TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 mar 2011

O Rosal, na reunión de Vila do Conde (Oporto)



O pasado xoves 3 de marzo tivo lugar no Centro de Memória de Vila do Conde (Oporto-Portugal) unha reunión internacional dos representantes españois e lusos dos distintos concellos polos que discorre o Camiño Portugués da Costa.

Nesta importante cita estiveron os portavoces das cámaras lusas de Povoa de Varzim, Maia, Matosinhos, Esposende, Vila do Conde, Anadia, Viana do Castelo, Camiña ou Vila Nova de Cerveira.



Pola parte galega asistiron a esta xuntanza a concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes e a súa técnica, Rosalía Verde. En representación do concello do Rosal estivo Juan Ramón Martínez, membro do departamento de Cultura e Turismo. Así mesmo, Luis Martínez Portela e Antonio Fernández Pablos, da Asociación Amigos do Camiño, tamén participaron na presentación de propostas e a conseguinte toma de decisións.

Entre outros temas tratouse nesta xuntanza da situación na que se atopa este Camiño, da sinalética do seu trazado, dos perfís e das estatísticas sobre o número de peregrinos que estiveron de paso e tamén dos que pernoctaron en cada municipio.

Os asistentes á reunión de Vila do Conde acordaron realizar diferentes accións conxuntas este ano entre España e Portugal para manter vivo o Camiño Portugués da Costa, tales como a celebración de congresos, exposicións itinerantes ou aínda xornadas de convivencia nos dous territorios.

0 comentarios:

Publicar un comentario