TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 mar. 2012

AGRADECEMENTO A BERNARDINO ESTÉVEZ NA ASEMBLEA ANUAL DE SOCIOS DA ASOCIACIÓN SAN XEROME


Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

Bernardino Estévez Martínez, deixa a Xunta Directiva despois de 30 anos de colaboración solidaria.
 
Entrou a formar parte da Xunta Directiva, presidida por Raúl González Puebla o 18 de decembro de 1982, aínda existía o Banco de Bilbao. Daquela as solicitudes e os balances pasábanse coa máquina de escribir, e os asentos bancarios na libreta de aforros facíanse a man.

Cantidade de reunións! Nos primeiros anos a Xunta Directiva reuníase semanalmente coa Dirección. Facendo un cálculo aproximado estamos a falar de máis de 1500 horas adicadas ao Cole nestes 30 anos. Se isto o traducimos ao horario laboral: sería case un ano de traballo extra sen contrato nin soldo!

Nesta cantidade de horas temos mirado o Bernardino, calado e serio, tamén desgustado e cabreado coas inxustizas, o Bernardino de broma coa súa retranca característica… pero sobre todo quedámonos co Bernardino solidario e currante, co Bernardino nun segundo plano, que nunca quixo ser Presidente, nin Director, nin Alcalde …

Quizás a única crítica que lle podíamos facer ao seu intachable traballo, foi o de que non conseguira facer milagres coas contas da Asociación ou do Club deportivo.

Temos moito que agradecerlle polo seu traballo, e o facemos con moito cariño de toda a “familia Xerome” e cun agasallo simbólico pero de gran valor: no Libro de Actas o seu nome é o aparece máis veces, o nome que máis se repite ao longo da historia da nosa Asociación, traducida en máis de 30 Actas.

O mellor de todo, é que este tipo de agradecemento soe facerse a título póstumo cando o homenaxeado xa non está entre nós, e neste caso Bernardino está vivo, moi vivo, e con moita enerxía; polo que temos a sorte de poder desexarlle moita saúde para disfrutar do seu tempo libre.

Graciñas!

NOTA: A fotografía, na que aparece Bernardino Estévez Martínez, corresponde á Asemblea anual do ano 1991 (décimo aniversario do Centro).

0 comentarios:

Publicar un comentario