Lete Lasa, na entrega de premios, xunto a Claudia Marcelli
Fotografías: José Cid / Ximnasio Excalibur (O Rosal)
O pasado sábado 30 de xuño, tivo lugar no pavillón municipal o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal. Un rotundo éxito de participación con 160 nenos/as e, por suposto, de asistencia de público.
Claudia Marcelli, Miguel Otero e Brayan Barbosa conseguiron sendas medallas de ouro. Pola súa banda Gabriel Pazó, acadou unha de bronce. O conxunto Área-Excalibur obtivo a vitoria xeral por equipos nas tres categorías.
O evento estivo organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez).
Contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra (asistiu Pablo Baquero), Deporte Galego (co secretario xeral, José Ramón Lete Lasa) e o Concello do Rosal (coa asistencia -entre outros- do alcalde Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz).
Lembramos así mesmo, que estiveron os sete principais clubs da provincia e celebrouse unha espectacular exhibición do Ximnasio Tao de Vigo, campión de España e de Europa da disciplina.
0 comentarios:
Publicar un comentario