TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

8 jun 2009

Aplaudida actuación do mago Cayetano Lledó

O domingo 7 de xuño -e organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a actuación do mago galego Cayetano Lledó, presentando o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”. Unha mistura de comedia, clown, maxia ou mesmo hipnose que fixo as delicias do público asistente. Cayetano Lledó (http://www.cayetanolledo.com/#) foise transformando en poucos segundos en multitude de personaxes. En primeiro lugar e como presentador actuou Francois Lafallette, patrón do circo, máis tarde o mago chinés Tchai Lee Shing. Dende Hollywood tampouco faltou a esta cita rosaleira o coñecido Groucho Marx. A muller barbuda, Xiana, bailaora e experta nas artes adivinatorias, o secretario do circo, o sonámbulo e as súas esferas de vidro ou o profesor Sotelo, hipnotizador e conferenciante galego decidiron achegarse ata O Rosal da man de Cayetano Lledó. Como amosan as imaxes, Xiana contou coa colaboración de Pepe e Conchi, que entre risas subiron ata o escenario, ao igual que Miguel, que foi “hipnotizado” polo profesor Sotelo. Sen dúbida unha cómica, agradable e máxica actuación a de Lledó no Rosal. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/AplaudidaActuacionDoMagoCayetanoLledo#

0 comentarios:

Publicar un comentario