TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 abr 2015

O Auditorio acolle este 4 de abril a Presentación do Club Ciclista O Rosal


O Auditorio Municipal acollerá este sábado 4 de abril, a partir das 19:00 horas, a presentación do Club Ciclista O Rosal, que competirá nesta tempada 2015 "nas categorías de principiantes, alevíns, infantís, cadetes e júnior".

Este evento deportivo será presentado polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa.

Dende o club da vila, que preside Gerardo Álvarez Martínez, convídase a asistir a este acto a todos os afeccionados e simpatizantes do ciclismo e do deporte en xeral.

A entrada é libre e gratuíta.


0 comentarios:

Publicar un comentario