TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 nov 2008

Exposición "EL CID Y SU ÉPOCA" no Rosal

Celebrándose o oitavo centenario da que se considera a primeira obra narrativa extensa da literatura española escrita na lingua romance, a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo lanza EL CID Y SU ÉPOCA, unha exposición dirixida a nenos e nenas a partires dos 8 anos e a un público familiar en xeral. A exposición EL CID Y SU ÉPOCA pretende trasladar no tempo a escolares e adultos, permitíndolles participar na fantástica aventura de explorar a historia ao lado dos verdadeiros protagonistas. De maneira divertida, pero sen esquecer as fontes históricas, os visitantes coñecerán algún dos acontecementos de maior importancia da historia deste país. Con este proxecto preténdese aportar un recurso didáctico útil para o ensino e a dinamización cultural da figura de D. Rodrigo Díaz de Vivar. Un dos heroes populares por excelencia, que encarna o prototipo de cabaleiro Fidalgo e guerreiro, entre cuxas virtudes destacan a honestidade, a valentía, a xustiza e a prudencia (valores de importante difusión hoxe en día).
OBXECTIVOS -Ser un material didáctico que achegue a figura do “CID” aos escolares, contribuíndo a un mellor coñecemento desta figura histórica e da época na que viviu. -Fomentar a lectura e relacionala cunha personaxe clave da nosa historia. -Reflexionar sobre diferentes roles e condutas que nos mostran a traxectoria de D. Rodrigo Díaz de Vivar. HORARIOS DE VISITA DA EXPOSICIÓN A mostra, que se celebrará no Salón de Exposicións do Concello do Rosal, estará aberta ao público dende o día 3 ao 14 de novembro co seguinte horario: De mañá: 11-13 horas. De tarde: 16-19 horas. Todos os días, ás 17:30 horas terá lugar a proxección da película dobrada ao galego “EL CID, A LENDA”, do director José Pozo. Este film –entre outros premios- foi galardoado co GOYA 2004 á mellor película de animación.

0 comentarios:

Publicar un comentario