TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 dic 2008

Presentouse o libro de Tamuxe e Juan Ramón

O sábado 20 de decembro tal e como estaba programado presentouse no Centro Cultural de Baíña (Baiona) o novo libro dos rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa que leva por título Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Presentou o acto a licenciada en Filoloxía Galega, a baiñesa Bárbara Pereira Meneses. Interviron aparte dos autores, o doutor en Historia, o profesor Luis Domínguez Castro e Antonio Mijón Álvarez, presidente da Comunidade de Montes que editou o libro. No público asistente atopábanse entre outras personalidades os arqueólogos Pablo Novoa e Xosé Lois Vilar, o profesor Alberto Valverde, o pintor baionés Caíno, a concelleira de Turismo do Rosal, Ángeles Vicente Manzano, o seu homólogo de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, o médico Miniño Costas e diferentes membros pertencentes a colectivos sociais e culturais do Baixo Miño e o Val Miñor. Aquí vos deixamos a reportaxe da presentación do libro: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/PresentaciNTamuxeJuanRamN#

0 comentarios:

Publicar un comentario