TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 mar 2011

Carta aberta do director de Noticias




O ROSAL, 27 de marzo de 2011


Moi boas a todos e todas:

Teño tantas cousas que contarvos que non sei realmente nin por onde comezar, pero bueno, intentarei facer un pequeno resumo.

En primeiro lugar quero deixar claro a certas persoas -e lembrar de novo a todos/as- o punto fundamental antes de seguir algún día de novo coa actividade de Noticias O Rosal.

1.- Noticias O Rosal é un blog CULTURAL sobre esta fermosa vila baixomiñota que se creou en maio de 2008. O seu fundador, coordinador e redactor principal foi e segue sendo Juan Ramón Martínez Barbosa, ou sexa, o que suscribe estas liñas.

Permitídeme por esta misiva que me dirixa a todos vós, hoxe, 27 de marzo de 2011. Como calquera pode comprobar -ante as suspicacias creadas a este respecto nos últimos tempos- levo a totalidade do peso desta web, aínda que ás veces por suposto, se acepten distintas colaboracións de lectores, empresas ou mesmo institucións á hora de remitir información (notas de prensa).

Precisamente aquí é onde quero comezar rapidamente a aclarar os seguintes puntos relativos á dirección de Noticias O Rosal, aos seus contidos e colaboracións futuras:

NOTICIAS O ROSAL

2.- Noticias O Rosal, despois de case tres anos na rede pode dicir orgullosa e abertamente que NON COBROU UN EURO de ningún particular, industria ou organismo público. Polo tanto, JUAN RAMÓN xamais recibiu ou recibe carto algún pola confección e mantemento desta páxina.

3.- Por iso agradece a todos os seus LECTORES e COLABORADORES o seu entusiasmo e fe para con esta páxina e así, ata a data, conseguir “ir tirando”. En verdade, certas felicitacións vosas valeron e valen máis que todo o ouro do mundo.

4.- Noticias O Rosal, non nos cansaremos de repetilo, afástase –aínda que ás veces nos sobreveñan dúbidas- de todo aquilo que xulguemos conteña claros tintes políticos. Preferimos seguir tendo por moitos anos unha web PURAMENTE CULTURAL, reflectindo as actividades que se realicen no Concello independentemente do partido que estea nese momento gobernando.

5.- Só desexa o RECOÑECEMENTO para os seus paisanos destacados, para os seus veciños máis carismáticos, para calquera rosaleiro/a que realmente “se mova”.

6.- Está contenta co novo e aínda sinxelo deseño da web, un favor da autoría do noso amigo, o mestre rosaleiro CARLOS TREINTA. Grazas a algunha das súas ideas conseguimos darlle unha aparencia distinta, máis atractiva, agrupando as noticias doutra maneira diferente á que propuña de serie “blogger”. Somos conscientes de que tanto Carlos como calquera deseñador que “controle” se lle deixáramos, podería facer auténticas marabillas profundizando en Noticias O Rosal, pero polo momento preferimos ir lentos pero seguros.

7.- E falando de lentos pero seguros… gústanos que cada entrada que publicamos quede de CONSTANCIA PARA A HISTORIA, así que NON NOS IMPORTA A VELOCIDADE ou prontitude en ofrecer a noticia e SÍ NOS IMPORTA A CALIDADE coa que sae finalmente á luz pública para mellor disfrute dos nosos actuais e futuros lectores.

8.- Por iso Noticias O Rosal coida ao máximo esa CALIDADE-VERACIDADE DA INFORMACIÓN. Procuramos a maior CALIDADE NA REDACCIÓN DOS TEXTOS e sobre todo dámoslle infinita importancia á CALIDADE na PUBLICACIÓN DE FOTOGRAFÍAS. Unha imaxe –din- vale máis que mil palabras…

9.- O porqué deste escrito (e agora xa volvo a escribir soamente como Juan Ramón):

Confeso que estes tres anos levo traballado na páxina ata máis non poder, sacrificando días, tardes, fins de semana, vacacións… pero iso si –e non o vou a negar- tamén gozando na confección de cada noticia, na realización de cada fotografía. É un orgullo que aquel blog que comezou sendo un pequeno diario persoal, sexa na actualidade visitada por miles de persoas. ¡Graciñas!

E precisamente por esta razón, porque se busca esa CALIDADE, existe como comprobades unha evidente DEMORA NA PUBLICACIÓN DAS REPORTAXES REALIZADAS.

Isto, unido á FALTA DE TEMPO actual debido ás miñas TAREFAS PROFESIONAIS e outras OCUPACIÓNS NO EIDO CULTURAL DO BAIXO MIÑO, obríganme a –si se quere seguir na Rede- REESTRUTURAR moitos aspectos de NOTICIAS O ROSAL.

10.- Por iso, e xa para rematar, pido DESCULPAS pola tardanza na publicación das distintas reportaxes realizadas, pero entendede que realmente non podo estar (moi ao meu pesar) en varios sitios á vez nin ocuparme de todo o que a min me gustaría. Así que pensándoo ben, TOMAREIME, TANTO EU COMO NOTICIAS O ROSAL UN DESCANSO, que nos sirva aos dous de REFLEXIÓN.

Dou LUZ VERDE, polo tanto, dende hoxe, 27 de marzo de 2011, á posibilidade de que a partir de agora toda PERSOA, EMPRESA OU ORGANISMO que crea en Noticias O Rosal como FONTE DE INFORMACIÓN E DE CULTURA, como MEDIO DE PROMOCIÓN E RECOÑECEMENTO, COLABORE no NOVO PROXECTO, APOIANDO éste e PARTICIPANDO nel da maneira que desexe ou poida. Estaremos encantados de amosarlle todas as ideas e iniciativas que temos preparadas e en mente para, como sempre dixemos, seguir axudando no que sexa e aportando o noso gran de area á CULTURA DO ROSAL E DO BAIXO MIÑO.

¡Graciñas por atenderme!

¡Saúdos a todos e todas… e… VIVA O ROSAL!

Juan Ramón Martínez Barbosa
Coordinador de Noticias O Rosal



P.D.: Quen realmente desexe COLABORAR con Noticias O Rosal PARA QUE NIN SE ESTANQUE NIN DESAPAREZA definitivamente e rexurda aínda con máis ilusión e forza, pode contactar comigo das seguintes formas...

-Dirección postal:

Juan Ramón Martínez Barbosa

Rúa Jesús Noya, nº 1

C.P.: 36770

O Rosal (Pontevedra)

-Blog persoal:


-Direccións de correo electrónico:

0 comentarios:

Publicar un comentario