FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept 2008

A Asociación Sociocultural O Cachón (Teo-A Coruña) de visita na nosa Vila

A "Asociación Sociocultural O Cachón" pousando para a foto ao pé da ringleira de muíños de Martín
O domingo 28 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou o noso pobo rosaleiro unha representación da "Asociación Sociocultural O Cachón" da parroquia de Calo (Teo), máis concretamente 23 persoas de Vilar de Calo e Cabovila. Entre eles atopábase a súa presidenta Celia Casal Castiñeiras e membros da directiva. Antes de achegarse a O Rosal e admirar os nosos Muíños, realizaron unha viaxe por toda a costa que os levou por exemplo a Nigrán, Baiona (onde visitaron o Parador e a Virxe da Roca) ou A Guarda (parando no Castro e o Museo de Santa Trega).

O Rosal, "em destaque" na prensa portuguesa

O Grupo Lirolai nunha das súas actuacións na Casa da Anta (Lanhelas-Portugal)
Co título: "O ROSAL FOI O CONCELHO GALEGO EM DESTAQUE NA FESTA LUSO-GALAICA DA CASA DA ANTA" o Jornal Digital Caminha 2000, de periodicidade semanal, no seu número 407 (27 Setembro ao 3 Outubro, 2008) realiza unha reportaxe da XVI Festa que se celebrou en Lanhelas e que tivo a O Rosal como concello convidado. Aquí vos deixamos o enlace a esta noticia do xornal portugués: http://www.caminha2000.com/jornal/n407/lanhelas.html

25 sept 2008

Tres brasileiras con familiares e ascendentes galegos visitan os Muíños do Folón e do Picón

O xoves 25 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo do Rosal, achegáronse ata a nosa Vila para coñecer os Muíños do Folón e do Picón as brasileiras María de Lourdes de Oliveira Torres, Anita Fernandes Rodrigues e María Aparecida de Oliveira Torres. Antes de partir para a súa terra déronse un "paseíño" por Europa visitando países como Turquía, Portugal ou recentemente, Grecia e finalizando en España, coa visita a Galicia e máis concretamente ao Rosal.

24 sept 2008

Tivo lugar a tradicional Romaría de Santa Trega na Vila da Guarda

Detalle das inmediacións da capela de Santa Trega durante a misa solemne
Como cada 23 de setembro a "Hermandad del Clamor" (asociación eclesiástica que reúne ás sete parroquias do Rosal e A Guarda) celebrou a tradicional e piadosa Romaría de Santa Trega. Tal e como estaba programado as misas comezaron ás 8 da mañá e remataron ás 11 coa misa solemne. Esta foi oficiada polo párroco guardés D. Jesús García Villadóniga. Seguidamente saíu a procesión coa Santa e a Reliquia, acompañadas de distintas autoridades e os numerosos devotos facendo o itinerario de costume. Finalizou esta romaría coa típica puxa das ofrendas dedicadas á protomártir Santa Trega. Aquí vos deixamos o vídeo desta tradicional romaría do Baixo Miño:

22 sept 2008

O Rosal tamén contará cunha aula na Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota

Despois dunha reunión entre colectivos culturais e representantes públicos do Concello do Rosal, e ante o grande interese amosado polos veciños rosaleiros en iniciarse ou perfeccionarse na aprendizaxe do teatro, a Asociación Cultural Terras do Baixo Miño -promotora e directora do proxecto- formará unha aula tamén na nosa Vila. Lembramos que o curso comezará o 1 de outubro e que a idade mínima para poder acceder ás clases é de 6 anos, contando con mestres especialistas na materia.
Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono 687 022 348.

21 sept 2008

Celebrouse a XVI Festa Luso Galaica que tivo a O Rosal como concello galego convidado

Germano Ramalhosa, propietario da Casa da Anta, agradecendo ao alcalde do Rosal, Sr. Fernández Portela, os agasallos recibidos
Celebrouse o sábado 20 de setembro no Hotel Rural Casa da Anta a XVI Festa Luso-Galaica, sendo O Rosal o concello galego convidado. Pronunciou o pregón deste ano o escritor e investigador Xoán Martínez Tamuxe. Entre os asistentes a este evento atopábanse o alcalde da Vila, Jesús María Fernández Portela na compaña da súa dona, membros da corporación municipal, representantes e presidentes da Fundación O Rosal, Grupo Filatélico e Numismático da localidade ou da Agrupación Musical rosaleira. Tamén fixeron acto de presencia os escultores Julio Martínez Martínez e o tomiñés Magín Picallo, os debuxantes Manuel "Sandianes" e Marina Domínguez así como a poetisa -pregoeira do pasado ano- Andrea Pousa, a presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, Julia Sobrino ou o ex-alcalde de Tomiño, José Luís F. Lorenzo. Pola banda portuguesa achegáronse ata a Casa da Anta, entre outros, o Dr. Francisco Sampayo, o escritor Castro Guerreiro e tamén xornalistas e representantes das Cámaras municipais de Camiña e Vilanova de Cerveira. Durante toda esta xornada houbo múltiples exposicións e actuacións de artistas dunha e doutra beira do río Miño. Os grupos folclóricos Lirolai e Lavradeiras da Meadela amenizaron esta cea de convivio luso-galaica. Noticiasorosal estivo en Lanhelas facendo a seguinte reportaxe en forma de vídeo: http://es.youtube.com/watch?v=vK8jRjFjUA4

20 sept 2008

Aínda quedan prazas para o novo Taller de Estimulación da memoria

Participantes no anterior Taller de Estimulación da memoria amosando os seus diplomas
Segundo nos informa Neli Rodríguez, o próximo 1 de outubro a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño reanudará por sexto ano consecutivo o Taller de Estimulación de memoria para maiores de 65 anos. Este proxecto que comezou en 2003 e que se realiza nas aulas cedidas polo "Club de jubilados y pensionistas de A Guarda", está coordinado polos voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella. Co tempo foise consolidando, aumentando o número de usuarios e diversificando as súas actividades. Con este taller, ademais de conservar a capacidade e destreza mental dos máis maiores, preténdese ocupa-lo seu tempo libre e promover as súas relacións interpersoais, potenciando e mellorando a súa autoestima. Hai que dicir que estas actividades son de carácter gratuito. Para máis información poden dirixirse aos teléfonos: 986 61 46 09/ 606 348 471, ou achegándose ás oficinas de Cruz Vermella na rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo. Velaquí vos deixamos o vídeo da entrega de diplomas que se celebrou con motivo do anterior taller no Centro Cultural da Guarda o 1 de xullo deste ano: http://es.youtube.com/watch?v=Fdqe0GEDZJs

18 sept 2008

Torneo de balonmán feminino na Guarda (19-20 de setembro)

Segundo información remitida a Noticiasorosal, esta fin de semana (venres e sábado) xogarase un torneo de balonmán feminino na Vila da Guarda no que participarán o Seis do Nadal, Chapela, Lavadores e o anfitrión Mecalia Atl. Guardés. O primeiro partido dará comezo o venres ás 20:00 horas e enfrontará ao Seis do Nadal (2ª Nac.) contra o Mecalia Atl. Guardés (1ª Nac.)
O segundo, disputarano o Chapela (2ª Nac.) contra o Lavadores (1ª Nac.)
Os partidos polo terceiro e cuarto posto terán lugar o sábado ás 18:00 horas, xogándose dúas horas e media máis tarde a final. Temos que lembrar que a presidenta do Mecalia Atl. Guardés é Esperanza Iglesias Vilachá, veciña de Pías (O Rosal).

Visita turística a O Rosal dos maiores de Allariz (Ourense)

O xoves 18 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, tivo lugar unha visita a O Rosal dunha representación dos maiores -según eles mesmos, mozos- de Allariz. Acompañando ao grupo estaban, entre outras, a Concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego Cid e a rosaleira Ana Pérez Cardoso, Técnica de Igualdade dese concello ourensán. En primeiro lugar e ás 10'30 horas visitaron a igrexa parroquial de Santa Mariña, onde os agardaban o guía municipal rosaleiro e o noso abade, D. Julio Ramos quen amablemente lles ofreceu unhas pequenas explicacións do templo e do altar maior barroco. Seguidamente tomaron uns cafeciños e puxeron rumbo aos Muíños do Folón. Aquí puideron admirar a conversión do millo en fariña na demostración de moenda que se realizou no "Muíño das Laxes". Rematada esta, comezaron o percorrido polos nosos muíños rosaleiros, facendo (como bos mozos) a ruta completa nun ambiente de ledicia e cordialidade. As Aceñas foi o seu seguinte destino, onde pararon a comer antes de achegarse ao veciño concello da Guarda. Aquí vos deixamos as fotografías da súa estadía na nosa Vila:

15 sept 2008

Todo preparado para a XVI Festa Luso-Galaica en Casa da Anta

Noticiasorosal estivo este luns 15 de setembro en Lanhelas, na Casa da Anta comprobando que xa está todo listo para a XVI Festa Luso-Galaica, que ten este ano a O Rosal como convidado. O seu responsable, Germano Ramalhosa, recibiunos na súa magnífica morada ensinándonos tódolos pormenores da Casa. Os cadros e debuxos de Florindo Álvarez, Marina Domínguez e Manuel Rodríguez "Sandianes" xunto coas esculturas de Félix Fidalgo e Julio Martínez xa estaban colocadas e expostas para que as preto de 400 persoas que se agardan as admiren. Nun dos múltiples departamentos e salas da Casa da Anta observamos tamén unha selección das obras culturais e turísticas publicadas polo Concello do Rosal. Todo preparado para que o sábado 20 de setembro ás 19:30 horas (portuguesas) dé comezo esta xuntanza, esta Festa de amizade entre Galicia e Portugal.

12 sept 2008

Na Revolta presentará o seu novo disco no Auditorio Municipal de O Rosal

Fotografía do grupo Na Revolta extraída da súa web oficial
Na Revolta, grupo de música tradicional que naceu na Guarda en 2001, presentará o seu novo disco "Na Revolta... al punto" no Auditorio Municipal do Rosal o 10 de outubro, dentro do programa das Festas do Pilar 2008. Integrado por Elena, Diego, Silvia, Iván, Miguel e Xurxo este conxunto ofrece un repertorio que conxuga pezas populares con composicións propias, coa influencia de diferentes ritmos da cultura asturiana ou mesmo da irlandesa. Para coñecelos un poquiño máis aquí vos deixamos o enlace á súa web oficial: http://www.narevolta.mihost.eu/gl

11 sept 2008

Talleres de inverno para nenos e nenas

O próximo luns, 15 de setembro, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño abrirá o prazo de inscrición dos seus talleres de inverno para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. No mes de outubro os voluntarios e voluntarias desta asemblea iniciarán unha serie de actividades, os mércores no CEIP Mestre Manuel García de Oia e os luns e sábados na súa sede, na Guarda. Talleres de Mediación Social onde se ofrecerá aos menores unha intervención integral mediante o apoio escolar reforzando as súas iniciativas e as súas relacións cos demais compañeiros ou talleres para favorecer o correcto desenrolo das habilidades psicomotrices finas dos nenos e nenas, a súa imaxinación, etc.
Para realizar as inscricións ou informarse sobre calquera dúbida poden dirixirse ao teléfono 986 61 46 09 ou achegándose as súas oficinas na rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo. Temos que lembrar que tódalas actividades desenroladas por Cruz Roja son gratuitas.

Programa das Festas do Pilar 2008 no Rosal

Chegada da procesión á igrexa de Santa Mariña nas Festas do Pilar do ano pasado
O departamento de Cultura que preside Charo Tabales Perozo facilitounos o programa das Festas do Pilar 2008 que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de outubro.
·O venres 10 terá lugar o Obradoiro de tellas para nenos e nenas a partir das 16:00 horas na Praza do Calvario. Ás 21:00 h. no Auditorio Municipal actuará o grupo de música Na Revolta.
·O sábado 11, e á mesma hora (16 h.) novos Obradoiros de decoración das tellas, cadros de area e coiro. A partir das 10 da noite na Praza, gran verbena amenizada polas orquestras Chicago e Televisión.
·O domingo 12, ás 11 da mañá pasarrúas e ás 12 h., Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. A partir das 17:00 horas, comezará a XXI Festa de lembranza aos Cabaqueiros, que contará este ano como pregoeiro con D. Avelino Bouzón Gallego, Director do Arquivo Histórico-Diocesano de Tui.
Este ano tamén haberá demostracións doutros oficios, tales como o de canteiro e de ferreiro durante todo o día. Xa ás 20 horas porá o broche de ouro a estas Festas do Pilar 2008 a Agrupación Musical do Rosal ofrecendo un concerto.

A revista Cultura Baixomiñota publica o seu terceiro número

O número 3 da revista Cultura Baixomiñota correspondente ao mes de setembro xa está na rúa. Dirixida por Enrique Álvarez e contando na redacción con Beti Rey e Juan Ramón Martínez Barbosa, realízase nesta ocasión unha reportaxe co título Achégase a vendima onde se fala do viño do Rosal que "é sinónimo de calidade e excelencia". Por suposto a axenda cultural, turística e de ocio deste mes no Baixo Miño está reflectida nas súas páxinas. A sección de Gastronomía está dedicada ao restaurante "Casa da Pintora" de cociña tradicional. En canto á reportaxe Escapada, os protagonistas -con máis de media ducia de fotografías a toda cor- son os Muíños do Folón e Picón.

9 sept 2008

O ciclista Serafín Martínez Acevedo está disputando a "Vuelta a España 2008"

Por segundo ano consecutivo o ciclista rosaleiro Serafín Martínez Acevedo do equipo Xacobeo Galicia, que dirixe Álvaro Pino, disputa a "Vuelta a España". O novo patrocinador, que substitúe ao Karpin Galicia nesta volta e ata peche de temporada, pretende dar unha oportuni-
dade aos ciclistas galegos para continuar a traxec-
toria deportiva en Galicia ao máximo nivel. Así mesmo quere ser un referente para os ciclistas que comezan a súa carreira e para o ciclismo base. Temos que lembrar que Serafín Martínez Acevedo tivo unha destacadísima actuación na edición da Vuelta a España 2007 onde chegou a levar o maillot da Montaña nas nove primeiras xornadas. O 22 de setembro dese ano o Concello ofreceulle unha recepción oficial e entregoulle a Insignia de Ouro do Rosal en forma de pin. Para máis información podedes visitar a páxina do xornal MARCA e seguir as evolucións de Serafín, que de momento, e tras doce etapas, está no posto 116 da clasificación xeral a 01:14:03 do líder Egoi Martínez (Euskaltel-Euskadi): http://www.marca.com/ciclismo/2008/vuelta/clasificaciones/

8 sept 2008

Chamamento de Cruz Roja Española

Segundo nos informa Neli Rodríguez, a dirección de Cruz Roja Española decidiu facer un chamamento para captar doazóns en favor das vítimas dos Huracáns 2008 que están asolando a diferentes países do mundo e en especial do Continente Americano. Pódese facer de diferentes formas: mediante entidades bancarias, en internet (http://www.cruzroja.es/), no teléfono 902 22 22 92 ou por mensaxe de móvil, enviando un sms co texto CR ao 5280 (só clientes Vodafone). O prezo da mensaxe é de 0.90 Euros + 16% de IVA. A cantidade total (1,04 Euros) se cede directamente a Cruz Roja Española.

Reportaxe fotográfica do 3º Encontro de Lambrettas na Praza do Calvario

Recibidos pola concelleira de Turismo do Rosal, Mª de los Ángeles Vicente Manzano, chegaron tamén á Praza do Calvario -coincidindo coa II Feira de Oportunidades- os integrantes deste 3º Encontro de Lambrettas luso-galaico. Para ver as fotografías deste evento na nosa Vila, facede click no seguinte enlace:http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/09/3-encontro-de-lambrettas-portugal.html

7 sept 2008

Celebrouse a II Feira de Oportunidades

Vista parcial da Praza con algúns stands desta II Feira de Oportunidades
Como tíñamos anunciado, aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica da II Feira de Oportunidades que se celebrou o domingo 7 de setembro na Praza do Calvario. Para ver as imaxes facede click en: http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/09/ii-feira-de-oportunidades-na-praza-do.html

6 sept 2008

Créase a Escola Comarcal de Teatro

A Asociación Cultural Terras do Baixo Miño que preside Enrique Álvarez infórmanos da posta en funcionamento da Escola Comarcal de Teatro. Dita escola contará con aulas en Tui, Tomiño e A Guarda coa intención de cubrir os cinco concellos do Baixo Miño. Haberá un equipo multidisciplinar con ampla experiencia que dará clases de interpretación, clown, malabares... O curso dará comezo o 1 de outubro. Este proxecto súmase a outros dirixidos pola Asociación como a guía “Cultura Baixomiñota”, publicación mensual con toda a axenda da cultura, ocio e turismo da comarca.

5 sept 2008

A revista Go! dedícalle unha reportaxe aos Muíños do Folón e Picón

A revista Go! de Vigo dedicou fai pouco unha reportaxe sobre os Muíños do Folón e Picón na súa sección de Turismo, baixo o epígrafe "Te interesa. No te lo pierdas". Se ben temos que dicir que o texto está copiado integra-
mente da páxina de turismo do Concello. Dirixida na cidade olívica por Waldo Daniel Castro, dende Internet eles mesmos definen o seu portal de ocio, noticias e cultura (http://www.laguiago.com/vigo/) como "el más completo de España, con toda la información de conciertos, festivales, cine, teatro, exposiciones, restaurantes, locales de copas y mucho más".

Dobre compromiso para o Mecalia Novás de O Rosal. Copa Galicia e Torneo organizado polo Atlético Guardés

Axenda apretada para o Mecalia Novás. O venres, e ás 20:30 horas no pavillón A Pinguela de Monforte de Lemos, o Mecalia Novás de O Rosal disputará unha das dúas semifinales da II Copa Galicia fronte á Sociedade Deportiva Teucro. A outra semifinal será entre o Pilotes Posada e o Frigoríficos do Morrazo. En caso de gañar, o Novás disputaría o domingo en Bueu a final ás 13:00 horas.
O sábado 6, nun torneo que organiza o balonmán guardés, enfrontaranse a partir das 18:30 horas o Magope Seis do Nadal contra o Calfoncal Lavadores e de seguido o Atlético Guardés contra o Mecalia Novás. Os partidos polo terceiro posto e a final disputaranse o domingo a partir das 11:30 horas no pavillón municipal de A Guarda.

4 sept 2008

O 3º Encontro de Lambrettas Galicia-Portugal parará no Rosal

Este domingo 7 de setembro terá lugar o 3º Encontro de Lambrettas de Galicia-Portugal. A saída será dende Vila do Conde, cidade portugue-
sa do distrito de Oporto. O paseo, que está organizado por Jesús Vieito, está previsto veña á Praza do Calvario sobre as 13:00 horas españolas. A chegada destas motos coincidirá coa II Feira de Oportunidades, que se estará celebrando tamén na praza da Vila, polo que se agarda unha gran afluencia de público. Estes amantes das lambrettas rematarán a súa estadía no Rosal cunha comida nun coñecido restaurante da zona. (Fotografía: Cris Tobío).

3 sept 2008

O Rosal, protagonista da XVI Festa Luso-Galaica organizada pola Casa da Anta

Este ano 2008 o convidado á Festa Luso-Galaica. Encontro de Culturas, Desporto e Turismo do Norte de Portugal e Galiza, será o Concello de O Rosal. Organizado pola Casa da Anta (máis información en www.casa-da-anta.com), este evento, que xa vai pola súa XVI edición, estará dedicado á nosa Vila. O sábado 20 de setembro, ás 19'30 horas do país veciño, haberá unha "Cea de Convivio" con gastro-
nomía e animación cultural galega e portuguesa.
O pregoeiro desta XVI Festa Luso-Galaica será o historiador e investigador rosaleiro Tamuxe: (http://www.xoanmartineztamuxe.blogspot.com/).
Neste Encontro, celebrarase unha exposición coas publicacións culturais e turísticas do Concello. Haberá unha mostra dos nosos artistas Florindo Álvarez Martínez (óleo, debuxos e escultura), Félix Gómez Fidalgo e Julio Martínez Martínez (escultura), Marina Domínguez Lomba (óleo e debuxo) e Manuel Rodríguez Álvarez (debuxo).
Actuará o Grupo Lirolai da Agrupación Musical do Rosal e poderanse degustar os produtos típicos da Fábrica A Rosaleira e da Adega Terras Gauda.
A organización confirmou a asistencia de entidades oficiais da Comunicación Social, da Cultura, Deporte e Turismo do Norte de Portugal e de Galicia.

2 sept 2008

Ábrese o prazo de inscrición para os cursos organizados pola OMIX do Concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal infórmanos que xa está aberto o prazo de inscrición para os diferentes cursos que se van celebrar no mes de outubro. As persoas interesadas na realización das actividades ofertadas deberán presentar no Rexistro Municipal a correspondente solicitude en impreso facilitado polo Concello. A admisión nos cursos realizarase por rigorosa orde de inscrición. En caso de cubrirse as prazas, abrirase unha lista de espera que se rexerá polo criterio de selección anterior. Estes son os cursos: XIMNASIA FUNCIONAL Días e horas: luns, mércores e venres de 18:00 a 19:00 horas no Centro Social Polivalente. XIMNASIA MANTEMENTO—AERÓBIC Días e horas: 20:30 a 21:30. Pendente de confirmar os días no Pavillón do CPI Suárez Marquier. IOGA Día e hora: luns pola tarde de 20 a 21:30 horas no Centro Social Polivalente DANZA DO VENTRE Día e hora: xoves de 20:00 a 21:30 no Centro Social Polivalente. PINTURA NENOS E ADULTOS Días e horas: Adultos: xoves e venres de 20:00 a 21:30 horas Nenos: sábado de 11:30 a 13:30 horas OBRADOIRO DE MEMORIA Día e hora: martes e xoves de 17:00 a 18:00 no Centro Social Polivalente.
Outros cursiños que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) tamén quere organizar: BAILE TRADICIONAL LABORES COSTURA PARA PRINCIPIANTES ARTE FLORAL