TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 mar. 2012

NOVIDADES E SORPRESAS NA VI MOSTRA DA CAMELIA DO BAIXO MIÑO ORGANIZADA POLO CENTRO SAN XEROME


 
Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
 
A actividade terá lugar na Quinta das Mercedes (A Gándara), o sábado 10 e o domingo 11 de marzo. Estará organizada polo Centro San Xerome e conta coa colaboración, un ano máis, dos concellos de Tomiño, O Rosal, A Guarda, Tui e a Deputación Provincial de Pontevedra.




A inauguración do evento, que acada a súa 6ª edición, celebrarase o sábado día 10 de marzo ás 12 horas e contará coa representación das entidades colaboradoras, así como coa actuación especial do grupo de pandereteiras TAMBALUCA.Os horarios de exposición e venda, tanto de camelios como de planta, será o sábado de 12 da mañá a 8 da tarde, e o domingo de 10 da mañá a 8 da tarde.

Nesta edición, como novidade, haberá xogos e actividades para nenos, organizados por un grupo de voluntari@s, o sábado e domingo de 17 a 19 horas.


Outra das novidades é que os asistentes poderán visitar e coñecer o novo proxecto de agricultura ecolóxica “XERHORTA”, iniciativa do Servizo de Adultos no que un grupo de traballador@s desenrolan as diversas actividades relacionadas co mundo da horticultura.
Diseño carteis: Ana Cividanes
Fotografías: Víctor Fuggetto

0 comentarios:

Publicar un comentario