TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 nov 2008

Talasonimia da Costa Sur de Galicia, novo libro de Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar, asinando exemplares do seu último libro

O venres 31 de outubro presentouse no Centro Cultural da Guarda o libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia, da autoría do arqueólogo e subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé Lois Vilar Pedreira. Presentou o acto o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, quen deu paso á intervención do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas quen lembrou que este libro é importantísimo para que non se perdan nin esquezan moitos topónimos do mar, facendo tamén alusións e loubanzas do libro de José Luís Lomba Alonso Microtoponimia da Guarda. De seguido falou o director do IEM (http://www.minhor.org/), Carlos Méixome Quinteiro, quen a grandes rasgos puxo en coñecemento dos asistentes o contido do libro, dando paso ao autor, Lois Vilar, quen coa súa acostumada oratoria (non fixo falta nin o micrófono) e co pase de diapositivas e a proxección dun pequeno documental, explicou como foi o traballo de campo e a recolleita dos nomes dos lugares. Para esta árdua tarefa estivo axudado polo Licenciado en Historia e técnico da Toponimia, Roberto Rodríguez Álvarez, de Pedornes. O Grupo de Pandereteiras Ir e Vir do Rosal, amenizou este acto cultural. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da súa actuación en forma de vídeo:

0 comentarios:

Publicar un comentario