Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal en outubro comezará na vila un "Curso de Técnicas de Aseo e Hixiene á Persoa Dependente".
O curso terá unha duración de 40 horas. O prazo de inscrición rematará o 19 de setembro.
Para máis información poden achegarse ata o Centro Social Polivalente (rúa Cabaqueiros) ou ben chamando ao teléfono 986 60 94 50.
0 comentarios:
Publicar un comentario