TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 dic 2010

A Coral da A.M. do Rosal, nunha nova final



A CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL vén de clasificarse para a final da XLV edición de Vilancicos da Nova Caixa Galicia.

Esta coral, que conta con apenas 6 anos de andadura, está formada por 45 compoñentes e participará na final que se celebrará mañá, sábado 18 de decembro, en Vigo no Centro Cultural Caixanova, e o domingo 19 na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, xunto con outras 10 corais finalistas.

Interpretarán tres panxoliñas: Velo qué bonito, Con un sombreiro de palla e El tamborilero, as mesmas pezas que interpretaron o pasado 8 de decembro na súa actuación en Vigo.

Sen dúbida un gran broche para pechar este ano 2010. Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa e animámolos a seguir nesta liña, xa que así virán moitos máis éxitos. (Na imaxe, a coral en 2008, coa súa directora Toñi Santos Vaquero ao seu fronte)

0 comentarios:

Publicar un comentario