TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jul 2012

LIROLAI PARTICIPA EN "VAS SACAR NOTA 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA

(Foto: Lirolai)

O grupo de música tradicional LIROLAI participará en "VAS SACAR NOTA 2012" -concurso da Radio Galega- coa canción O salón parroquial.

Lembramos que Lirolai "nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

O grupo consta de trece compoñentes, seis homes e sete mulleres que interpretan repertorio cantado, pezas de pandereteiras, temas instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así coma versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.

Realiza concertos por toda a xeografía galega e mesmo destaca un concerto no centro galego de Vitoria-Gasteiz e en varias localidades portuguesas. Participa tamén en varios programas de televisión, destacando “Vaia troula” “A solaina” ou “Luar”.

0 comentarios:

Publicar un comentario