TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

10 jul. 2008

Tres rosaleses (rosaleiros) representan a Galicia no Campionato de España de Billar

Despois da Liga Regular e dunha durísima Final Provincial, celebrada en Ponteareas, o equipo POOL CHAOS "OS ELECTRÓNS", formado por tres rosaleiros, Rafael Martínez Alonso, Sergio Rodríguez Rodríguez e Juan Carlos Treinta Martínez, logran facerse coa praza para loitar polo Campionato de España de Billar Pool Bola 8. A este torneo acuden os 64 mellores equipos nacionais.

Pois ben, o venres día 4 de xullo celebrouse na cidade de Lugo e no Pazo de Feiras e Congresos o dito campionato estatal, onde os nosos rosaleiros acudiron ao certame representando á Selección Galega de Billar Pool Bola 8.
Despois de varios encontros conseguen clasificarse dentro dos 32 mellores equipos de España, pero resultan eliminados contra un dos conxuntos que eran favoritos á vitoria final.

Ese mesmo día, xa pola noite, tivo lugar a entrega de trofeos, sendo presentado o evento por Fernando Romay (ex-xogador de baloncesto do Real Madrid e da Selección Española) e Vania Millán (Miss España 2002) outorgándolle ao clube Pool Chaos da Guarda, onde entrenan os nosos xogadores, o título de mellor clube de España. Recolleu o premio o seu activo presidente, o tamén rosaleiro Saúl Carrera, de San Miguel de Tabagón.
A nosa noraboa!

0 comentarios:

Publicar un comentario