TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 feb 2012

A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ ACADA O PREMIO EXTRAORDINARIO DE FIN DE CARREIRA EN PSICOLOXÍA (USC)


Sara Marsillas e Ruth Martínez pousan para o obxectivo de Noticias O Rosal


O pasado venres 24 de febreiro, co gallo da festividade de San Juan Huarte de San Juan, patrón da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, tivo lugar a entrega de insignias ás dúas alumnas galardoadas este 2012 co distintivo de Premio Extraordinario de Fin de Carreira, que concede a Facultade anualmente aos mellores expedientes durante a Licenciatura.

A homenaxe, así como a entrega de insignias tivo lugar ás 12 da mañá, abrindo o acto oficial o Reitor da USC, D. Juan José Casares Long, a Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e a Decana da Facultade de Psicoloxía, Carolina Tinajero, contando ademais coa participación doutros profesores.

A continuación fixo a súa intervención o Catedrático de Universidade da área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos da Universitat de València, D. José Sánchez Cánovas. A súa conferencia levou por título “Psicoloxía e Evolución: 200 anos de Darwin”.

O evento se pechou coa mencionada entrega das insignias dos Premios Extraordinarios de Licenciatura, á rosaleira Ruth María Martínez Barbosa (colaboradora da nosa web) e á pontevedresa Sara Marsillas Rascado, así como tamén do equivalente para o Doutoramento.

A modo de breve reseña, engadimos algúns datos biográficos das galardoadas:

*Sara Marsillas Rascado (Pontevedra). Licenciada en Psicoloxía pola USC, actualmente realizando o Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social (USC). Colabora, na mesma facultade, co grupo de Investigación PSICOM.

*Ruth María Martínez Barbosa (O Rosal). Premio Extraordinario de Fin de Carreira na titulación de Filoloxía Hispánica, curso 2001-2002 (Universidade de Vigo). Obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA, en Lingüística Xeral, U.S.C., 04-05), e traballa durante a Etapa de Tese na Facultade de Filoloxía da USC como investigadora dentro desa mesma área. Compaxina esta labor investigadora cos estudos de Xornalismo, licenciándose en 2005, así como cos de Psicoloxía, acadando a Licenciatura en 2011, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Recentemente ven de conseguir unha praza de formación sanitaria especializada no ámbito da Psicoloxía (PIR, Psicólogo Interno Residente).

0 comentarios:

Publicar un comentario