TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 mar 2011

San Xerome e Encontros coa Democracia



O Centro San Xerome Emiliani en asociación con Avelaíña e o centro Portugués Cerci Povoa da cámara de Povoa de Santa Iria (a vinte minutos de Lisboa), comezaron o pasado mes de xaneiro un proxecto sobre as institucións democráticas. Dentro deste proxecto se enmarca a visita ao Parlamento de Galicia e o encontro na Dirección Xeral da Dependencia do pasado venres 18 de marzo.

Alí tivemos unha reunión coa directora xeral de dependencia Dna. Coro Piñeiro Vázquez, o secretario Xeral de Discapacidade, Modesto Rouco Vilar e coa traballadora da secretaría Dna. Concha Freire Castro.

Na xuntanza o grupo realizou unhas preguntas destinadas a coñecer o funcionamento do departamento que atende máis directamente as súas peticións. Pola tarde nos desprazamos ás instalacións do Parlamento galego para coñecer máis de preto como é a organización e o traballo que os representantes políticos fan na nosa Autonomía. Alí fomos guiados por Hixinio, que nos amosou non só as instalacións senón que de forma moi didáctica, amena e divertida nos ensinou como é o día a día do traballo no Parlamento Galego.

O proxecto busca coñecer as institucións que nos gobernan e máis en profundidade os departamentos que dentro de cada institución atenden ás necesidades das persoas con discapacidade. Nesta liña tivemos o primeiro encontro institucional o pasado venres 25 de febreiro co alcalde da Guarda D. José Manuel Domínguez Freitas e con dúas concelleiras. A eles se lles fixeron as mesmas preguntas que na Dirección Xeral de Dependencia. A vindeira visita será o 28 de abril onde estamos citados no Ministerio de Servizos Sociais en concreto na Dirección Xeral de Discapacidade. Seguindo cos nosos encontros coas institucións democráticas o 6 de xuño estaremos en Bruselas coñecendo máis de preto o Parlamento Europeo e os seus departamentos.


Nunha segunda fase do proxecto volveremos a reunirnos coas mesmas persoas pero esta vez levaremos as nosas propias propostas, que consideramos necesarias para mellorar as relacións entre os cidadáns e cidadás con discapacidade e as institucións que nos gobernan.

Para máis información consultar o blog:

0 comentarios:

Publicar un comentario