TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 ago 2009

Estivemos con Sigfrido Muela Quesada, deseñador

Grazas ás diferentes xestións do xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez conseguimos realizarlle esta pequena entrevista ao debuxante, fotógrafo e deseñador Sigfrido Muela Quesada. Segundo nos comentaba Julio fai tempo veraneaba no Rosal un persoeiro de recoñecida fama nacional no mundo da ilustración e o deseño gráfico. Recentemente puxémonos pois en contacto con Sigfrido e descubrimos que se achega sempre ata a nosa vila no período estival dende fai uns oito anos. Sigfrido Muela Quesada naceu en Madrid o 2 de xullo de 1965 baixo o amparo dunha familia de importantes e renomeados artistas. Leva preto de 22 anos traballando no mundo da imaxe, sendo con outras dúas persoas o pioneiro do retoque dixital en España. Traballos e campañas para Ágatha Ruiz de la Prada, El Corte Inglés ou mesmo participacións no deseño do coñecido spot televisivo de “Loterías del Estado” onde aparecía o “Calvo” de… “que la suerte te acompañe” fan de Sigfrido un referente imprescindible na técnica visual. Segundo nos afirma “la fotografía no es más que un truco”. A verdade é que admirando a súa obra quedámonos engaiolados, xa que xoga coa realidade; non en vano confésanos que “mi trabajo consiste en que no se note lo que hago”. Sigfrido, considerado “El mago de la piel” é un especialista no retoque dixital da derme de infinidade de estrelas da moda, do cine ou a televisión, traballando para revistas de tirada nacional e aínda internacional como FHM, DT, NOX, Woman, OK, Psychologies, etc, pasando polas súas mans –e como exemplo- Mónica Bellucci, Elsa Pataky, George Clooney, Pau Gasol, Kobe Bryant, Pilar Rubio… Velaquí vos deixamos o enlace a algunhas das súas imaxes:

0 comentarios:

Publicar un comentario