FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 feb 2012

TRES MEDALLAS PARA O SAN XEROME NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CELEBRADO EN VIGO



Carlos González Blanco / San Xerome

Coa participación de 12 clubs deportivos de toda Galicia, tivo lugar o mércores 29 de febreiro no Parque de Castrelos de Vigo, o Campionato Galego de campo a través, organizado pola Federación Galega de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEGADDI).

Iniciouse o Campionato coas probas adaptadas, nas que Rosa María obtivo o cuarto posto da categoría de xogo feminina.



A representación do San Xerome na categoría de competición, foi sobresaínte: Borja Cadilla foi terceiro na categoría masculina (Fran Carrera, do Club San Rafael é o novo Campión galego); Maite Santos e Amparo Ferreira, segundas e terceiras respectivamente na categoría feminina, na que Sonia García do Club Racing de Chapela conseguiu o primeiro posto. Javi Vieira, lesionado, acadou un meritorio octavo posto.

Noraboa aos integrantes (deportistas e adestradores) da sección de atletismo do Club San Xerome.

A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ ACADA O PREMIO EXTRAORDINARIO DE FIN DE CARREIRA EN PSICOLOXÍA (USC)


Sara Marsillas e Ruth Martínez pousan para o obxectivo de Noticias O Rosal


O pasado venres 24 de febreiro, co gallo da festividade de San Juan Huarte de San Juan, patrón da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, tivo lugar a entrega de insignias ás dúas alumnas galardoadas este 2012 co distintivo de Premio Extraordinario de Fin de Carreira, que concede a Facultade anualmente aos mellores expedientes durante a Licenciatura.

A homenaxe, así como a entrega de insignias tivo lugar ás 12 da mañá, abrindo o acto oficial o Reitor da USC, D. Juan José Casares Long, a Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e a Decana da Facultade de Psicoloxía, Carolina Tinajero, contando ademais coa participación doutros profesores.

A continuación fixo a súa intervención o Catedrático de Universidade da área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos da Universitat de València, D. José Sánchez Cánovas. A súa conferencia levou por título “Psicoloxía e Evolución: 200 anos de Darwin”.

O evento se pechou coa mencionada entrega das insignias dos Premios Extraordinarios de Licenciatura, á rosaleira Ruth María Martínez Barbosa (colaboradora da nosa web) e á pontevedresa Sara Marsillas Rascado, así como tamén do equivalente para o Doutoramento.

A modo de breve reseña, engadimos algúns datos biográficos das galardoadas:

*Sara Marsillas Rascado (Pontevedra). Licenciada en Psicoloxía pola USC, actualmente realizando o Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social (USC). Colabora, na mesma facultade, co grupo de Investigación PSICOM.

*Ruth María Martínez Barbosa (O Rosal). Premio Extraordinario de Fin de Carreira na titulación de Filoloxía Hispánica, curso 2001-2002 (Universidade de Vigo). Obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA, en Lingüística Xeral, U.S.C., 04-05), e traballa durante a Etapa de Tese na Facultade de Filoloxía da USC como investigadora dentro desa mesma área. Compaxina esta labor investigadora cos estudos de Xornalismo, licenciándose en 2005, así como cos de Psicoloxía, acadando a Licenciatura en 2011, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Recentemente ven de conseguir unha praza de formación sanitaria especializada no ámbito da Psicoloxía (PIR, Psicólogo Interno Residente).

27 feb 2012

ÚLTIMO ADEUS AO PINTOR E DEBUXANTE ROSALEIRO FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, "FLORO DE PANCENTEO"


Unha triste e inesperada noticia foinos comunicada recentemente. Onte, domingo 26 de febreiro falecía aos 65 anos, Florindo Álvarez Martínez, "Floro de Pancenteo", escritor, pintor, debuxante, exconcelleiro e colaborador de prensa.

O funeral pola súa alma, será celebrado hoxe, luns, na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ás 16:00 horas.

Proximamente publicaremos unha crónica na súa memoria e homenaxe.

O ATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA EN HEPTATHLON


O atleta rosaleiro David Gómez Martínez, volve a darnos unha nova alegría, apenas un mes despois de proclamarse campión galego de salto con pértiga e 50 metros valados.

Desta vez, David conseguiu en Sabadell o título de Subcampión de España absoluto en heptathlon, facendo a mellor marca da súa vida e tamén marca persoal en pértiga.
 
Transcribimos literalmente parte da crónica publicada en Faro de Vigo: "El principal protagonista de la jornada puede que haya sido David Gómez. El rosaleiro llegaba a Sabadell con problemas en el sóleo y suplió su falta de preparación con su capacidad para competir.
 
El atleta del Celta finalizó en segunda posición con una marca de 5.410 puntos, a sólo cien del ganador, Jonay Jordan, que por momentos vio peligrar el oro (que parecía asegurado tras la primera jornada) por el empuje del gallego.
 
Gómez ayer consiguió una marca de 8.38 en los 60 metros vallas y 4.60 en pértiga lo que supone un gran resultado al tratarse de una prueba que no se le da especialmente bien y 2:46.00 en los 1.000 metros, otra marca extraordinaria.
 
Este resultado hace albergar esperanzas de que David Gómez sea capaz de aparcar los problemas y de completar una gran temporada veraniega que le permita luchar por su presencia en la cita olímpica en Londres. No es fácil, pero su rendimiento en Sabadell es una llamada al optimismo".
 
¡¡Noraboa, David!!

22 feb 2012

O AUDITORIO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE LALÍN QUE DIRIXE BRAM SNIEKERS



Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal

Como remate dos actos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal, convidámosvos ao concerto que ofrecerá a Banda de Lalín baixo a batuta de Bram Sniekers, o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 20,30 h. no Auditorio do Rosal.
 
Para todos os afeccionados á música de banda, adiantarvos tamén que o vindeiro mes de marzo, o domingo día 18 no Auditorio do Rosal, terá lugar un concerto do trompeta solista Rubén Simeó Gijón. Estará acompañado pola Agrupación Musical do Rosal que dirixe Diego Javier Lorente López.

17 feb 2012

INAUGURACIÓN DA CARPA DE FORNELOS



O venres 17 de febreiro, ás 23:00 horas terá lugar a inauguración da Carpa de Fornelos 2012 con motivo das Festas de Entroido.

A Organización, para celebrar o comezo desta nova edición invitará a un chupito aos asistentes, que disfrutarán das sesións de Dj Charlie (Basic Baiona, Radio Líder, Cuatro Vigo...) e de Dj Óscar (Salceda).
O sábado 18, tamén a a partir das 23:00 horas, Dj Raúl García e Alexandre Clavets (Discoteca FABRIK, Madrid).

O domingo 19 será o turno de Dj Fabián (A Carpa), o luns 20 de Dj Charlie e Dj Micky (Discoteca Enjoy), pechando as "sessions" o martes 21 de febreiro, Dj Óscar (Salceda).




I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN ORGANIZADO POLO SAN XEROME COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS



Informa: Lucas de Santiago Gómez // Centro San Xerome

O mércores 15 e o xoves 16 de febreiro tivo lugar na vila da Guarda o I Campionato de Futbolín organizado polo Centro San Xerome coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros.
O torneo, no que participaron 24 parellas, celebrouse no ximnasio do centro, previo ao inicio do Festival de Entroido do San Xerome.


En categoría adaptada os vencedores foron Rosa Mª e Senén, que se impuxeron nun emocionante partido a Generoso e Raquel, resolvéndose o encontro cun apretado 4 a 3 goles.
Na outra categoría os resultados foron todos moi xustos. O equipo integrado por Mingos e Pablo Saa gañaron na final á parella de educativas formada por Fabián e Óscar Rodríguez por un marcador de 5-2 a favor dos primeiros.
O evento contou ademais dos xogadores/as participantes, coa presenza de Sevi e Dani, Campións de España de Futbolín (modalidade Movemento F-2, 2010), así como de directivos, traballadores e colaboradores de ambas asociacións.
É de destacar o bo ambiente reinante durante todo o desenrolo da actividade.

15 feb 2012

O ENTROIDO DE NOVÁS 2012 COMEZARÁ CO PARTIDO SOLTEIRAS VS CASADAS



Un ano máis, as festas de Entroido de Novás ábrense o domingo 19 de febreiro, ás 17:00 horas, co tradicional partido de fútbol sala de solteiras contra casadas.

Xa a continuación, xogos populares, con carreira de sacos, a carretilla e moitas sorpresas máis, con entrega de premios para os participantes... ¡¡e chocolate e rosca para todos os asistentes!!

O luns 20 de febreiro, a partir das 16:30 horas, Gran Corrida do Galo. E o día seguinte, martes 21, Gran Frixidela a partir das 18:00 horas para todos e música a cargo do trío "Saudade".

ENTROIDO EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN



Jorge Cardoso Mariño / SRC San Miguel de Tabagón

O luns 20 de febreiro terá lugar no noso Salón Multiusos o tradicional baile infantil de Entroido 2012 para os cativos. Haberá xogos e "chuches" para que disfruten un bo día en compaña dos seus amigos e pais.

E para rematar as actividades do Entroido 2012, o sábado 3 de marzo celebrarase o “Baile de Piñata”, unha noite máxica con disfraces, sorteos e regalos, amenizada por un grupo musical.

A SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL ORGANIZA O III RALLY DO TAMUXE EN MODALIDADE "SCALEXTRIC"


Jorge Cardoso Mariño / SRC San Miguel de Tabagón


A SRC San Miguel celebrará este sábado 18 de febreiro a terceira edición do Rally do Tamuxe na modalidade “SCALEXTRIC”. Se abrirá á participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores e maiores de 14 anos cunha suscrición de 3 e 5 euros respectivamente.

O evento abrirase o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 h. ata as 13 h. na que nesta edición teremos 4 pistas/percorridos (unha máis que na anterior) e serán instaladas no Salón Multiusos que dispón a Asociación no seu local social en San Miguel de Tabagón (Pontevedra), para pasar á comida no Restaurante As Brasas ás 14.00 h (rogamos confirmación no teléfono 672085534).

Nesta modalidade compítese de maneira que os pilotos teñen que cubrir os catro tramos e quen faga na suma de todos en menor tempo pasa á final, onde se voltará a percorrer os tramos, facendo a suma das dúas especiais, quen dará os gañadores e sucesores da anterior edición, que foron Juan Estévez, de Porriño, na categoría dos maiores e Borja Rodríguez, na categoría dos menores de 14 anos.

No caso de que algún participante non teña un coche de competición, a organización ten a disposición coches para participar.

Retomarase a partir das 16.00 h, para comezar a competición oficial no sistema de rally nas cuais saberemos quen son os gañadores. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán diploma e premios en metálico.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE PEPE BUIZA SOBRE O RURAL PORTUGUÉS



Informa: A.C. A Velha na Horta

A partir do sábado 18 de febreiro ate o 2 de marzo no Centro Cultural da Guarda, exposición fotográfica sobre o rural portugués realizada polo guardés Pepe Buiza.

A exposición comezará o sábado 18 as 19 hrs coa proxección do documental "Ainda há Pastores?

O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 17 a 20h. e os sábados de 10 a 13h.

14 feb 2012

O CONCELLO DO ROSAL ACOLLERÁ O I CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN

O venres 10 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente do Rosal a presentación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a Asociación Os Cabaqueiros a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.



Abriu este acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida aos asistentes e foi presentando un por un aos convidados ao evento, facendo fincapé na presenza de Alfonso Méndez Sánchez, propietario de Recreativos Jopeco e delegado de Presas na comarca baixomiñota, de José Luis Busto, máximo responsable da organización deste tipo de eventos a nivel nacional e coordinador da web mundofutbolín.com, ademais de saudar a Simón González, trece veces Campión do Mundo de Full-Contact.
Destacou igualmente o Alcalde a asistencia de tres mestres telleiros (Trintiña, Piedra e Juanciño) ademais de contar no acto co historiador local e coordinador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez Tamuxe.
Fernández Portela e o seu concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz confirmaron que, aparte da Liga Nacional que a Asociación organizará no Baixo Miño, O Rosal será a sede do I Campionato Galego de Futbolín os días 10 e 11 de marzo de 2012.
O presidente da Asociación Os Cabaqueiros, Juan Ramón Martínez Barbosa, tomou a palabra, agradecendo a colaboración que ven ofrecendo o Concello do Rosal dende 2009 para a celebración de eventos relacionados co futbolín, tales como o propio Campionato Os Cabaqueiros, o Mixto Festas do Pilar ou mesmo o Feminino Noticias O Rosal.
Procedeuse pois á entrega dos diplomas conmemorativos tanto do I Open do Rosal celebrado en xaneiro no Bar Troya (a cargo de Zaira Solla Rodríguez) como do II no Bar Floro (por Alfonso Méndez Sánchez).
Os colaboradores (empresas e particulares) que teñen colaborado durante o ano 2011 coa Asociación tamén foron homenaxeados.
Afirmou Juan Ramón que a proposta final da Asociación -co visto bo e a supervisión de Recreativos Jopeco e Presas, na persoa de José Luis Busto- é a de crear dúas categorías (1ª e 2ª División) así como unha Liga Feminina Nacional no Baixo Miño que remataría en maio, estando todos os equipos participantes federados.
A inscrición na Liga Nacional será de tan só 7,5 € por persoa (15 € a parella) dende a creación e comezo en febreiro ata o seu remate nese mes de maio.
Na actualidade hai 13 equipos en 1ª División, abríndose agora o prazo para a 2ª e a Liga Feminina.
Tanto Alfonso Méndez como José Luis Busto contestaron a todas as preguntas e dúbidas dos xogadores/as presentes, pechando as intervencións Simón González, quen declarou, para sorpresa de todos, que están moi avanzadas as negociacións para celebrar tamén no Rosal e aproveitando o envento “futbolineiro”, o sábado día 10, o I Campionato Galego de Kickboxing.
A Asociación Os Cabaqueiros, ao final do acto agasallou aos asistentes cuns pinchiños e un viño galego.

FESTA DE ENTRUIDO DALLE CO SACHO!




Para este entruido traemos a I edición do "Dalle co sacho!". Queremos ofrecer unha nova alternativa entre todalas festas xa existentes, tanto no Rosal, coma no Baixo Miño.

As actividades propostas para a xornada son:

- Torneo de futbolín, na Liga, ás 11 hrs: até 16 equipas competirán por un sacho a parte doutros prémios. Como non, é obrigado ir disfrazado, se non, a equipa poderá ser descalificada por falta deseriedade. O prezo será de 5€ por equipa e ben podedes apontarvos no correo avelhanahorta@gmail.com ou chamando ao 605789915. Colabora a A.C. Os Cabaqueiros do Futbolín.

- "Xoghos na horta", na praza do Calvário às 18 hrs: diferentes equipas, de 4 persoas cada unha, terán que competir nas 4 modalidades de xoghos propostas; carreira de sacos, debullar espigas, tirar da corda e tiro de boina. Haberá que suar para gañar o prémio.

- Actividades para nen@s, na praza do Calvário, ás 18 hrs: tamén para@s máis cativ@s haberá entretemento, xa que contaremos con duas animadoras.

- Foliada, na praza do Calvário, ás 19 hrs: gaitas e panderetas soaránpara animar a festa.

- Concerto, na Liga, ás 22 hrs: festa total con "Os Vacalouras", "Residuos Atractivas" e máis un grupo sorpresa. Traervos o voso disfraz máis elegante xa que haberá prémio para o mellor. Entrada 3€.

Vinde sachar!

13 feb 2012

O Club Ciclista O Rosal e os seus integrantes, premiados pola Federación Galega de Ciclismo


Na imaxe, Manuel, Raúl e Toni. (Foto CC.O Rosal)

Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, o sábado 11 de febreiro celebrouse no Auditorio de Cambados a Gala do Ciclismo Galego 2012 na que a Federación Galega de Ciclismo "agasalla aos ciclistas i entidades máis destacados da tempada recentemente finalizada e entre eles atopábanse como non podía ser doutra maneira tres dos nosos ciclistas.

Raúl Fernández recibiu o Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocross 2011/2012 na categoría Cadete.

Manuel González tamén foi agasallado polos mesmos méritos, é dicir, Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocross 2011/2012 pero na categoría Júnior.

Pola súa banda Toni Portela foi agasallado polo éxito acadado no Campionato de España disputado no mes de xullo en Caspe (Zaragoza) no cal se proclamou brillante Campión de España Cadete 2011 en Carretera.

Pola súa parte o Presidente, Gerardo Álvarez recolleu o Premio en recoñecemento aos éxitos colleitados e a labor de Promoción do Ciclismo de Base.

Tamén queremos destacar que ao fin da Gala, Toni Portela foi entrevistado polo xornalista deportivo da TVG, Terio Carrera, para un resumo da citada Gala que será emitido pola TVG2 en data aínda por confirmar.

Sen dúbida unha tempada chea de éxitos que a Federación Galega soubo recoñecer e que dende a Directiva do Club Ciclista O Rosal agardamos poder continuar nos vindeiros anos".

Dende Noticias O Rosal desexamos o mesmo, que directivos e corredores sigan facéndoo tan ben como ata o de agora. ¡¡Noraboa!!

OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES NO I.E.S. DE TOMIÑO A CARGO DE ÉRGUETE




Asociación Érguete Baixo Miño

Este mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.

As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.


A finalidade destes obradoiros é a de traballar directamente co alumnado para dotalos de habilidades que lles fagan mellorar a xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

Javi Díaz e Dani Cerqueira volveron a xogar no Rosal en partido da Asobal



O mércores 8 de febreiro disputouse por vez primeira no Pavillón Municipal do Rosal un enfrontamento da máxima categoría do balonmán nacional (Asobal), correspondente á 17ª xornada de liga entre o Academia Octavio de Vigo e o Caja3 Balonmano Aragón, debido á folga de empregados do IMD vigués.

Aparte da gran expectación que crea xa de por si este tipo de encontros deportivos, o aliciente foi volver a ver xogar na vila a dous rosaleiros, o porteiro Javi Díaz e o pivote Dani Cerqueira.

Noticias O Rosal estivo con eles neste partido tan especial para xogadores e público, e aínda que o Octavio acabou perdendo 26 a 29 goles, sen dúbida será un día difícil de esquecer para ambos.

¡¡Dende a nosa web, noraboa e moitos éxitos para Javi e Dani!!

7 feb 2012

SERGIO DIEGO E CARLOS ÁLVAREZ, “OS CATAS”, CAMPIÓNS DO II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO




Esta nova competición -que se intenta convocar cada mes- reuniu en tres días ao máximo de xogadores establecido dende a Asociación (32 participantes, para facer 16 equipos).

A parella gañadora, “OS CATAS”, formada por Sergio Diego Fernández “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción, venceron na gran final ao equipo “APAÑO”, integrado por Ángel Martínez Diego e Gustavo Jurado Fernández.

O terceiro posto foi para o equipo “SERRA”, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Juan Ramón Martínez, que gañaron á parella “OS PIPAS”, integrada por Rebeca Rodríguez Rodríguez e Carlos Álvarez Antúnez “Sevi”.

Lembramos que cada xogador/a que participa nos OPEN inscríbese individualmente, saíndo o seu compañeiro/a por sorteo, efectuado intres antes de comezar as partidas, o que lle dá un “plus” extra de emoción ao evento.

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente a inestimable axuda e apoio do Bar Floro (Novás-O Rosal) para a celebración deste segundo campionato, así como a participación e comportamento exemplar de todos os xogadores e xogadoras.

Este venres 10 de febreiro ás 20:30 horas o Centro Social Polivalente do Rosal acollerá o acto de entrega dos diplomas conmemorativos, tanto do I Open celebrado en xaneiro no Bar Troya como deste II no Bar Floro.

Igualmente a Asociación Os Cabaqueiros presentará ese mesmo día a Reestruturación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.

A proposta da Asociación -se hai interese- será a de crear tres categorías (1ª, 2ª e 3ª División) así como unha liga “Mixta” (rapaz-rapaza) que remataría en maio, estando todos os equipos participantes federados e con opción de ir gratuitamente aos distintos Campionatos de España de Futbolín.

Ao final do acto e como colofón, a Asociación Os Cabaqueiros, agasallará aos asistentes cuns pinchiños e un viño galego.

Máis información no teléfono 637 311 007, no correo electrónico asociacioncabaqueiros@hotmail.com, no perfil da Asociación en facebook así como no seu blog oficial http://www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com/

II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO

XOGADORES/AS

1.- Rebeca Rodríguez Rodríguez

2.- Ignacio Moure Pérez

3.- Óscar Rodríguez Vicente

4.- Gerardo González Gómez

5.- Fran Molina Martínez

6.- Carlos Álvarez Antúnez (Sevi)

7.- Pedro Fernández Carrera

8.- Tania Rodríguez Rodríguez

9.- Carlos Álvarez da Concepción

10.- Juan Ramón Martínez

11.- Ángel Martínez Diego

12.- Sergio Rodríguez Álvarez

13.- Raúl González Martínez

14.- Ruth María Martínez

15.- Santi Castro González

16.- Marcos Casal Fernández

17.- Mary Domínguez Rodríguez

18.- Gustavo Jurado Fernández

19.- Juan Trigo Vicente

20.- Maite Martínez González

21.- Patricia Fernández Durán

22.- Diego Martínez Castro

23.- Ángeles Alonso Rodríguez

24.- Óscar Sabarís Meño

25.- Gabriel Pérez Rodríguez

26.- Marcos Álvarez González

27.- Sergio Diego Fernández (Frony)

28.- Sergio Casal Fernández (Yeya)

29.- José Ángel Fernández (Quesy)

30.- Marisa Pérez Rodríguez

31.- Vanesa Rodríguez Vicente

32.- Roberto Martínez González


II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO

GRUPO A

MARTINI (Patricia Fernández e Roberto Martínez)

SERRA (Sergio Casal “Yeya” e Juan Martínez)

TUERCEBOTAS (Ruth Martínez e Óscar Sabarís)

OS QUE TI QUEIRAS (Fran Molina e Ignacio Moure)



GRUPO B

REPETIMOS (Maite Martínez e Santi Castro)

APAÑO (Gustavo Jurado e Ángel Martínez)

OS NOVOS (Tania Rodríguez e Gabriel Pérez)

FAME E GHANAS DE COMER (Raúl González e Pedro Fernández)



GRUPO C

OS DE SEMPRE (Gerardo González e Mary Domínguez)

MAHOU (Marcos Casal e Ángeles Alonso)

OS CATAS (Sergio Diego “Frony” e Carlos Álvarez)

A XUNTANZA (Sergio Rodríguez e Juan Trigo)



GRUPO D

OS ÚLTIMOS (Vanesa Rodríguez e Marcos Álvarez)

OS PECOS (Marisa Pérez e José Ángel “Quesy”)

OS PIPAS (Rebeca Rodríguez e Carlos “Sevi”)

OS FUTBOLEROS (Diego Martínez e Óscar Rodríguez)


FASE DE GRUPOS

GRUPO A

MARTINI – TUERCEBOTAS: (3-5, 3-5, 2-5) (0/3)

SERRA – OS QUE TI QUEIRAS: (5-3, 5-1, 5-2) (3/0)

TUERCEBOTAS- SERRA: (2-5, 2-5, 2-5) (0/3)

OS QUE TI QUEIRAS – MARTINI: (5-0, 5-1, 5-0) (3/0)

SERRA- MARTINI: (5-1, 5-1, 5-1) (3/0)

OS QUE TI QUEIRAS – TUERCEBOTAS: (2-5, 3-5, 1-5) (0/3)


1º: SERRA (9 PUNTOS)

2º: TUERCEBOTAS (6 PUNTOS)

3º: OS QUE TI QUEIRAS (3 PUNTOS)

4º: MARTINI (O PUNTOS)



GRUPO B

OS NOVOS – FAME E GHANAS DE COMER: (2-5, 3-5, 5-4, 2-5) (1/3)

REPETIMOS – APAÑO: (2-5, 4-5, 5-4, 2-5) (1/3)

FAME E GHANAS DE COMER - REPETIMOS: (4-5, 3-5, 4-5) (0/3)

OS NOVOS – APAÑO: (0-5, 0-5, 1-5) (0/3)

REPETIMOS – OS NOVOS (5-4, 5-2, 4-5, 5-0) (3/1)

FAME E GHANAS DE COMER – APAÑO: (1-5, 5-4, 4-5, 3-5) (1/3)



1º: APAÑO (9 PUNTOS)

2º: REPETIMOS (6 PUNTOS)

3º: FAME E GHANAS DE COMER (3 PUNTOS)

4º: OS NOVOS (0 PUNTOS)



GRUPO C

MAHOU – OS DE SEMPRE: (4-5, 1-5, 2-5) (0/3)

OS CATAS - A XUNTANZA: (4-5, 5-1, 5-4, 5-2) (3/1)

OS DE SEMPRE – OS CATAS: (4-5, 3-5, 5-2, 2-5) (1/3)

A XUNTANZA – MAHOU: (5-4, 5-1, 5-1) (3/0)

OS CATAS – MAHOU: (5-2, 5-0, 5-3) (3/0)

OS DE SEMPRE - A XUNTANZA: (1-5, 5-2, 4-5, 2-5) (1/3)



1º: OS CATAS (9 PUNTOS)

2º: A XUNTANZA (6 PUNTOS)

3º: OS DE SEMPRE (3 PUNTOS)

4º: MAHOU (0 PUNTOS)



GRUPO D

OS PIPAS – OS PECOS (5-3, 4-5, 5-4, 5-1) (3/1)

OS ÚLTIMOS - OS FUTBOLEROS: (3-5, 4-5, 4-5) (0/3)

OS PECOS – OS ÚLTIMOS: (2-5, 1-5, 0-5) (0/3)

OS FUTBOLEROS – OS PIPAS: (2-5, 3-5, 2-5) (0/3)

OS ÚLTIMOS – OS PIPAS: (4-5, 4-5, 3-5) (0/3)

OS PECOS – OS FUTBOLEROS: (1-5, 5-1, 5-2, 2-5, 1-5) (2-3)



1º: OS PIPAS (9 PUNTOS)

2º: OS FUTBOLEROS (6 PUNTOS)

3º: OS ÚLTIMOS (3 PUNTOS)

4º: OS PECOS (0 PUNTOS)


CUARTOS DE FINAL



1º A – 2º D

SERRA – OS FUTBOLEROS: (5-3, 5-3, 5-2) (3/0)

2º C – 1º B

A XUNTANZA – APAÑO: (1-5, 2-5, 4-5) (0/3)

1º C – 2º B

OS CATAS – REPETIMOS: (5-2, 5-1, 5-0) (3/0)

1º D – 2º A

OS PIPAS – TUERCEBOTAS: (5-1, 4-5, 5-2, 5-0) (3-1)


SEMIFINAIS

SERRA – APAÑO: (4-5, 2-5, 4-5) (0/1)

OS CATAS – OS PIPAS: (4-5, 5-4, 2-5, 5-2, 5-1) (1/0)


3º E 4º POSTO

OS PIPAS – SERRA: (5-3, 1-5, 0-5, 1-5) (1/3)


FINAL

OS CATAS – APAÑO: (5-4, 5-3, 2-5, 5-2) (3/1)


CAMPIÓNS

OS CATAS (Sergio Diego “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción)


 
CLASIFICACIÓN DO II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012

BAR FLORO


1º: OS CATAS (Sergio Diego “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción)

2º: APAÑO (Gustavo Jurado e Ángel Martínez)

3º: SERRA (Sergio Casal “Yeya” e Juan Martínez)

4º: OS PIPAS (Rebeca Rodríguez e Carlos Álvarez “Sevi”)

5º: TUERCEBOTAS (Ruth Martínez e Óscar Sabarís)

6º: OS FUTBOLEROS (Diego Martínez e Óscar Rodríguez)

7º: A XUNTANZA (Sergio Rodríguez e Juan Trigo)

8º: REPETIMOS (Maite Martínez e Santi Castro)

9º: OS DE SEMPRE (Mary Domínguez e Gerardo González)

10º: FAME E GHANAS DE COMER (Raúl González e Pedro Fernández)

11º: OS QUE TI QUEIRAS (Fran Molina e Ignacio Moure)

12º: OS ÚLTIMOS (Vanesa Rodríguez e Marcos Álvarez)

13º: OS PECOS (Marisa Pérez e José Ángel “Quesy”)

14º: OS NOVOS (Tania Rodríguez e Gabriel Pérez)

15º: MAHOU (Ángeles Alonso e Marcos Casal)

16º: MARTINI (Patricia Fernández e Roberto Martínez)


 

1 feb 2012

TRES REPRESENTANTES DO ROSAL DO CLUB DE JUDO DO-MAJO, MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO JUNIOR



Mónica Pacheco Lomba // Club de Judo Do-Majo

Este pasado domingo día 29 de enero se celebró en Narón (A Coruña) el Campeonato Gallego Junior de Judo, al cual se desplazaban tres judokas rosaleiros del CLUB DE JUDO DO-MAJO, consiguiendo muy buenos resultados.

En la categoría de -52kg:
NURIA MARTÍNEZ LOMBA
(Campeona gallega cadete del pasado año) – medalla de bronce

En la categoría masculina de -55kg
ERIC BARCELÓ RODRÍGUEZ
Campeón gallego y de la Copa de España cadete del pasado año en la categoría de -50kg - medalla de plata

En la categoría de -66kg:
PABLO MARÍN MARCOS
(Medalla de bronce del pasado año)-medalla de bronce

(Na imaxe, o equipo junior do Club de Judo Do-Majo xunto aos adestradores Alberto Domingos e Mónica Pacheco. Dende Noticias O Rosal, a todos, ¡¡NORABOA!!)