Fotografías: Ruth Martínez
O pasado luns 20 de xullo tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia". Este acto contou coas intervencións do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, do alcalde rosaleiro Jesús
María Fernández Portela e dos autores da publicación Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa. En palabras deste último "trátase dun libro de máis de duascentas páxinas con ilustracións a toda cor e en branco e negro, que conta co prólogo de Fernando Javier Costas Gober-

na do Instituto de Estudios Vigueses. É un repaso pola historia, pola evolu-
ción, polo pasado e presente destes enxeños hidráulicos... 67 en concreto, 36 muíños na parte do Folón e 31 na do Picón". Pola súa banda Tamuxe lembrou que: "Naceu a idea e proxecto da preparación deste libro por suposto non de carácter científico, senón divulgativo, a propósito da oportuna e case providencial iniciativa do Concello, de restaurar aqueles antigos e ultimamente arruinados e xa case lendarios e fantasmagóricos muíños do Folón e do Picón, cuxo deplorable estado clamaba ao ceo. Ante tal sorte e oportunidade de recuperar tan prezado e singular patrimonio, como é este conxunto industrial de carácter rural, sentiuse a conveniencia e necesidade de coñecelo na súa integridade. Pensouse por elo nesta publicación xa que así achegaría aos propios donos, aos rosaleiros e a calquera visitante o seu valor histórico, etnográfico, antropolóxico e socio-cultural, sen esquecer a súa posible repercusión no turismo galego".
Tanto o alcalde do Rosal, Sr. Portela como o presidente da Deputación, Sr. Louzán felicitaron aos autores por esta "árdua tarefa de profundizar e indagar na historia deste complexo etnográfico de Galicia". Facede click no seguinte enlace para ver a reportaxe desta presentación, que foi acompañada coa proxección nunha pantalla xigante dalgunhas fotografías que aparecen no libro:
0 comentarios:
Publicar un comentario