TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic 2010

Premiados no I Torneo de Futbolín Bar Floro



Recentemente tivo lugar no Bar Floro (O Rosal) o acto de entrega de premios do I Torneo de Futbolín que leva o nome deste coñecido local da vila.

Esta competición, que tivo a colaboración de “Os Cabaqueiros do Futbolín”, foi disputada por 17 parellas (34 participantes), sendo gañada por Carlos Alberto Álvarez da Concepción e Marcos Casal Fernández que venceron a Rubén Santos Paz (Delio) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) nunha apaixonante e reñida final que se decidiu na última bola.

O terceiro posto foi para Sergio Casal Fernández (Yeya) e Juan Ramón Martínez despois de gañar á parella formada por Sergio Rodríguez Álvarez e Ángel Martínez Diego.




A propietaria do local, Amparo Álvarez Rivero xunto coa súa irmá Delia, fixeron entrega dos trofeos e agasallos conmemorativos desta efeméride nun sinxelo pero animado acto.


Este torneo de futbolín “Bar Floro” 2010, tivo a novidade de que aparte do premio en metálico e das tradicionais copas tamén se obsequiou cunhas figuriñas realizadas a man, en exclusiva, para esta ocasión ás tres primeiras parellas clasificadas e de participación para todos os demais “futbolineiros/as”.

Destacar o bo ambiente e o compañeirismo reinantes durante todo o evento, así como a presenza de catro mulleres no campionato (Noelia Álvarez Baquero, Maite Martínez González, Mary Domínguez Rodríguez e Sonia Castro Rodríguez), que deron máis dunha sorpresa co seu crecente nivel de xogo e sobre todo ao eliminar da loita polos títulos a varios dos favoritos.

Fóra palabras como “competición e rivalidade”, este tipo de acontecementos (por que non, deportivos) son -sen dúbida- unha boa ocasión para rescatar do esquecemento a este vello xogo tradicional e desta maneira unir aínda máis á xuventude e aos “non tan mozos” e pasar unha xornada de convivencia realmente agradable.

Os “Cabaqueiros do Futbolín” queren agradecer publicamente o trato dispensado polas organizadoras do campionato e responsables do Bar Floro, Amparo e Delia, desexándolles unhas Felices Festas e animándoas a seguir con este tipo de loables iniciativas.

0 comentarios:

Publicar un comentario