TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 abr. 2010

Sorteo da Asociación de Comerciantes (ACOR)

Sara Carrera, "man inocente", remexe os boletos-vales de compra para o sorteo
O pasado mércores 31 de marzo tivo lugar no local da Asociación de Comerciantes do Rosal o sorteo dos vales de compra e do xamón cos que este organismo agasallaba nese mes aos seus clientes. Ao acto asistiron o propio presidente de ACOR, José Martínez González (Pepe Berdeal), a vicepresidenta, Sara Carrera, así como a súa técnica, Eva Pacheco.
Esta é a relación das afortunadas/o: -1º Premio de 150 €: a María Jesús Chaver, do Rosal, grazas a unha compra realizada en Ferretería O Calvario. -2º Premio de 100 €: a Sandra, do Rosal, compra en Sara Carrera. -3º Premio de 100 €: a Mª Lourdes Sobrino Lemos,do Rosal, consumición na Liga de Amigos. -4º Premio de 50 €: a Marga, de Tomiño, compra realizada en Sara Carrera. -5º Premio de 50 €: a Mª del Carmen Alonso Alonso, do Rosal, compra efectuada en E&M. -6º Premio de 50 €: a Belén González do Rosal, compra en Sara Carrera. -7º Premio, un xamón: a Florencio Domínguez Rodríguez, do Rosal, compra realizada en Pescados Melecho.

0 comentarios:

Publicar un comentario