O Concello do Rosal organiza este sábado 5 de marzo a terceira etapa do seu programa “Coñece o teu concello”. Trátase dunha novidosa e gratuíta iniciativa que durará todo o ano, celebrándose cada andaina o primeiro sábado de mes.
Nesta ocasión percorrerase o tramo rosaleiro do Camiño Portugués da Costa e visitaranse os barrios de Portecelo e Sanxián, admirando a súa paisaxe marítima, a súa capela (data do s. XIII, na imaxe), os seus muíños, lavadoiros, cruces, cruceiros, petróglifos, etc. En total, uns 7’5 km aproximadamente.
Dende o Concello do Rosal lémbrase que a saída será ás 15:30 horas dende as inmediacións do antigo Bar Horizonte (Portecelo) e recomendan así mesmo apuntarse para cada andaina no Departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00) deixando nome e teléfono por se hai calquera cambio no programa.
0 comentarios:
Publicar un comentario