”. Os nenos e nenas do CRA María Zambrano tamén cantaron entre outras, “A Maruxiña” e “A vaca amarela”. O lema do Correlingua deste ano foi En galego! Pásao. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe:

17 may 2009

Programa para o Día das Letras Galegas

Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra terán lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica a Ramón Piñeiro:
11,00 h: Grupo de Gaitas
11,30 h: Grupo de Clarinetes Kla-son
12,30 h: Banda Infantil
16,00 h: Grupo de Pandeiretas "Ir e Vir"
17,00 h: Monicreques
18,00 h: Coro Infantil
18,30 h: Grupo de Pandeiretas "Lirolai", grupo de Tamborís e Gaitas
19,00 h: Grupo de Saxos
19,30 h: Grupo Folk "Can de Palleiro"
(Horarios aproximados). Durante todo o día serviranse tapas de polbo á feira, zorza, tortilla, empanadas, rosca de rexóns, filloas, doces e pasteis caseiros, acompañados dos exquisitos viños do Rosal. Paralelamente haberá actividades como obradoiros para nenos e nenas, xoguetes antigos ou exposicións de diferentes asociacións.

14 may 2009

En xuño comezará un curso para obter o PNB

O Concello do Rosal está organizando un curso para obter o título PNB (Patrón de Navegación Básica). Levarase a cabo a partir do mes de xuño. O custo aproximado é de 450 euros. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información deben dirixirse ao Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 609450 antes do 23 de maio.

O "IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos" parará o sábado no Rosal

Segundo informa a concellaría de Turismo do Rosal que preside Ángeles Vicente Manzano o sábado 16 de maio a partir das 12 horas o “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos” fará unha parada na Praza do Calvario. Este evento conta coa colaboración do concello rosaleiro así como das seguintes adegas: Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo.

13 may 2009

O venres 15 comezan as Festas de San Isidro

Os días 15 e 16 de maio celebraranse na Praza do Calvario do Rosal as Festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorrerá a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas terá lugar a Misa Solemne con sermón e procesión. A verbena a partir das 21:30 horas coa orquestra "Costa Blanca" e o grupo de gaitas "A Boalleira". O sábado 16, e sobre as 19:00 horas presentación das orquestras "Super Fama" e "Estelares". Ás 8 da tarde, Gran Subasta de produtos típicos da nosa terra. Seguidamente, a verbena coas citadas orquestras.

12 may 2009

Noticiasorosal entrevistou ao arqueólogo e mestre venezolano Alexi J. Rojas Guerra

Grazas ás xestións da concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio, o recoñecido mestre Alexi José Rojas Guerra, director do Museo Arqueoló-
gico Marapa (Estado Vargas, Venezuela) impartirá no Rosal un obradoiro de "Pintura Lítica". Inventor desta novidosa técnica (pintura elaborada artesanal-
mente a base de pedra triturada e pulverizada), o Sr. Rojas está de xira por Europa achegando as manifestacións rupestres internacionais, nacionais e mesmo de cada rexión que visita á xente interesada na temática. Noticiasorosal estivo con el e co seu amigo, o tamén arqueólogo e investigador Pablo Novoa Álvarez, afincado na nosa vila. Aquí vos deixamos esta pequena entrevista:

Alumnos do I.E.S. Doña Nieves López Pastor (Jaén) visitan os Muíños do Folón e Picón

O luns 11 de maio alumnos de 4º da E.S.O. do Instituto Doña Nieves López Pastor, de Villanueva del Arzobispo (Jaén), realizaron na compaña do guía municipal rosaleiro a ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e Picón. Xunto a el estiveron tamén a profesora de Lengua dese centro, Carmina Cerdó Guzmán e Lola Moreno García, mestra de Debuxo.

Concerto do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal

O sábado 9 de maio no Auditorio Municipal tivo lugar un concerto con motivo da celebración do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. O acto estivo presentado por Toñi Santos Vaquero e no concerto participaron a banda de música infantil que dirixe Celso Diego e a banda de música da dita agrupación, que nesta ocasión estivo dirixida polo director convidado César Núñez Pérez, interpretando as seguintes obras: Dunia Piris (Rafael Taléns Pelló), Gallaecia (José Bugallo Senra), Xenia Sarda (Hardy Mertens), West Side Story (Leornard Bernstein. Arr. W.J. Duthoit). Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica:

Cristóbal Dios (Hierros Diego), gañador do IV Gran Premio Deputación de Pontevedra

O sábado 9 de maio celebrouse, baixo a organización do Club Ciclista O Rosal, o IV Gran Premio Deputación de Pontevedra que consistiu nun percorrido de 86 km polos concellos de O Rosal, A Guarda e Tomiño. Con saída e chegada na Praza do Calvario os ciclistas realizaron a proba cun promedio de 36,47 km/h. A victoria final foi para Cristóbal Dios do equipo Hierros Diego, cun tempo de 02:21:30 h. En segundo lugar entrou Antonio Sampayo (Aluminios Cortizo) e en terceiro, José Taboada (Renault Caeiro) ambos os dous a 7 segundos do gañador. O premio da Montaña foi para Raúl Medin (Cymasa) e as Metas Voantes tamén para Cristóbal Dios. Os ciclistas do equipo rosaleiro Hermanos Ozores S.L., Jonathan Sousa e Brais González tiveron un papel destacado na carreira, xa que na clasificación xeral quedaron nos postos 8º e 18º, respectivamente. Ademais Jonathan rematou clasificado en segundo lugar nas Metas Voantes. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica deste Gran Premio:

8 may 2009

Nuria Villa Vicente e Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel da XVII Feira do Viño

A rosaleira Nuria Villa Vicente, natural de San Xoán de Tabagón e a ecuatoriana residente en Madrid, Vannia Palacio Suárez, veñen de ser elixidas como as gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal que este ano se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo na Praza do Calvario. Como é tradicional estarán representadas a maioría das adegas pertencentes á subzo-
na do Rosal, nun evento que hoxe por hoxe recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, da gran variedade de produtos típicos e as numerosas actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días.

5 may 2009

Presentouse o equipo "Sempre ó Corte" que participará no Campionato Galego de Rally

O venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally. Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competi-
rán tamén no grupo X pero na clase 12. Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro -entre outros pilotos- Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo. O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernández Portela, ademais dos seus patrocinadores así como a desinteresa-
da cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO. En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally. Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari, un Mitshubishi Evo IX e tamén un Evo X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:

3 may 2009

Os Campelos si son profetas na súa terra

O día 1 de maio e con motivo das festas na honra de San José actuou tamén na Praza de Novás o dúo humorístico "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) cun novo éxito de crítica, público e aínda... máis risas. Mentres os cómicos rosaleiros se caracterizaban para un novo espectáculo a organización aproveitou para realizar a tradicional subhasta de produtos que estivo a cargo do coñecido Manolo Armán como podedes comprobar na nosa reportaxe: