TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

13 feb. 2012

O Club Ciclista O Rosal e os seus integrantes, premiados pola Federación Galega de Ciclismo


Na imaxe, Manuel, Raúl e Toni. (Foto CC.O Rosal)

Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, o sábado 11 de febreiro celebrouse no Auditorio de Cambados a Gala do Ciclismo Galego 2012 na que a Federación Galega de Ciclismo "agasalla aos ciclistas i entidades máis destacados da tempada recentemente finalizada e entre eles atopábanse como non podía ser doutra maneira tres dos nosos ciclistas.

Raúl Fernández recibiu o Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocross 2011/2012 na categoría Cadete.

Manuel González tamén foi agasallado polos mesmos méritos, é dicir, Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocross 2011/2012 pero na categoría Júnior.

Pola súa banda Toni Portela foi agasallado polo éxito acadado no Campionato de España disputado no mes de xullo en Caspe (Zaragoza) no cal se proclamou brillante Campión de España Cadete 2011 en Carretera.

Pola súa parte o Presidente, Gerardo Álvarez recolleu o Premio en recoñecemento aos éxitos colleitados e a labor de Promoción do Ciclismo de Base.

Tamén queremos destacar que ao fin da Gala, Toni Portela foi entrevistado polo xornalista deportivo da TVG, Terio Carrera, para un resumo da citada Gala que será emitido pola TVG2 en data aínda por confirmar.

Sen dúbida unha tempada chea de éxitos que a Federación Galega soubo recoñecer e que dende a Directiva do Club Ciclista O Rosal agardamos poder continuar nos vindeiros anos".

Dende Noticias O Rosal desexamos o mesmo, que directivos e corredores sigan facéndoo tan ben como ata o de agora. ¡¡Noraboa!!

0 comentarios:

Publicar un comentario