TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 sept 2012

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS


Velaquí vos deixamos esta pequena nota de prensa remitida polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal.

Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contido: A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos no ano 2012, nas modalidades de ciencias e tecnoloxía e humanidades e ciencias sociais.

Requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2012.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012-2013.

Prazo e calendario: A proba realizarase o día 25 de outubro

O prazo de inscrición será do 20 ó 28 de setembro en diferentes centros, no noso caso o máis próximo será o Centro EPA do Berbés (986 225 579)

Información detallada da convocatoria no seguinte enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120607/AnuncioG0164-300512-0001_gl.pdf

0 comentarios:

Publicar un comentario