Informa: Manuel Ángel Pombal
Tres xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino foron seleccionadas para xogar coa selección galega o XIX Torneo Nacional Infantil de Balonmán.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal), Marta Pombal Martínez (Oia) e Lara Silva Pérez (A Guarda) do Atl. Guardés da división de honra infantil feminina, foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XIX Torneo Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIII Memorial Juan José Arribas), que se celebra do 4 ao 8 de xullo na localidade asturiana de Cangas del Narcea.
Este ano participan no torneo seis seleccións infantís femininas e outras seis masculinas, xogando todas contra todas a un partido en cada unha das categorías.
A última hora do sábado xogaranse os partidos para os postos quinto e sexto, mentres que o domingo xóganse os que completarán a clasificación dos catro primeiros postos.
Trátase, pois, dun importante torneo que se ven celebrando en Cangas del Narcea dende o ano 1993.
A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a seguinte:
Atl. Bueu: Ana Piñeiro Santaclara.
SD. Carballal: Paula Barciela Álvarez e Xiana Fernández.
Atl. Guardés: Sara Alonso Barbosa, Marta Pombal Martínez e Lara Silva Pérez.
UB. Lavadores: Xulia Pereira Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte.
BM. Rasoeiro: Natalia Pérez Castro.
Seis do Nadal: Carmen Prelchi Gallego.
BM. Cangas: Laura Álvarez Priego.
BM. Lalín: Elvira Fe Nercellas Rodríguez.
BM. Chapela: Carmen Pereira Millos.
Estas xogadoras defenderán á selección galega nos seis partidos que a enfrontará ás seleccións de Asturias, A Rioxa, Madrid, Canarias e Extremadura no Polideportivo Municipal de Cangas del Narcea.
O equipo técnico que acompaña á selección está formado por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira (Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).
0 comentarios:
Publicar un comentario