Este venres 13 de xullo, ás 20 horas e coincidindo coa inauguración da XX edición da Feira do Viño do Rosal, abrirase ao público a exposición do escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, xa un "clásico" deste tipo de eventos culturais.
Igualmente, a Sala do Concello acollerá dúas mostras fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e outra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués da Costa".
Por outra banda, se celebrará no mesmo recinto a XIX Exposición Filatélica do Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" que preside Alfonso Dorado Senra.
0 comentarios:
Publicar un comentario