FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 abr. 2009

Fedra Alcaraz actuou como "Contacontos"

O mércores 29 de abril e organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, tivo lugar un "Contacontos" a cargo de Fedra Alcaraz, veciña de Fornelos. Preto da trintena de nenos e nenas disfrutaron dos relatos de Fedra no "Rincón do Conto" da Biblioteca Municipal do Rosal.

Manual básico de lexicografía. Este é o título da nova publicación de José Martínez de Sousa

Foi remitido recentemente á nosa redacción o último libro do escritor rosaleiro José Martínez de Sousa (http://www.martinezdesousa.net/) que leva por título Manual básico de lexicografía, de Ediciones Trea (Asturias). Nesta ocasión o autor pretende "introducir al lector en los entresijos de una técnica científica llamada lexicografía y explicar qué es una obra lexicográfica (por ejemplo un diccionario o una enciclopedia) y cómo se definen, manejan y emplean los términos que dan vida a esa técnica". Como soe ser habitual en Sousa, dedícalle esta publicación de máis de 400 páxinas á súa dona, Pilar. Lembramos que o rosaleiro desempeñou, entre outros cargos, o de presidente da Asociación Internacional de Bibliología (AIB) e da Asociación Española de Bibliología (AEB), da que actualmente é presidente honorario.

27 abr. 2009

Comeza no Rosal o ciclo "Cinemas Dixitais"

A concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo ofrece para o vindeiro mes de maio o ciclo "Cinemas Dixitais", dedicado ao cine en galego. Trátase dun proxecto que pon en marcha a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural xunto coa Axenda Audiovisual Galega. A primeira proxección -"O partido"- terá lugar o sábado día 2 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Trátase dunha comedia dirixida por Juan Calvo e protagonizada, entre outros por Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Eloy Yebra ou Antonio Durán "Morris". O seu argumento: Unha fábrica do sector da metalurxia en problemas sufre un cambio importante cando a merca unha firma internacional americana. A situación vai a peor e xurde a idea de organizar un partido de confraternización. Pero esta iniciativa acaba sendo un "reto deportivo" entre directivos e traballadores.

Celebráronse Confirmacións en Santa Mariña

O sábado 25 de abril tivo lugar na igrexa de Santa Mariña do Rosal a cerimonia de Confirmación de 28 rapaces da parroquia. Ao estar convalecente o bispo da diócese Monseñor D. José Diéguez Reboredo, administrou este sacramento o Vicario pastoral D. Juan Andión Marán. Este acto solemne, que contou coa participación do coro parroquial, foi así mesmo cooficiado polos cregos D. Julio Ramos Rodríguez e D. Isaac Penela Carbajales. Aquí vos deixamos esta pequena reportaxe:

Unha rosaleira presentou o seu estudo no IX Simposio de Psicolingüística, 2009

Segundo recollen diferentes medios de comunicación arredor dun cento de expertos nacionais e internacionais reuníronse no IX Simposio de Psicolingüística, que se celebrou en Santiago de Com-
postela dende o 23 ao 25 de abril. A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa, licenciada en Filo-
loxía Hispánica, Periodismo e na actualidade estu-dando Psicoloxía na capital de Galicia presentou neste congreso o seu traballo de inves-
tigación "Adquisición lingüística hasta los dos años. Etapas holofrástica y telegráfica". Os responsables do evento, que se celebra en España cada dous anos, foron o catedrático da Facultade de Filoloxía, Carlos Acuña Fariña, e a profesora titular da Facultade de Psicoloxía, Isabel Fraga Carou, ambos os dous da Universidade de Santiago. Expertos da «máxima solvencia mundial» como os lingüistas Ronald Langacker (San Diego) e Mark Steedman (Edimburgo); e os psicólogos experimentais Fernanda Ferreira (Edimburgo) e Ton Dijkstra (Universidade de Nijmegen, Holanda) estiveron presentes. Lembramos que Ronald Langacker pasa por ser o segundo lingüista vivo «máis destacado do mundo», tralo célebre Noam Chomsky.

23 abr. 2009

Cine no Auditorio para a tarde do sábado

Este sábado 25 de abril terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha dobre proxección de cine, xa que haberá unha sesión ás 18 horas e outra ás 20 horas. Na primeira poderase disfrutar da película de animación El bosque animado, longametraxe baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez sobre a vida nos bosques de Galicia e sobre como a presenza do home os amenaza. Na segunda se proxectará A lingua das bolboretas, versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas. José Luis Cuerda levou ao cine esta historia da infancia nun entorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española. (Fonte Wikipedia)

22 abr. 2009

O rosaleiro Óscar Braga Martínez (Xube) está disputando o Campionato Galego de Autocross

O piloto Óscar Braga Martínez, máis coñecido por Xube, naceu no Rosal o 4 de outubro de 1988. Na actualidade está disputando o Campionato Galego de Autocross na categoría de car cross. Debutou o pasado 21 de marzo no LX Autocross Arteixo no circuito José Ramón Losada de Morás, un acontecemento ao que asistiron máis de 4000 persoas aproveitando o bo tempo que reinou durante toda a xornada. Pertencente á escudería P.A. Arteixo a súa próxima carreira será o 25 de abril en A Coruña no V Autocross O Castro (Taragoña-Rianxo) que organiza a escudería Rallyactividad. Segundo nos comentaba Xube recentemente, non tivo moita sorte na primeira proba da tempada polo que agarda que as cousas cambien e intentará resarcirse este sábado.

21 abr. 2009

David Gómez, en 109 marquesinas de Vigo

Segundo puido saber Noticiasorosal o decathleta olímpico David Gómez Martínez realizou recentemente unha campaña de publicidade para unha coñecida compañía eléctrica. Baixo o eslogan "En cada prueba dosifico mi energía, en mi hogar ahorro en consumo", dende o 14 ao 20 de abril máis dun centenar de marquesinas da cidade olívica acolleron a imaxe do atleta rosaleiro. Podedes acceder a esta campaña -que conta con multitude de deportistas de primeiro nivel- facendo click no enlace que poñemos a continuación e escollendo en "Mi ciudad", Vigo:

A VI Feira do Libro do Rosal, un rotundo éxito

A VI Feira do Libro do Rosal celebrouse o domingo 19 de abril na Sala de Exposicións da Casa do Concello e nas inmediacións da Praza do Calvario con gran asistencia de público durante toda a xornada. Nesta Feira que organizou a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, participaron entre outras librerías as rosaleiras Colores e Multi-Novás; Cervantes e Ler, da Guarda; Novidades, de Tomiño; Librería Byblos de Tui e Libraida, de Gondomar. Pola mañá, houbo "Contacontos de libros contentos", da compañía compostelá Títeres Cachirulo e pola tarde, un obradoiro de marcapáxinas, debuxo e cómic, con Santy Gutiérrez, debuxante e presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Aquí vos deixamos a nosa reportaxe da Feira:

Obradoiro do debuxante vigués Santy Gutiérrez

O domingo de tarde, e con motivo da VI Feira do Libro, tivo lugar un obradoiro de marcapáxinas, debuxo e cómic a cargo do debuxante, humorista gráfico e ilustrador Santy Gutiérrez. Segundo declaracións súas a este xornal dixital leva dedicándose profesional-
mente ao debuxo máis de 15 anos. Santy, que naceu en Vigo o 6 de novembro de 1971, traballa diariamente para xornais como La Región, El Progreso de Lugo, Atlántico Diario o La Opinión de A Coruña facendo viñetas, caricaturas e diferentes seccións. Ao longo da súa traxectoria ten conseguido multitude de premios e recoñecementos. É membro fundador do estudioBaobab e dende xaneiro de 2008 é o novo presidente da AGPI. Aquí vos deixamos a reportaxe do obradoiro que impartiu no Rosal:

Festa en Sanxián na honra de San Xulián

O domingo 19 de abril celebrouse na capela de Sanxián unha misa na honra do seu patrono, San Xulián na que dúas rapazas recibiron a Primeira Comunión. Oficiou o pai Vidal dos PP. Somascos de A Guarda e actuaron a Coral Polifónica Vagalume de Oia e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:

20 abr. 2009

O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, de novo Campión de España júnior de Duatlón

Este domingo 19 de abril o rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) proclamouse en Teruel e por terceiro ano consecutivo campión de España júnior de Duatlón. Lembramos que Óscar é o actual campión de Europa da categoría, terceiro do mundo individual e campión mundial por equipos con Mario Mola e Alberto Moreno. Nunha proba con gran nivel Óscar, que recentemente regresou a Galicia tras pasar un mes concentrado en Sudáfrica xunto a Javier Gómez Noya, mostrouse practicamente inalcalzable para os seus rivais (especialmente en ciclismo) e superou ao mallorquín Mario Mola (Bimont Champion-System), o seu gran rival e amigo, en case un minuto. O terceiro posto foi para o toledano Fernando Alarza (C.D. Tritalavera). Con razón o rosaleiro vén de ser elixido en febreiro “mellor deportista promesa provincial” na Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra.

16 abr. 2009

O sábado, no Auditorio, "O lapis do carpinteiro"

Seguindo coa sesión de cine que ten programada a concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo o sábado 18 de abril ás 20:00 horas proxectarase a película O lapis do carpinteiro, basado nunha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas. Na súa versión cinematográfica está dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luis Tosar. O seu argumento é o seguinte: No cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil, un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio. O gardián Herbal, o seu futuro asasino, obsérvao todo. A partir desta escena, o Lápis de Manuel Rivas conta unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación. (Fonte e foto: Wikipedia / Cultura Galega).

Certame de fotografía VIAXANDO 2009

Dende a OMIX do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira infórmannos que xa están dispostas as bases do Certame de fotografía VIAXANDO deste ano 2009. Lembramos que está organizado polas oficinas de información xuvenil de Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Porriño, Baiona, Gondomar e a Casa de Xuventude de Tui. Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO. As fotografías poden ser en branco e negro ou a cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4. Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita. A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI. As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o mércores 30 de setembro de 2009. Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Tomiño o venres 16 de outubro de 2009 ás 20 horas. O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado farase público o 9 de outubro de 2009. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada. O xurado poderá declarar deserto o premio. Concederase un único premio consistente nunha CÁMARA DIXITAL. A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

15 abr. 2009

Pepe Carreiro, autor de "Os Bolechas", no Rosal

Pepe Carreiro amosou a súa incomparable técnica no Centro Social Polivalente
Organizado polas concellarías de Cultura e de Educación do Rosal dentro da programación de abril como “mes dos libros”, o debuxante e humorista gráfico Pepe Carreiro estivo o mércores 15 de abril no Centro Social Polivalente. Ilustrador tamén para nenos ten acadado moita fama realizando a serie “Os Bolechas”, auténtico fenómeno cultural. E precisamente máis dun cento de rapaces e rapazas dos colexios do Rosal asistiron a unha pequena charla-obradoiro que o comiqueiro vigués ofreceu nestas dependencias municipais. Presentou o acto Isabel Franco Pérez, concelleira de Educación, quen fixo unha breve reseña biográfica do autor, para de seguido cederlle a palabra. Pepe Carreiro axiña conectou cos nenos e nenas presentes, ansiosos por ver reflectidos nas “pizarras” ás súas personaxes favoritas, isto é, aos seis irmáns: Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e Tatá, xunto ao cadelo Chispa. O coñecido debuxante foi explicando paso a paso como facía cada “Bolecha”, dende que comezaba co lapis ata que xa utilizaba o rotulador ou as correspondentes pinturas e cores. Ao final houbo unha quenda de preguntas onde os nenos e nenas “interrogaron” a Pepe Carreiro e o felicitaron pola creación desta serie. Máis de douscentos libros de “Os Bolechas” avalan a este prolífico autor, un traballo que comezou no xornal A Nosa Terra alá polo ano 2000 e que a día de hoxe ten unha acollida sen precedentes no panorama da literatura infantil galega. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe desta xornada:

Tráxico suceso na pirotecnia do Rosal

A media tarde do mércores 15 de abril escoitouse un forte estourido na pirotecnia A Rosaleira con fatales consecuencias. Alertados os corpos de seguridade confirmaron que houbera unha explosión na que desgraciadamente o seu propietario Félix Martínez Martínez faleceu no acto. Este tráxico suceso non é o primeiro que ocorre nesta pirotecnia, xa que fai anos, nun accidente similar faleceron, entre outros, os pais da vítima, Aquilino Martínez Bouzada e Odila Martínez Alonso. Así o reflectía Europa Press nunha pequena reseña nada máis ocorrer o sinistro:

13 abr. 2009

Santa Mariña do Rosal celebrou a Semana Santa

Con motivo da celebración da Semana Santa tivo lugar o Xoves na igrexa parroquial de Santa Mariña a tradicional cerimonia eucarística da Santa Cea onde se escenificou o lavatorio dos pés aos apóstolos representados por nenos. O Venres levouse a cabo tamén o típico desenclavo así como a adoración da Cruz. Seguidamente tivo lugar a procesión do Santo Enterro, que fixo o itinerario de costume (Praza do Calvario - rúa do Couso - cruce de Villa - rúa Ramón Franco - igrexa parroquial). O Sábado á media noite celebrouse a Misa de Gloria, previa bendición do lume no mesmo adro. Despois procedeuse á bendición da auga e tamén á administración do sacramento dun bautismo. A parroquia de Santa Mariña convidou rematados os actos litúrxicos aos asistentes á típica "rosca de pascua". Non faltou a actuación dun grupo de gaitas comandado polo veterano Emilio Flores que animou o ambiente. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe destes días:

O ilusionista Yuri Cardinali actuou no Rosal

O sábado 11 de abril o bar D'Bute (Pancenteo-O Rosal) acolleu un espectáculo de maxia a cargo do ilusionista profesional Yuri Cardinali, seudónimo de Rui Cardinali Silva, descendente dunha familia circense italiana http://yuricardinali.com/. Case vinte anos avalan a este mago que -co seu show de trucos, escapismo, danza do ventre ou mesmo a "participación" de serpes- ten realizado infinidade de actuacións en Portugal, Francia e agora en España. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe que fixemos no mencionado bar da xuradía de Marzán:

9 abr. 2009

A web de David Gómez, de novo na rede

O propio David informounos mediante un correo electrónico enviado á nosa redacción de que despois de moito tempo coa súa páxina web parada por motivos técnicos xa está de novo en funcio-namento. David Gómez Martínez cóntanos que está moi a gusto na súa andaina pola capital de España, tanto no persoal como no deportivo, a pesar de atoparse lesionado nos tendóns de aquiles. Podedes acceder mediante dúas direccións, a de ata agora http://davidgomez.interatletismo.es/ e a nova: www.davidgomezmartinez.es.

Curso de Primeiros Auxilios e Socorrismo

Segundo informa Neli Rodríguez, a "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" convoca un novo curso de primeiros auxilios e socorrismo terrestre. O prazo para inscribirse xa está aberto e está dirixido a personas maiores de 16 anos. O curso ten unha duración de 40 horas (teórico-prácticas) sendo baremable para o Sergas. Para máis información facede click no seguinte enlace:

8 abr. 2009

Concerto da Agrupación Musical do Rosal

En primeiro término Diego Javier Lorente López, director da Banda do Rosal
Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do concerto que ofreceron a banda e o coro da Agrupación Musical do Rosal o domingo 5 de abril no Auditorio:

7 abr. 2009

COGAMI ofreceu unha charla no colexio da Mata

Segundo informa Sandra Alonso, educadora familiar do Rosal, recentemente (o 2 de abril) tivo lugar no CPI Manuel Suárez Marquier unha charla sobre Educación Vial impartida por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ao alumnado de 4º da ESO e 2º de Diversificación Curricular. Susana Seoane, traballadora social da entidade comezou falando sobre as lesións medulares e as formas máis comúns de producirse: accidentes de tráfico, mergullos en mar, ríos e piscinas e tamén en accidentes laborais. Segundo Seoane “o 50% das lesións medulares débense a accidentes de tráfico. O alcol, as drogas e o exceso de velocidade son as principias causas destes sinistros. O 80% das vítimas non cumpriron os 30 anos, e moitos deles non usaron nin cinto nin casco”. Comentou tamén as consecuencias que provocan estas lesións, sendo moi frecuentes os problemas psicolóxicos, xa que “é un golpe moi difícil de superar. O shock producido, a sobreprotección da familia e a incomprensión da sociedade son as principias barreiras mentais”. Así mesmo falou das outras barreiras, as arquitectónicas e as sociais que son outros impedimentos comúns que se atopa unha persoa con movilidade reducida. A continuación Fabián de Saa contou aos rapaces e rapazas a súa experiencia a raíz dun accidente de moto que sufriu hai 8 anos, cando contaba con 17. Relatou como foi a súa reacción cando espertou do accidente e o traslada-ron en helicóptero ao Juan Canalejo da Coruña. Como foron os días que seguiron, a reacción da súa familia e as dificultades que supuxo aceptar a súa nova situación. Fabián contou que tivo que “aprender a moverme e a realizar cousas tan sinxelas como son facer a cama ou entrar na ducha”. Unha visión de como cambiou a súa vida, coas dificultades que se atopa nas cidades, discotecas, cines… algo no que antes nin reparaba e do que os alumnos do colexio Manuel Suárez Marquier tomaron boa nota.

O Mecalia Atlético Novás, camiño da DHB

Aínda que perdeu na última xornada co Universidad de León ADEMAR por 27-38, o Mecalia Atlético Novás de balonmán xogará a fase de ascenso á División de Honor B. Torrelavega será a sede do grupo primeiro de dita fase que organizará o conxunto local do Grupo Pinta no Vicente Trueba os días 24, 25 e 26 de abril. Ata agora son fixos para xogar neste pavillón os equipos Alonso Moguer, o Mecalia Novás, os anfitrións do Grupo Pinta e o Vinaroz do grupo C. Para máis información facede click no seguinte enlace: www.atlnovas.mforos.com. Así mesmo aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica que realizamos do último partido de liga xogado no Rosal:

6 abr. 2009

Santa Mariña celebrou o Domingo de Ramos

O domingo 5 de abril centenares de fieis reuníronse na Praza do Calvario para proceder á bendición dos ramos, que estivo a cargo do abade párroco D. Julio. Rematada esta cerimonia organizouse a procesión cara á igrexa presidida pola cruz parroquial. Xa no interior do templo houbo a ofrenda de ritual para a celebración da Eucaristía. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica desta xornada:

2 abr. 2009

O Colexio Maristas de Tui nos muíños do Folón

O xoves 2 de abril e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, visitaron a nosa vila 52 alumnos/as de 3º e 4º de Primaria do Colexio Maristas de Tui, acompañados dos profesores Nuria Buján Garrido e o rosaleiro Jorge Álvarez Senra. Dende a Praza do Calvario puxeron dirección aos Muíños do Folón, e máis concretamente ao nº 1, o das Laxes, onde se realizou unha demostración de moenda. Aquí vos deixamos as fotografías da súa ruta:

1 abr. 2009

Concerto da Banda de música e o Coro da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio

O domingo 5 de abril ás 20 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal un concerto da Banda de música e o Coro da Agrupación Musical do Rosal. O programa é o seguinte: Ester - Ramón García i Soler; Rubicon - Bert Appermont (soprano solista Toñi Santos Vaquero); Polifemo - Andrés Valero; Lela - letra de Alfonso Rodríguez Castelao e a música de Rosendo Mato Hermida con arranxos de Diego J. Lorente López; Canto ó Rosal - Letra de Manuel da Ventosela e música de José Marino González con arranxos de Diego J. Lorente López (director da Banda do Rosal). Organizan e colaboran: a Agrupación Musical do Rosal, o Concello, a Deputación de Pontevedra, a Fundación O Rosal e a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte).

Charla sobre Educación Vial a cargo de COGAMI

O xoves 2 de abril terá lugar no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal unha charla de Educación Vial dirixida a 58 alumnos/as de 4º da ESO e de 2º de Diversificación Curricular dese centro. Por segun-
do ano consecutivo persoal de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) colabora nesta iniciativa no colexio público rosaleiro. Haberá dúas sesións de 50 minutos cada unha. A primeira de 9:50 a 10:40 horas e a segunda de 10:40 a 11:30 horas. Intervendrán nesta charla Fabián de Saa, voluntario que contará a súa experiencia persoal, Susana Seoane, traballadora social de COGAMI e Ángel Holguera, coordinador de actividades de COGAMI.

Campamentos de verán da Deputación

Segundo nos informan dende a OMIX do Rosal, xa está aberto o prazo para solicitar os campamentos de verán da Deputación Provincial de Pontevedra que se desenvolven no "Cen-
tro de Vacacións A Lanzada". Este ano organízanse 10 quendas de campamentos que se reparten entre a última semana de xuño, os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas da provincia nados entre os anos 1996 e 2001 (ambos inclusive) e o prezo por neno/a é de 68€. Para efectuar a reserva da praza terán que remitir a solicitude xunto á documentación requerida ata o 17 de abril. Máis información no Centro Polivalente do Rosal ou no teléfono 986 609450.