Segundo podemos ler na entusiasta e activa web do Club Ciclista O Rosal "Despois destes días tristes polo falecemento do Vicepresidente José Luís Martínez, a alegría voltou no día de onte ao Club Ciclista O Rosal da man dos seus ciclistas no Campionato de Galicia de BTT en forma dunha medalla de ouro e dúas de bronce.
En Cadetes representábanos Raúl Fernández que nunha gran actuación se facía coa Medalla de Bronce nunha especialidade da que non é habitual.
Na categoría Júnior, Antonio Portela tamén se facía coa Medalla de Bronce e para rematar era Manuel González o que subía ao máis alto do "caixón" para proclamarse Campión de Galicia de BTT Júnior e así traer para as nosas terras esa Medalla de Ouro.
Sen dúbida outro éxito dos integrantes do Club Ciclista O Rosal que voltan a comandar no ciclismo galego".
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!
0 comentarios:
Publicar un comentario