TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 mar 2011

Camiño Portugués da Costa. Terceira etapa




Recentemente tivo lugar a terceira etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que levou a un centenar de persoas a percorrer os 3 km do tramo rosaleiro do Camiño Portugués pola Costa así como a visitar os barrios de Portecelo e Sanxián (xuradía de Marzán).

Os participantes desta andaina deportivo-cultural -entre os que se atopaban o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, e as concelleiras Mª Carmen Alonso e Mabel Franco Pérez, responsables respectivamente das áreas de Servizos Sociais e Educación- coñeceron curiosos datos históricos deste enclave.



O investigador e guía municipal, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado unha vez máis das oportunas explicacións da ruta, afirmando que a primeira mención a Sanxián se atopa xa en 1225 en documentación do Mosteiro de Santa María a Real de Oia, a propósito da doazón que Rodrigo Rodríguez realiza a favor do abade e dito mosteiro “de todo cuanto le pertenece en la iglesia de Santa Marina del Rosal y en la ermita de San Julián”.

Así mesmo púidose contemplar en Sanxián un dos cruceiros máis antigos, concretamente do ano 1573 ou o seu muíño, que segundo o guía, xa constaba na relación do coñecido Catastro del Marqués de la Ensenada do 1753.

A próxima cita (mensual e gratuíta) será o día 2 de abril coas visitas á igrexa parroquial de Santa Mariña, á capela de San Sebastián e Santa Ana así como á capela de San Vicente e os seus sepulcros antropomorfos visigóticos.

Para anotarse a esta ruta así como para máis información poden achegarse ao Concello do Rosal ou chamar ao seu departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00).

0 comentarios:

Publicar un comentario